Cando fixemos a ruta do Batán de Folgoso no concello de Xermade , despois do xantar subimos ata o Miradoiro do Castelo de Goia.
A Serra da Carba e a Serra do Xistral configuran esta zona. Para entrar hai que atravesar un paso canadiense e a verdade é que está pouco sinalizado. Hai un sinal ao principio da subida e nada máis, pero é fácil, trátase de subir por unha estrada entre eucaliptos, cruzar o paso canadiense e seguir subindo un pouco máis. Ao rematar a estrada, aparece ante nós e de súpeto este fermoso lugar.
Temos que subir 132 escaleiras se queremos subir ao miradoiro. A pena tan grand eque vemos é chamada "O Peñote"
Estamos nun fermoso día festivo (12 de outubro) pero non hai ninguén máis ca nós. Os 3 coches que se ven son os nosos.Estamos a 876 m. de altitude e as vistas sobre as Serras do Xistral e da Carba son impresionantes!!
Non sei que función ten esta pequena casa en pedra e madeira. Está pechada e non hai ningunha información.
Ningún comentario:
Publicar un comentario