martes, 9 de marzo de 2021

FERVENZA AUGACAÍDA (PANTÓN-LUGO)

 Despois de realizada a ruta Cibrisqueiros- S. Cosmede neste mesmo concello de Pantón (Rutas de sendeirismo: RUTA CIBRISQUEIROS A S. COSMEDE. PR-G 181(PANTÓN) achegueime  á Fervenza de Augacaída para visitar esta coñecida cascada. 

A fervenza é espectacular pola súa altura e polo fermoso percorrido que leva ata ela pero...non desfrutei nada de nada desta pequena ruta: estaba totalmente masificada!!! Non sei se porque era un domingo con bo tempo e a xente estamos deseosos de saír ou porque a ruta está super ben indicada dende a carretera xeral...ou por todo...o caso é que aquelo parecía unha romería. Tiñas que ir apartándote da xente que ía e volvía (O percorrido é lineal) e na base da fervenza...Tremenda aglomeración! Era imposible sacar unha foto. Eu baixei un pouco pola ladeira para poder facelo e dei a volta axiña. 

Eu, que escapo das aglomeracións e máis facendo sendeirismo, propúxenme volver un día pola semana ou cando teña mal tempo para poder desfrutala coo é debido e visitar ademais o Castro e a aldea de Marce, incluidos tamén no percorrido e que desta vez non me animei a facer.

Características:

Lonxitude: 4,3km. en total, ida e volta (indo á aldea e castro de Marcé)

Dificultade: baixa, salvo os últimos metros á fervenza que ten unha pronunciada costa pero son moi poucos metros.

Ruta lineal perfectamente sinalizada.

O inicio desta ruta está AQUÍ

Imos por un sendeiro de terra entre vexetación autóctona agardando que chegue a primavera:


 De que esta ruta é moi visitada dá fe que ata instalaron un chiringuito que a verdade non pega moito aquí...

Teño que volver para visitar a aldea de Marce


Antigua bodega de pedra:
O camiño estréitase agora:

Baixamos por unhas escaleiras:

Antes había que baixar á fervenza agarrándose a unhas cordas, dende hai un tempo a Deputación de Lugo colocou esta pasarela de madeira.

E chegamos á fervenza que ten unha caída de 40m e forma parte do río Aguianza:

Mellor neste vídeo:

O río Miño que semella aquí un lago:

Máis fermosas estas escaleiras naturais:

Acacias mirando ao Miño




Ningún comentario:

Publicar un comentario