Oira falar moito desta ruta polo fermosa e fácil que dicían que era. Non está mal pero eu prefiro a que realicei este mesmo día e que foi a de "O vello Lugo agrario". Para mín é máis variada e co valor engadido de que sae e volve a un lugar máxico como é Santa Eulalia de Bóveda, a fermosa aldea co seu monumento prerromano. Esta ruta podedes vela no seguinte enlace:
Rutas de sendeirismo: O VELLO LUGO AGRARIO- SANTALLA DE BÓVEDA (LUGO)
Como as duas rutas son curtiñas e están cerca unha da outra (Uns 12 km.) poden moi ben realizarse as dúas no mesmo día como eu fixen.
A ruta das Chousas é moi coñecida e transitada pero o día que eu fun non atopei a ninguén.
O nome da ruta procede das "chousas" que atoparemos ao logo do percorrido, son fincas pechadas con muros de pedra, aínda que na miña zona, as chousas son terras de labor que están pegadas ás vivendas e poden estar ou non pechadas. O que NON SON as chousas, como din na Voz de Galicia, "viejos caminos murados" . Non, os muros dos camiños son dos prados e montes non dos camiños.
"Los penedos juegan con el terreno y, de repente, se alcanzan las chousas, viejos caminos murados por los que antaño avanzaban los carros y que hoy parecen surgidos de la escena de alguna película, con sus marrones, sus ocres y su escala de verdes. Incluso el musgo y los líquenes, unas veces de un tono casi radiactivo y otras opaco, colaboran en la mágica estampa".
Nalgún blob que vin por Internet tamén di o mesmo. Debéronse copiar...
A ruta é super curta e vainos permitir desfrutar ás beiras do río Mera no comenzo e final da ruta, pasaremos polos "pasais" (pedras postas nos camiños para poder pasar no inverno) veremos os peches das chousas, muíños, unha canteira que hoxe se emprega para escalar, a aldea de Abelairas e sempre rodeados de carballos e outras árbores autóctonas.
Características:
Lonxitude: 3,19km.
Dificultade: fácil
Ruta circular perfectamente sinalizada.
Descripción:
A ruta comenza xunto á aula da Natureza do Veral. AQUÍ
O Veral pertence á parroquia de S. Vicente do Veral, moi cerquiña de Lugo.
O primeiro que vemos ao chegar é unha piscifactoría
O río Mera e os restos do que debeu ser un muíño:
Esta é unha canteira abandonada na que agora se practica escalada:
Cruzamos esta ponte sobre o Mera:
E empezamos a ver os valados de pedra que rodean as chousas:
Volvemos cruzar o río:
Deseguida estamos de volta, xa vemos outra vez a Aula da Natureza:
Ningún comentario:
Publicar un comentario