domingo, 19 de xullo de 2026

LAMEGO

 Lamego pertence ao distrito de Viseo. É unha cidade antiquísima do tempo dos romanos e está considerada como unha das cidades máis fermosas do norte de Portugal. Ten sobre 25000 habitantes.

CATEDRAL.-

A Catedral da Asunción foi fundada no S. XII eten estilos arquitectónicos de distintas épocas, aínda que predomina o gótico. A Torre-Campanario é de estilo románico e é a orixinal; o resto da catedral é o resultado de modificacións realizadas nos S. XVI e XVIII.

Catedral de Lamego

A fachada, do S. XVI, chama a atención polos seus 3 pórticos decorados con arquivoltas. As portas, macizas e con acolchado son exemplo da carpintaría tradicional portuguesa.
Catedral de Lamego

No interior, os teitos está decorados con frescos que representan escenas do Antigo Testamento.

Ao pé da catedral vimos: 
O MUSEO DE LAMEGO, no antigo Palacio Episcopal, alberga obras de arte sacro así como tapices flamencos e pintura renacentista.
Museo de Lamego

Unha vista xeral do Museo, antigo Palacio Episcopal.
Museo de Lamego

O antigo edificio do SEMINARIO, aínda que aquí só se ve unha pequena parte, é grandioso.


O TEATRO RIBEIRO CONCEIÇAO ocupa un antigo hospital e destaca pola súa fachada orixinal do S. XVII .
Teatro Ribeiro Conceiçao


SANTUARIO DE NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

Pola avenida Alfredo de Sousa accedemos ás escaleiras que nos levarán a este templo tan semellante ao do Bon Xesús de Braga. Este santuario é o monumento máis importante que ver en Lamego. As vistas dende a avda. xa son impresionantes.


A avda destaca polo coidado deseño paisaxístico.


Fermosas estatuas na avda. Alfredo de Sousa.

Fermosas estatuas simbolizando as 4 estacións do ano.


Valeu a pena subir máis de 600 escaleiras? si, moito!!


Vistas á avda. dende as escaleiras.


A subida non é escaleiras sen máis, hai moito que ver mentras imos subindo: fontes, mosaicos de azulexos, estatuas...

Non é cansado subir. Os chanzos son baixos e de cada pouco hai que parar a comprobar marabillas...

Unha gruta artificial ao pé das escaleiras.

Na última terraza, chamada "O Patio dos Reis" atopamos unha fonte monumental cun impoñente obelisco.


Situadonacima do monte de Santo Esteban e construido entre os S. XVIII e XX, este santuario mariano é visitado por peregrinos de todo o país, especialmente o 8 de setembro, día da Natividade da Virxe. A fachada da igrexa é de estilo rococó.

Santuario de Nosa Señora dos Remedios

Destaca o altar maior en madeira dorada e o teito.


Un dos espazos máis destacados é o Patio dos Reis, onde está a fonte da que escribín antes.

Patio dos Reis

Para baixar tíñamos a opción de volver polas escaleiras ou ben polos camiños que hai ao pé, dentro do Parque de S. Estevo, un parque que rodea o santuario. Así que escollemos esta 2ª opción e baixamos pola sombra de grandes árbores 
Baixando do santuario

Cando baixamos, xa saira o sol e agradecemos moito estas sombras!!
Baixando do santuario

Por aquí pasa tamén o Camiño de Santiago.

Baixando do santuario

Fermosos lugares que vimos tamén ao baixar.

Baixando do santuario

O CASTELO.- 

A parte alta de Lamego concentra a historia máis antiga da cidade. A Portado Sol é o acceso máis importante á parte alta.

Porta do Sol

Vistas dende a parte alta de Lamego:
Parte baixa de Lamego

Imos subindo porque o castelo atópase a 543m. de altitude.

Subindo ao castelo

Rúas estreitas, empinadas e de pedra nesta parte máis antiga da cidade.

O castelo é do S. XII, cando naceu o Reino de Portugal e a torre que vemos é claramente defensiva.

Castelo de Lamego

A Torre da Homenaxe ten 20m. de altura e alberga actualmente un Centro de Interpretación.

Torre da Homenaxe.
A CISTERNA

Dentro do recinto amurallado tamén se esconde unha impresionante cisterna dos SXIII - XIV, considerada unha das máis notables de Portugal. A súa estructura abovedada, erixida con sillares de granito, garda un interior rehabilitado como espazo expositivo.

Habilitáronse unhas pasarelas metálicas para poder percorrela cisterna por dentro.

A Cisterna de Lamego
Esta Cisterna foi construida durante o dominio árabe no país. A necesidade de protexer a cidade e procurar o seu abastecemento de auga durante guerras e prolongados cercos, xustificou esta obra. Destaca a sólida construcción en cantería. No S. XVIII, a cisterna xa estaba pechada porque nela sucederan "varias desgrazas". Foi reaberta ao público no 2013


Páxinas web consultadas:

https://www.infobae.com/espana/

https://www.viajesyrutas.es/

https://viajes.nationalgeographic.com.es/

Ningún comentario:

Publicar un comentario