Esta ruta non está homologada nin sinalizada de ningunha maneira polo tanto só poderían facela nun principio a xente que coñeza ben esta zona . Eu graveina en Wikiloc para que todo o que queira poida ter acceso a ela xa que é unha ruta moi fácil de facer e ao longo do seu percorrido desfrutaremos de espectaculares vistas sobre o Cantábrico, camiñaremos ás beiras do río Ouro e cruzarémolo en dúas ocasións, achegaremónos a ver un Castro ben fermoso, pasaremos á beira de praias e contemplaremos un ben cultural como é a Obra Pía.
Este blog crease para ir mostrando rutas de sendeirismo de dificultade baixa e /ou media-baixa e tamñen teñen cabida outras viaxes realizadas. Rutas por Galicia e Asturias que non sobrepasen os 15/20 km. de lonxitude para que as podan realizar persoas que non necesiten estar en ningunha especial forma física.
Rutas costeiras na prov. de Lugo
- Inicio
- Rutas prov. de Lugo
- Rutas prov. de A Coruña
- Prov. de Ourense
- Prov. de Pontevedra
- Rutas costeiras
- Rutas costeiras na prov. de Lugo
- Rutas costeiras na prov. de A Coruña
- Asturias
- Rutas fluviais
- Rutas semifluviais
- Rutas de interior
- Rutas de montaña
- Rutas circulares
- Rutas lineales
- Fervenzas
- Outras viaxes
- Rutas de menos de 10 km.
- Rutas de máis de 10 km.
- Rutas na Mariña lucense
- Ribeira Sacra
- CAMIÑO NATURAL DO CANTÁBRICO.
- Camiño de Santiago Primitivo
- Rutas nos Oscos
Buscar en Rutas de Sendeirismo
domingo, 28 de febreiro de 2021
RUTA CIRCULAR EN FAZOURO (FOZ)
Características da ruta:
Lonxitude: 7,69 km
Dificultade: fácil
Ruta circular sen sinalizar.
Descripción:
A saída da ruta está na Capela da Concepción no barrio de Lousada que pertence á
parroquia de Fazouro no concello de Foz.
O lugar exacto de saída e chegada AQUÍ
Este é o punto máis alto da ruta o de saída e chegada. O barrio de Lousada é un verdadeiro
mirador natural sobre a costa Cantábrica:
recomendo coller por onde está este letreiro, á man esquerda, xa que nos evitaremos unha
empinada costa.
Imos baixando suavemente e xa divisamos ao lonxe o río Ouro e as casas de Villarmea:
Chegamos ao cruce coa carretera que vai ao Valadouro. Pillaremos á dereita e deseguida á
e o Redondal:
Baixando vemos de frente o barrio de Villarmea e ao lonxe, Foz
E chegamos deseguida á Igrexa Parroquial de Santiago de Fazouro:
Barrio de A Ponte Vella:
Xusto aquí se pode comenzar a Ruta do río Ouro que podes ver se queres nete enlace a este mesmo blog:
Cruzamos agora o río Ouro pola chamada Ponte Vella:
barrio de Villarmea de frente:
O río Ouro e as xunqueiras que o rodean: ás beiras deste río nesta zona só medran os xuncos
Estas edificacións constitúen a Obra Pía: Funcionaron hai moitos anos como escola e non hai moito
foron rehabilitadas. Teñen moi pouco ou escaso uso debido en parte a que os accesos son complicados:
s
Camiñamos por un estreito sendeiro e vemos xa outra ponte ao lonxe: a Ponte de Ferro.
Saímos a unha carretera local e collemos á esquerda:
Nste cruce, pillamos á dereita para ir ver a Capela de S Salvador
É unha pequena capela de moita devoción e cariño polos veciños do barrio de Vilarmea,
Existiu outra capela anterior a esta noutro lugar que foi totalmente destruída. A actual foi feita nos anos 40.
Barrio da Rúa, moi cerca da capela:
Volvemos sobre os nosos pasos os 200m. aprox que nos desviaramos e deixamos o asfalto para coller á esquerda, pola Ponte de Ferro. A partires de aquí a ruta vai coincidir durante uns 2 km. aprox. coa Ruta do Camiño Natural do Cantábrico que vén rodeando a costa dende Ribadeo ata o Vicedo.
E vemos a desembocadura do Ouro no Cantábrico coa praia da Pampillosa ao fondo:
Por aquí había un paseo pero xa hai anos que o mar dixo que eso era del e empezou a desfacer todo. Actualmente está completamente destruído nesta zona e coa marea chea como hoxe ocurría, pásase con dificultade sen mollarse.
A carretera por onde imos chámase "O Camiño Novo". É doado deducir que antes da carretera había un camiño e cando este se abríu non habería ningún ou sería vello. Hoxe ese camiño é unha tranquila carretera local. Na foto vemos un pequeno entrante de mar que é aproveitado por moitos pescadores.
Pasamos por un lugar moi querido en Fazouro e só coñecido polos veciños para a pesca e como praia no verán xa que, aínda que con marea chea se queda sen area, os nativos aproveitan as rochas para colocarse xa que, aínda que hoxe non o pareza por como estaba o mar, é un excelente lugar para bañarse. Chámase O Porto e antigüamente moitos homes do lugar tiñan barquiñas coas que saían a pescar e atracaban aquí:
Aínda queda algunha cabana en pé onde os mariñeiros gardaban as lanchiñas.
Dentro da ruta do Camiño Natural do Cantábrico, teño publicado neste blog o tramo dende Fazouro a Burela:
Rutas de sendeirismo: RUTA CASTRO DE FAZOURO(FOZ)- PRAIA DE AREOURA(FOZ)
O noso camiño continúa polo Paseo Marítimo que coincide co Camiño Natural do Cantábrico:
Miramos cara atrás e vemos A Punta do Castro. O nome da Punta é fácil deducir de onde vén:
E aquí remata a nosa coincidencia coa Ruta do Camiño Natural do Cantábrico, esta segue pola beira do mar e nós torcemos á esquerda para facer circular a nosa ruta:
E comenzamos a única subida da ruta pero é moi suave: A subida do Perillán:
É unha estrada local que subimos vendo o mar a nosa esquerda:
E imos xa chegando de novo á Capela da Concepción onde remata esta fermosa ruta.
Deseguida torcemos outra vez á esquerda por un camiño de area recentemente acondicionado para pasar por debaixo da estrada xeral:
Estamos xa no barrio de Lousada. Este barrio é dos máis antiguos da parroquia. Moita xente que naceu aquí, en canto podía íase vivir a outro sitio aínda que fose na mesma parroquia por eso quedaron moitas casas abandonadas que pasado o tempo foron ruínas. A xente fuxía de Lousada porque non tiña accesos axeitados, só camiños que no inverno eran verdaeiros lodazais. Co tempo fóronse mellorando os acesos, fixéronse estradas e chegaron outros servizos que convertiron este barrio no que hoxe é: unha das zonas máis codiciadas do entorno polas excelentes vistas que ten sobre a costa Cantábrica. Rehabilitáronse as casas vellas e construíronse moitas outras. Nada ten que ver o barrio de hai 30 anos co de hoxe.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario