luns, 8 de marzo de 2021

RUTA CIBRISQUEIROS A S. COSMEDE. PR-G 181(PANTÓN)

 O concello de Pantón ten varias rutas de sendeirismo homologadas. Hoxe fixen dúas porque eran curtiñas: a de Cibrisqueiros a S. Cosmede e a de a fervenza de Augas Caídas. Debo dicir que son preciosas as dúas pero gustoume máis a de Cibrisqueiros a S. Cosmede porque a da fervenza está masificada, había demasiada xente para o meu gusto e non a desfrutei como me gustaría.

O concello de Pantón está no sur da provincia de Lugo , na Ribeira Sacra lucense. A capital do concello é Ferreira. Éste municipio é moi rico en patrimonio natural e en patrimonio románico con varias igrexas e mosteiros dignos de ser visitados.

Situación do concello de Pantón dentro da provincia de Lugo:


Eu empecei por visitar a capital do concello e sorprendeume a preciosa praza que ademais estaba moi animada coa xente tomando o café nunha inmensa terraza no Centro Cultural e social que tamén se atopa alí mesmo:



De camiño á parroquia de S. Vicente de Pombeiro onde empeza a ruta, parei a tomar fotos da Presa dos Peares:

Os Peares goza dunha complexa situación xeográfica e administrativa ao estar dividido en   dúas provincias diferentes (Lugo e Ourense)

O río Sil:


Imos xa coa ruta Cibrisqueieros a S. Cosmede.

É unha ruta moi curtiña pero bastante esixente nalgún tramo por eso parece que os km. son máis. O percorrido non ten desperdicio xa que camiñaremos entre unha frondosa vexetación (aínda que as acacias van gañando terreo e dentro de pouco se non poñen remedio será a única especie arbórea que se vai poder ver ao ser esta unha planta moi invasora) Camiñaremos tamén entre grandes rochas de inmenso tamaño algunhas e coas máis variadas formas. 
É unha ruta con elementos etnográficos moi interesantes como son as tumbas antropomorfas e a aldeas abandonadas ademais dunha xoia románica como é a igrexa de Pombeiro. A nosa ruta remata baixando ata o río Sil onde se atopa a capela e a aldea de S. Cosmede.


Aquí está a ruta en WIKILOC:

Powered by Wikiloc

Características:

Lonxitude: 6,3 km. (Ida e volta) A visita á igrexa románica de S. Vicente de Pombeiros 

fíxena no coche por problemas nun pé pero queda moi cerquiña da saída dende 

Cibrisqueiros.

Dificultade: Media 

Ruta lineal ben sinalizada.

Desripción:

A ruta empeza AQUÍ

Estamos na parroquia de S. Vicente de Pombeiro e dentro desta no barrio de 

Cibrisqueiros:



Volvendo a vista atrás, vemos as típicas aldeas das beiras do Sil, colgadas da ribeira:


As acacias vannos acompañar na maioría do percorrido. Nesta época (principios de marzo) están en plena floración:


Casetas en ruínas de Pedén:

Chegamos ao enclave onde están os sartegos antropomorfos, estes son tumbas con forma humana onde os fenicios e cartaxineses enterraban os seus mortos.


Dende o lugar onde se atopan os sartegos podemos ver o Sil aló abaixo. As rochas adquiren distintas formas chamativas:

Estes sartegos reciben o nome de "Tumbas do Preguntoiro"



Por un sendeiro entre rochas con musgo continuamos:







O noso camiño está plagado de acacias sobre todo no primeiro tramo. É esta unha planta 

invasora que está ocupando case toda esta ladeira sobre o Sil. O caso é que debido a época 

que era (principios de marzo) estaban preciosas, todas floridas e perfumando todo o 

percorrido.


As rochas tamén nos acompañarán practicamente todo o percorrido:







Moi ben se podía chamar esta ruta, a ruta das rochas:

Xa empezamos a ver outras especies arbóreas, agora mediterráneas debido ao clima que gozan estas ribeiras do Sil:

Nalgúns momemtos a vexetación presenta un claro que nos permite divisar o Sil:

Parece ser que estas rochas poden ser os restos dun antiguo glaciar:

Por todas partes vemos rochas graníticas. Temos unha importante baixada ata o Sil entre rochas.


Outro tipo de vexetación: o mediterráneo

E chegamos á aldea abandonada de Penaveada (non me estraña nada que leve ese prefixo)

Seguimos baixando:

Ata chegar á capela de S. Cosmede:

Grazas ao flash, temos a imaxe do interior:

Uns metros máis abaixo, á beira do Sil, temos a aldea de S. Cosmede:

Toca dar a volta polo mesmo sitio da ida e vemos uns rapaces facendo escalada. Rochas teñen...e de tódalas formas posibles...


E seguimos sorprendéndonos pola vexetación:

Xa de volta en Cibrisqueiros, vemos o cabozo polo outro lado e observamos o balcón propio de moitas casas das aldeas de galegas:

Estamos moi cerquiña da igrexa románica de S. Vicente de Pombeiro, que visito en coche.




Unha ruta inesquecible!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario