Hoxe imos aos Ancares Lucenses, concretamente ao concello de Cervantes, para realizar unha ruta curta pero fermosa enclavada dentro da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses.
Nas inmediacións de Cervantes atópanse grandes cumes como: O Mustallar (1975m), Corno Maldito(1858m.) Penarubia(1821m) Tres Bispos (1793m) Formigueiros(1643m) Pía Paxaro(1616m.) Pena Ouviña(993m)...
O nome deste concello parece ser que fai referencia a que era terra de cervos. Os seus primeiros asentamentos humanos son de orixe prerromana, da época castrexa conserva o Castro de Santa Mª de Cervantes que hoxe imos visitar. Desa mesma época son as famosas pallozas que aínda hoxe se poden ver na aldea de Piornedo.
Este concello posue un gran patrimonio arquitectónico nas pallozas e o Castelo de Doiras que é un dos mellores conservados de Galicia; a torre de Donís...
Estas terras teñen ademais unha gran riqueza florística(Nos Ancares hai 16 especies de orquídeas, 33 clases de fentos...) e ten unha excelente conservación de fragas con árbores autóctonos: carballos, castiñeios, freixos, amieiros, abeleiras, teixos...
Moitos e bos motivos para visitar este concello que ten moitísimas rutas de sendeirismo habilitadas para poder percorrelo e defrutar destas paisaxes únicas.
Neste mapa de Galicia por comarcas, podemos ver a situación de Os Ancares:
CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 8,5km.
Dificultade: fácil
Ruta circular ben sinalizada.
DESCRIPCIÓN
O inicio da ruta sitúase na mesma vila de S. Román de Cervantes, moi preto do concello deixamos os coches:
O inicio da ruta, AQUÍ:
Fermoso e ben coidado acceso á fonte. Aquí deixamos os coches. |
Toca subir, nunha subida moi cómoda, ata O Castro:
E chegamos ao Castro de Santa Mª de Cervantes:
E chegamos ao Castro de Santa Mª de Cervantes:
O Castro está moi ben conservado e coidado |
Paisaxe dos Ancares nun feo día:
Igrexa de Santa Mª. ao lado do Castro. Foi restaurada hai uns anos grazas ás aportacións dos veciños xa que estaba en estado ruinoso:
Agora toca baixar ata o río:
Este é o río Quindós, afluente do Navia e a ponte que cruzamos:
Chegamos ao Rego de Vilarantigo e pensamos que tiñamos que dar a volta porque era imposible atravesalo. Debido á moita chuvia destes días, o rego levaba moitísima auga e era imposible atravesalo sen mollarse polo sitio que correspondía, así que buscamos outro lugar de paso algo máis abaixo e , aínda que con dificultade, logramos cruzalo:
Unha preciosa alfombra de follas:
Chamounos a atención a restauración do cemiterio: as lápidas con portas de aluminio...non pegan moito dende logo co entorno...
O río baixaba coas augas revoltas e moito caudal. |
Como na maioría dos ríos galegos, non podia faltar o muiño. Este, bastante ben conservado:
Subimos lixeraimente e vemos ao lonxe a aldea de Castelo de Cais. Non pasaremos por esta aldea xa que tomamos antes un desvío á dereita:
A ruta en WIKILOC:
Un vídeo moi curtiño falando da igrexa de Santa Mª que veremos nesta ruta:
Ningún comentario:
Publicar un comentario