martes, 14 de xullo de 2020

RUTA DAS CAPELAS DENDE O PILAR DA ESPIÑEIRA AO S. BLAS EN PORTO (FOZ- LUGO)



Esta ruta no concello de Foz non está homolagada nin sinalizada pero é case imposible perderse xa que transcorre toda ela por pistas da concentración parcelaria, en paisaxes abertos e coincide nunha parte coa Ruta do Camiño Natural de S. Rosendo que vai dende Mondoñedo a Foz. Transcorre polas parroquias de Vilaronte e S. Martiño.

É unha ruta moi interesante e aínda que vai practicamente toda por asfalto, son pistas de concentración con apenas circulación.(O día que eu a fixen só me crucei con dous coches en todo o percorrido de aprox. 8km.)

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 8km. aprox.
Dificultade: fácil
Ruta lineal sen sinalizar agás o tramo coincidente co Camiño Natural de S. Rosendo.

DESCRIPCIÓN:
Empezo a ruta no Campo da Feira da Espiñeira, ao pé da capela do PilarA Espiñeira é un barrio ou lugar que pertence á parroquia de Vilaronte, no concello de Foz. Empezo AQUÍ
Campo da Feira en A Espiñeira

Capela do Pilar no Campo da Feira(A Espiñeira)

No Campo da Feira celebrábanse antiguamente importantes feiras de gando que hoxe en día están intentando recuperar. O día 12 de outrubro, neste lugar, tamén se celebra a festa en honra da Virxe do Pilar.
Situados diante da porta principal da capela, arrancamos de frente cruzando entre as árbores pasando entre as dúas casas, unha moi grande de pedra e a outra de cemento, como se ve na 1ª foto.

Xa poderiamos pillar pola 1ª pista á dereita pero prefiro seguir uns 100 m e pillar a seguinte xa que me parece máis fermoso o traxecto:
Ao lonxe, Vilaronte

Temos que xirar neste cruce á dereita:

E camiñaremos por esta pista entre verdes campos:

E sí, por onde está esa masa verde de árbores pasa un pequeno rego:

Paisaxes abertas:

Chegamos ao barrio de A Rúa.(Seguimos na parroquia de Vilaronte)

Imos chegar deseguida a un cruce onde veremos o 1º letreiro da ruta Camiño Natural de S. Rosendo e a partires de aquí seguiremos esas indicacións ata chegar á capela do Carme en S. Martiño.

Á nosa dereita podemos ver ao lonxe a ría de Foz:

Vin moitos castiñeiros:

Chegamos a outro cruce no que colleremos á dereita seguindo a sinalización:

Máis castiñeiros. No cruce que se ve ao fondo, colleremos á esquerda:

Nunha finca privada, poidemos ver unha gan variedade de árbores:

E continúan os castiñeiros, que nesta época están en plena floración:


E xa estamos na parroquia veciña de S. Martiño de Mondoñedo:

No barrio de O Carme. Había neboa. O que se divisa ao lonxe é o mar.
Castiñeiro centenario ao pé da capela

Capela do Carme, en S. Martiño

Esta capela, situada no alto de Liboreiro, goza dunha gran cantidade de visitantes que son devotos da Virxe do Carme. Xentes de S. Martiño, de Vilaronte, Foz e outros lugares acuden frecuentemente a esta ermida.
Os arredores da capela son exuberantes en vexetación


Abandonamos no cruce o Camiño Natural de S. Rosendo que iría á basílica de S. Martiño. Nós seguimos de frente.

Non só hai eucaliptos. Nesta ruta desfrutamos de moita diversidade arbórea:

E empezamos a ver a vila de Foz co mar e a ría:

Foz dende o barrio de Xinzo


Neste cruce podemos optar por continuar de frente ou coller á dereita. Eu collín á dereita.

E aquí tamén poderiamos coller á esquerda pero eu optei por seguir de frente xa que vin unha gran masa arbórea ao fondo:

Por alí vai o río Centiño pero non se pode ir á súa beira xa que todo son fincas privadas nalgúns casos con peches eléctricos para que non escape o gando pero aínda que por asfalto toda a ruta nos brinda unha fermosa vexetación:


Pasei polo barrio de Río:

E cheguei aos muíños de Leandro. En tempos pasados houbo aquí uns muíños que aproveitaban a auga do río Centiño; hoxe están restaurados 


E cheguei ao final desta ruta na capela de S. Blas, en Porto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario