Fixen esta ruta varias veces como non podía ser doutro xeito vivindo nesta parroquia. Hoxe fíxena dende a igrexa e a próposito neste época que levamos de sequía para ver se o Ouro baixou moito de caudal e a verdade é que si, baixou bastante, nunhas zonas nótase máis ca noutras e vese especialmente na presa de Posada ou tamén chamada Fervenza de Pena Ruxida.
Características da ruta
Lonxitude: 8,3 km.
Dificultade: ningunha
Ruta lineal aínda que eu fixen un pequeno círculo que non recomendo polo estado do carreiro.
O meu track en WIKILOC
A mkña valoración desta ruta: 🔆🔆🔆🔆
Descripción:
Iniciei esta ruta no aparcadoiro ao pé da igrexa parroquial. Esta igrexa é do ano 1750 e foi construida sobre outra anterior da que só se conserva a porta principal. Esta nova igrexa ten só unha nave con sacristía a tres augas e capela maior a catro.
|
Igrexa parroquial de Fazouro |
Ao pé da igrexa hai unha pequena área recreativa.
|
Área recreativa |
Tamén no adro da igrexa podemos ver a Fonte de S. Campio que foi canalizada e decorada en pedra.
|
Fonte de S. Campio |
Estamos ao pé do Río Ouro que xa vai camiño da súa desembocadura moi próxima. |
O río Ouro |
O Ouro nace na Serra do Xistral , concretamente no Pereiro (Alfoz) e desemboca aquí, na nosa parroquia despois de percorrer case 30 km. |
Río Ouro |
Entrando no barrio da
Pontevella temos á man dereita, nunha esquina, esta xoia: un petroglifo que ten a seguinte historia escrita por
Xesús do Breogán.
|
Petroglifo Xa moi preto da súa desembocadura, o río ensánchase e sofre o influxo das mareas polo que unhas veces leva máis auga e outras menos, dependendo das mesmas. Río Ouro A Ponte Vella actual sustitúe a outra antiga que había e era de madeira. Cando esta podreceu e ata que fixeron a nova, un veciño do lugar , Ramón Martínez, o Caminero, dispuña dunha pequena gabarra coa que cruzaba o río levando xente. O nome precisamente de Ponte Vella vén de cando esa ponte era de madeira e era vella. A Ponte Vella O barrio da Ponte Vella é pequeno, só está formado 7 ou 8 casas pero ten moito encanto. Barrio de A Ponte Vella
O río está rodeado, sobre todo pola marxe dereita de xunqueiras, lugar onde medran as plantas chamadas xuncos que viven en lugares húmidos. No pasado, estas xunqueiras eran de propiedade pública pero coa nova Lei de Costas de hai uns anos, agora son propiedade desta entidade. Xunqueiras
Aquí temos o cartel de inicio de ruta. Temos dous puntos onde podemos empezar: ou ben aquí ou 1,5km. antes, na área recreativa da Ponte de Ferro. Inicio de ruta Ao pé deste inicio de ruta hai tamén unha pequena área recreativa cunha zona infantil. Área Recreativa O percorrido empeza ao pé do río.
Imos co río á dereita e canle de auga á esquerda.
Á man esquerda temos a Fonte de Fenandete.
Fonte de Fernandete
No pasado, houbo vida humana nesta zona. Algúns e algunhas veciñas da parroquia, todos da mesma familia, naceron e viviron aquí. É o lugar chamado "O Muíño dos Albariños" A casa que vemos en 1º termo foi un muíño que logo se reconvirteu en vivenda (aínda vive o matrimonio que a ocupou os primeiros anos de casados) |
Esta casa grande e o cabozo foi tamén onde viviron outros membros da mesma familia. Todo era propiedade doutra xente que tiñan o lugar arrendado. O nome de "Muíño dos Albariños" pode deberse a que Fazouro foi terra de vides e de seguro que habería uvas en lugar de eucaliptos.
No percorrido ímonos atopando con árbores autóctonas aída que o eucalipto ameaza con invadilo todo.
Estamos nunha época de seca e nunca vin o Ouro con tan pouca auga.
A verdade é que a ruta moi fermosa e o camiño é ancho e de bo andar.
Atopo a 1ª ponte que está pegada á estrada LU-151 polo que podemos acceder fácilmente, se queremos, a ela. |
Ponte |
Xusto onde está a ponte que conecta directamente coa estrada, está a antiga Planta de Luz de Posada. |
Planta de Luz de Posada |
A partires de aquí, iremos por un fermoso carreiro levando á nosa man dereita o río e á esquerda a canle que abastecía de auga a planta da luz.
Unha ponte ben rústica derriba da canle de auga. Quen se atreve a cruzala? |
Ponte rústica |
Agora, da canle sae un rego para o Ouro que cruzamos por esta outra ponte máis segura. |
Ponte |
O carreiro no pode ser máis fermoso! Sempre acompañados de exuberante vexetación:
Deixamos por un momento de camiñar ao pé da canle e atopamos a 2ª ponte á dereita pola que podemos acceder directamente á estrada ou seguir ata a presa de Posada que é por onde segue oficialmente a ruta.
Torcemos á esquerda e atravesamos este bosque de acacias que non deixa pasar o sol.
|
Bosque de acacias |
Despois de atravesar o bosque anterior, volvemos atopar a canle á esquerda. E xa deseguida chegamos á Presa de Posada ou Pena da Ruxida que se atopa nun fermoso entorno.
Na seguinte foto aprézase ben como baixa pouca auga.
O camiño remata aquí e hai que dar a volta. As abelairas están sempre presentes. Atraveso outra vez o bosque de acacias e xa desemboco na bifurcación onde podo seguir por onde vin ou pillar a ponte e sair á estrada como fixen desta volta. |
Ponte |
O sinal que vexo lévanos por ese carreiriño á estrada LU-125
Hai que torcer á dereita |
Estrada LU-125 |
Aos poucos metros xa vemos o Pazo de Fontao. As orixes deste lugar remóntanse ao S. XVI aínda que a parte máis importante da casa é do S. XVIII. Actualmente, o VIII Conde de Fontao é D. José Manuel Romero Moreno que pasa longas temporadas neste pazo que mantén sempre moi ben coidado. Hai que dicir que xa estamos na parroquia limítrofe de Santa Cilla a onde pertence o pazo.
|
Pazo de Fontao |
Deseguida vexo á man dereita os sinais que se ven na foto e entendo que é un sendeiro que haberá ao pé do río e ao principio así parece pero deseguida me dou conta de que non debín ir por aí.
|
Sinais pero Ollo! O carreiro pode estar sen limpar |
Así de pechado está o carreiro actualmente. Eu recomendo NON pillar este sendeiro sen mirar antes como está . Eu, por non dar a volta, seguín. O caso é que a seguinte ponte (lembrar que hai 2) está moi cerca, ir pola estrada sería neste caso a opción mellor.
|
Carreiro en mal estado |
Cruzarei a ponte que se ve para retomar o camiño por onde vin. |
Ponte sobre o Ouro |
O outono empeza a marelear as follas.
Nótase na foto seguinte o baixo caudal do río.
De novo, na Ponte Vella.
Esta fonte está seca. Non hai moito, levaba auga.
Un enorme castiñeiro ao pé do Cristo.
Na foto seguinte, a historia do Cristo.Páxina web consultada:
https://es.wikipedia.org/wiki/R%C3%ADo_Oro
Ningún comentario:
Publicar un comentario