Hoxe realizamos unha das rutas máis fermosas da provincia de Lugo: a Ruta do río Trimaz é unha ruta espectacular que percorre a beira do río durante uns 7km. acompañado de árbores autóctonas , pasa por frondosas fragas e á beira do rego dos Caxigás. Ao longo do seu percorrido veremos tamén muíños e aceas, pasaremos tamén por paisaxes abertas que nos permiten desfrutar de vistas panorámicas. Unha ruta para non perder se amas o sendeirismo!!
Características:
Lonxitude: 15km.
Dificultade: fácil
Ruta circular perfectamente sinalizada.
Descripción:
A ruta parte dende O Chao na parroquia de Cabreiros, dentro do concello de Xermade.
O punto exacto do inicio de ruta AQUÍ
Partimos dende a Musealización da antiga igrexa parroquial de Santa Mariña de Cabreiros da que se conservan estes arcos:
Imos por esta carretera uns metros:
Ata atoparnos deseguida co Río Trimaz:
Atoparemos varias pontes de madeira, algunhas recentemente reparadas:
Bancos rústicos:
Atopamos unha ruta moi coidada:
E chegamos á ponte de Isabel II, construída en tempos desta raíña:
Cruzamos a carretera:
E pasamos por debaixo da autovía Vilalba- Ferrol:Chegamos deseguida á Acea da Madeira que hoxe está fermosamente restaurada e cun
arredores preciosos moi coidados:
Seguimos ás beiras dun río humanizado con cancelas para que non escape o gando que
sempre deberemos pechar:
Con presas coma esta de Feal:
Con pontes:
E aquí podemos elexir entre facer a ruta máis curta (Coller á dereita e quédan 7,20 ao inicio
o que farían un total de case 11 km aprox. ou ben seguir de frente e quedan 10,90 ata o inicio o que
fai un total de case 15km.) Nós escollemos a ruta longa porque nos queda moito que ver e
moi fermoso.
A presa dos Carregás:
Entre a moita vexetación autóctona, agora aparecen os acivros:
E deixamos o río Trimaz en Ponte Baxín:
Imos só uns metros por asfalto:
Vemos aldeas abandonadas, coma esta de Penachaíña:
Para deseguida internarnos na Fraga de Penachaíña
E chegar de novo ao lugar da bifurcación onde se podía optar pola ruta longa ou curta:
Atopamos agora o Rego dos Caxigás e camiñaremos un bo treito á súa beira pola nosa
esquerda e á dereita inmersos nun fermoso bosque:
Chegamos ao Muíño do Ferreiro que foi moi importante na zona:
E seguimos polo Rego dos Caxigás imaxinando o fermoso desta fraga que ten ás beiras noutras estacións do ano:
Deixamos o Rego dos Caxigás para encarar unha pequena subida de uns 300 por un monte
ata desembocar na Fraga da Carballosa que atravesamos:
E chegamos a outro barrio da parroquia de Cabreiros, onde a paisaxe se nos abre:
Despois duns metros por asfalto, deseguida torcemos á dereita para cruzar o Monte do Espiño:
Ao lonxe podemos ver as chimineas das Pontes:
Empezamos a baixar esta pista
Pasamos por debaixo da autovía
E imos chegando ao barrio de O Chao:
Xa vemos os arcos da vella igrexa. Chegamos ao punto de saída:
Ningún comentario:
Publicar un comentario