No mes de febreiro deste mesmo ano fixen unha ruta que tamén pasaba pola capela de S. Antón de Concilleiros pero cheguei a ela por outra parte da parroquia de Barcia. Pódese ver AQUÍ
A ruta de hoxe chega tamén á capela pero nun percorrido moito máis fácil e curto.
Características:
Lonxitude: 6,6 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular sinalizada na parte que corresponde á PR-AS 3. Necesario un track para facela como a fixen eu. O meu en WIKILOC
Descripción:
Dende Barcia, parroquia de Valdés, moi cerca da A8, accedemos ao Alto de Ambasvías pola estrada AS-351 (Almuña/Paredes) en moi bo estado e pintada, aínda que con bastantes curvas. En 10 km. xa chegamos ao punto de inicio desta ruta.
No Alto de Ambasvías hai un espazo amplo para aparcar.
Deixamos aos poucos metros a estrada que vai a Argumoso e outras aldeas.
Vemos as secuelas dos incendios que asolaron esta comarca hai poucos anos. Ao fondo, o Pico Pomar, cunha elevación de 528m.
Vistas da estrada pola que cheguei a Ambasvías e montañas lonxanas.
Este tramo corresponde coa ruta PR-AS 003 que percorre a Serra de Concilleiros pasando pola capela de S. Antón. A outra parte da serra, partindo dende Barcia, fíxena na ruta anterior.
As vistas que hai dende unha altitude de 452m.
Este é o chamado "Camiño da Misa" supoño que virá de que a xente empregaba este camiño para asistir á Misa á capela. |
| Camiño da Misa |
Durante todo o percorrido, cando o fixen polo outro lado da serra tamén, a tónica xeral da paisaxe son os piñeiros queimados.
Vemos un sinal da ruta.
Vistas á aldea de Carlangas pola que pasarei á volta.
A fermosura das montañas que nos quedan á esquerda:
Que gusto camiñar por camiños así!!
Xa chegando á capela atopamos O Cabanín, a parte alta dunha pequenísima aldea. Na parte baixa debe de vivir aínda alguén pero aquí, penso que non vive ninguén; había un home cun tractor traendo comida para as vacas que había polos prados de arredor.
 |
| O Cabanín |
O Cabanín aparece na relación de brañas de inverno nesta zona asturiana.
A capela de S. Antonio de Concieiro está situada nun lugar moi illado; non chega aquí ningunha estrada, chegan varios camiños pero para vir a pé, en todoterreo ou cabalo. O lugar invita á paz porque o silenzo case se pode oir e as vistas son extraordinarias.
Este foi un lugar de trasego de camiñantes que viaxaban a través do Camiño Real. Aínda podemos observar os restos dunha venta, parada de postas onde descansaban os arrieiros e os seus animais e outras construcciones máis modernas habitadas ata épocas non moi lonxanas. Neste lugar, venérase a San Antonio, especialmente nas festas do 17 de xaneiro.
 |
| Capela de S. Antón de Concilleiros |
Como quero facer a ruta circular, abandono o tramo oficial da PR-AS 003 para volver por Carlangas.

A tónica da paisaxe non cambia: as consecuencias dos pasados incendios seguen ben visibles.

Seguimos con vistas espectaculares.

Este camiño, desemboca na estrada AS- 351 pola que subía a Ambasvías.

Hai que ir pola estrada 800m. Hoxe está rozado e podemos ir por fóra da calzada pero Ollo!! non ten arcén e ten bastante tráfico.
Vista dende a estrada a Carlangas de Abaixo.
Baixando a Carlangas e observando ao lonxe as casas blancas, aló enriba, polas que despois pasarei. Carlangas foi braña de inverno e está situada a 300m. de altitude. Aínda que abarca bastante territorio esta aldea, ten moi poucos habitantes.
Deixo atrás as casas e empezo unha subida importante, menos mal que aínda non chega a 1km. e xa chego ao remate de ruta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario