Esta ruta forma parte do Camiño Natural da Ruta do Cantábrico que é unha iniciativa que emprendeu no ano 1993 o Ministerio de Agricultura, Pesca , Alimentación e Medio Ambiente dentro do programa "Caminos Naturales", ao longo de toda España.
Partimos de Fazouro, unha aldea costeira do concello de Foz que ten outra ruta xa descrita neste blog "Ruta do río Ouro", unha preciosa ruta fluvialhttps://rutasdesendeirismo.blogspot.com/2020/06/ruta-do-rio-ouro-fazouro-foz.html
Partimos dende O Castro que hai nesta mesma localidade. Un castro pequeno (e grazas que deixaron algo, xa que estivo sendo expoliado durante moitísimos anos polos veciños que descoñecían o valor patrimonial e histórico e quitaban as pedras do Castro para o que necesitaban)
Este castro, único que existe na costa cantábrica galega, está datado entre os séculos I e III d.C. Foi excavado nos anos 1963 e 1965 e as últimas actuacións no mesmo relizáronse entre 1988 e 1993. Dende esa foise consolidando como un ben digno de coidar e visitar e recibe bastantes visitas.
CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Loxitude: 10 km. aprox.
Dificultade: fácil
Ruta lineal ben sinalizada.
DESCRIPCIÓN:
Iniciamos a ruta AQUÍ:
Antes levamos un coche á praia de Areoura xa que a ruta é lineal.
Visitamos o Castro xa que o aparcadoiro onde deixamos os coches, está ao lado. Empezamos camiñando ao carón da praia de Area Longa que é compartida por dúas parroquias: Fazouro e Nois por un paseo que se habilitou hai uns anos.
Despois duns 500m. aprox. entramos xa en Nois e a partires de aquí, a ruta vai por carretera(con moi baixa circulación) e pegadiña ao mar ata chegar ao paseo marítimo de Cangas.
Pasamos ao lado da igrexa e da praia das Polas de Nois e entramos na parroquia de S. Pedro de Cangas alonxándonos da beira do mar durante uns 50m. para voltar deseguida a ver unha pequena praia ben fermosa cun nome singular: Area da fame que está case pegada a outra máis coñecida: a praia dos Xuncos.
A partires de aquí, imos por asfalto uns 20m. para voltar outra vez á beira do Cantábrico, cruzamos un pequeno tramos de monte (outros 20m) e chegamos á desembocadura dun rego no mar nunha praia salvaxe moi fermosa.
A partires de aquí, comenza o fermoso paseo marítimo de Cangas que nos deixa estampas cara ao Cantábrico moi fermosas. Veremos a praia de S. Pedro case salvaxe, preciosa, cun acceso non apto para todo o mundo; nós si que baixamos a ela por unha escaleiras rudimentarias e un carreiro. É unha praia solitaria xa que apenas ten area, só pedras que fan dificil a estancia nela.
Nesta praia contemplamos os illotes chamados "O Castelo".
Pasamos ao carón do restaurante "Selmira", moi coñecido en toda a zona da Mariña e da igrexa de Cangas coa súa inmensa rectoral que dá idea da riqueza do clero en tempos pasados. A casa rectoral era sempre unha das mellores da aldea.
Un pouco máis adiante atopamos unha coidada área recreativa cunhas excelentes vistas e bordeando o campo de fútbol, saimos á carretera xeral. Imos por esta carretera uns 20m. ata pillar á dereita pola antiga carretera vella pola que camiñamos uns 30m. e saimos paralelos á carretera xeral outra vez. Imos por este sendeiro pegado á carretera e deseguida chegamos á praia de Areoura, punto final do noso percorrido costeiro.
IMPORTANTE: o último tramo da ruta (dende o campo de fútbol de Cangas ata coller a carretera vella) non o fixemos polo sitio oficial nunha 1ª vez. Logo volvín outro día e eu si que a fixen polas indicacións oficiais de Camiño Natural do Cantábrico. Hai que cruzar a carretera e seguir os sinais que nos levarán despois de atravesar unhas casas, por un monte. Indo por este lado damos unha pequena volta de 2km. e sairemos igualmente á carretera vella.
Indo por onde fomos o 1º día, aforramos km. e non perdemos nada xa que non ten moito "aquel" indo pola ruta oficial.
GALERÍA DE FOTOS:
Praia Area da Fame en Cangas |
Rego de Alamparte |
Praia toda de pedras, medio salvaxe, onde desemboca o rego anterior. |
Ascendemos suavemente por este carreiro |
Estamos no paseo marítimo de Cangas |
Estes illotes chámanse "O Castelo" |
Vemos ao lonxe a igrexa de Cangas |
Un poco máis adiante da igrexa, esta área recreativa |
Vistas dende a área recreativa |
Campo de fútbol de Cangas |
Pequeno tramo de carretera xeral por onde imos uns 20m. |
Ponte sobre a vía do tren |
A Areoura, moi visitada sobre todo por xente de Burela |
Indo por onde marca a ruta oficial, estas son algunhas imaxes que vemos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario