domingo, 24 de xaneiro de 2021

CAMIÑO NATURAL DE S. ROSENDO. TRAMO A CAZOLGA (concello de Lourenzá) -VILARONTE(Concello de Foz)

O tramo do Camiño Natural de S. Rosendo na provincia de Lugo vai oficialmente dende Mondoñedo ata Foz. (33km.) Eu decidín dividir este tramo en tres porque vou moi despacio, parando, sacando fotos....desfrutando de cada paso.

O tramo anterior, pódese ver AQUÍ

Teño que dicir primeiro que se na etapa anterior atopei uns lugares onde a sinalización deixaba moito que desexar, hoxe foi moito peor. En algúns puntos sobran sinais e noutros faltan. Tiven bastantes dúbidas e de feito fixemos un pequeno tramo por onde non era. Menos mal que fomos sair ao sitio por onde vai realmente a ruta!

O caso é que todo o Camiño está sinalizado km a km. pero se non vas atento/a podes andar moi facilmente algún km. ao revés.

Se non queres perderte, le con atención esta entrada do blog e/ou segue este trck
Wikiloc | Ruta Camino Natural de San Rosendo: Etapa Mondoñedo-Foz

Características:

Lonxitude: 10km. aprox.

Dificultade: baixa

Ruta lineal sinalizada de xeito deficiente nalgúns puntos.

Descripción:

Saímos dunha aldea do concello de Lourenzá, A Cazolga, que nos sorprendeu moito porque eu tiña a idea de que esta era unha aldea moi pequena metida entre o monte e que habería casas abandonadas e poucos habitantes(debe ser que unha está acostumada a ver aldeas semi abandonadas ou abandonadas de todo ao longo das rutas que realizamos)

A Cazolga é unha aldea viva, con moitas casas e a inmensa maioría habitadas. Hai moita vivenda nova e as que son máis antigas, están moi ben arregladas. É unha aldea eminentemente rural pero moi diferente ás que estou acostumada a ver.

Eso si, a ruta aquí non está sinalizada. En canto sae embaixo vindo de Lourenzá, na ponte ao pé da área recreativa, non hai ningún sinal que indique para onde tes que coller unha vez se chega ao alto da aldea. Menos mal que sempre hai un veciño amable...ou queda a solución de seguir un track.

A ruta que hoxe fixemos, parte de AQUÍ

Non hai ningún sinal que indique á dereita que é por onde debemos ir:


Imos cara ao río observando núcleos de casas novas:


A Cazolga, un lugar que nos sorprendeu gratamente:


Igrexa de A Cazolga:

Outra imaxe desta aldea na que destacan as súas coidadas vivendas:


 Baixamos deseguida ata o río Masma que nos vai acmpañar na maioría do Camiño de hoxe:


Pasamos de ir á súa beira a velo aló abaixo, pero será por pouco tempo.

Agora imos subindo de xeito moi suave por unha pista forestal. A Cazolga queda ao lonxe:

Subimos por esta pista forestal uns metros:


E atopamos esta vivenda deshabitada no medio do monte:


OLLO CON ESTE CRUCE!! Aquí hai tres camiños, de frente o que traemos, outro que sube á esquerda; e o que temos que pillar: para abaixo á dereita(por onde está a rama caída) Non hai sinal que o indique, só o sinal do km. 15 pero non se ve ata chegar a el e por riba , está roto:




Imos de novo ao encontro co Masma:

E xa o atopamos!! O río Masma é ancho e leva moita auga. Nace na Serra do Xistral e despois de pasar polos concellos de Abadín, Mondoñedo, Lourenzá e Barreiros desemboca, formando a Ría de Foz, no mar Cantábrico.

Volvemos agora alonxarnos do río momentáneamente:

Este Camiño Natural está sinalizado km a km:

Deseguida, a paisaxe ábrese e aló embaixo volve aparecer o Masma:


Neste punto desviámonos uns metros da ruta para ir ver as ruínas da central hidroeléctrica que houbo neste lugar.
  
Chámase o Pozo Capitán e pertence xa a parroquia de Barreiros porque estamos en Celeiro de Mariñaos:

Aquí o ruído da forza da auga é estremecedor:

Voltamos sobre os nosos pasos e continuamos o Camiño que en todo momento é moi doado de andar:

Ao fondo, o río Masma e ao lonxe a autovía A-8


Deixáramos o río pero deseguida volvemos xunto a el:

Imos pasar por entre as primeiras casas dende que saimos. Estamos en Celeiro de Mariñaos. O monte que vemos de frente, é o Pico de Cornería:


Á dereita vemos prados inmensos onde pastan as vacas e á esquerda, queda o monte:


O Masma segue á  nosa dereita, agora ben cerquiña:

E non podiamos atopar mellor sitio para comer. Un lugar que non soubemos se é público ou privado:



Seguimos co río á dereita e seguimos en Celeiro de Mariñaos(concello de Barreiros)


Imos por asfalto pero non importa, son pistas secundarias e ningún autómovil nos cruzamos.


MOITO OLLO neste cruce: O sinal parece indicar que sigamos de frente pero NON!
O Camiño colle á esquerda e abandonamos definitivamente o río Masma.

E non estamos no Levante, non. Esto é Galicia e vaia ben sabían as laranxas!!

Celeiro:

 Imos camiño de Vilaronte xa no concello de Foz.


Deseguida chegamos á Baesta, un lugar da parroquia de Vilaronte. Estamos no concello de Foz.

Xa podemos ver ao lonxe o Cantábrico:

Abandonams o asfalto para subir lixeiramente por este camiño de terra sen deixar de ver prados e máis prados:

Estamos no barrio de A Rúa, en Vilaronte.
E aquí imos rematar a nosa andaina de hoxe. Quédanos o último tramo, dende aquí ata Foz.


Ningún comentario:

Publicar un comentario