mércores, 3 de marzo de 2021

O VELLO LUGO AGRARIO- SANTALLA DE BÓVEDA (LUGO)

 Teño que recoñecer que aínda que son da provincia de Lugo e oira falar de Santa Eulalia de Bóveda descoñecía por completo a xoia que alí existe e ademais de poder contemplala (Eso sí, só pola semana e de martes a venres) podemos realizar unha pequena pero moi atractiva ruta de sendeirismo. Como esta ruta é moi curtiña (4,8km.) fixen despois a "Ruta das Chousas" no Veral que está moi cerca de aquí. Pero desta ruta falarei noutra entrada.

Moi cerquiña de Lugo podemos sumerxirnos totalmente no mundo rural e desfrutar da tranquilidade e beleza desta pequena aldea e da ruta de sendeirismo.

 Santa Eulalia é unha parroquia do concello de Lugo e a ruta de sendeirismo empeza e remata xunto aquí, nesta aldea que é o centro da parroquia e que é un magnífico conxunto de arquitectura popular.

Antes de empezar coa ruta, imos coñecer a xoia que garda esta aldea: debaixo da igrexa parroquial hai un santuario romano único no mundo. Estivo soterrado durante moitos séculos ata que foi descuberto no 1926 e está declarado Ben de Interese Cultural. É moi pequeno e foi probableemnte construído no S. IV sendo tal vez un templo pagano dedicado ás augas, ou á deusa romana Isis, ou monumento funerario... e logo, en séculos posteriores foi igrexa cristiá. Conserva unhas extraordinarias pinturas romanas e no medio hai unha piscina na que a auga foi canalizada para evitar deterioros.

A visita é gratis e hai unha oficina de turismo onde unha persoa che amosa o santuarío.

Esta é a fachada con dúas columnas de granito e un vestíbulo porticado. O arco de ferradura que contemplamos é dos máis antigos da Península:

No interior hai só unha planta dividida en tres espazos separados por arcadas:

A bóveda de medio punto ten unhas extraordinarias e moi realistas pinturas. 

Detalle da piscina:

As pinturas amosan figuras de aves e motivos vexetais, florais e xeométricos:

Igrexa parroquial de Santa Eulalia, do S. XVIII e coa fachada estilo barroco galego. Á entrada ao santuarío romano está na parte oposta á esta entrada pero xusto debaixo da igrexa. 

Antes da igrexa barroca houbo unha igrexa medieval construída sobre o monumento romano.

Despois de gozar con esta visita cultural, imos coa ruta de sendeirismo que tampouco ten desperdicio:

Powered by Wikiloc

Características da ruta:

Lonxitude: 4,84 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular perfectamente sinalizada.

Descripción:

A ruta sitúase AQUÍ

A aldea de Santa Eulalia é moi pequeniña, pero preciosa. Todas as casas son de pedra e as 

portas e ventás están pintadas da mesma cor verde. Todas elas son casas inmensas.





Empezamos a ruta observando xa valados que pechan os prados:


De xeitos diferentes:

É unha zona eminentemente agrícola. De feito non vimos ningún coche nas carreteras locais 

que percorremos, só tractores:

Casas de pedra inmensas e valados diferentes.


A ruta vai por camiños/carreteras. Non sei moi ben como calificalos ás veces:

Outro peche "moi artístico"

Pola ponte cruzamos o río Mera:

Muíño ben conservado:

Imos por asfalto agora pero non importa, non nos pasou nin un só vehículo e como ir polo 

medio dun bosque xa que imos rodeados por carballeiras.


Outro peche singular:


A paisaxe só inspira paz...

Igrexa de S. Miguel de Bacurín que é unha excelente obra do románico rural, 

probablemente do S. XIII 


Enfrente da igrexa vemos o Pazo de S. Miguel no que destaca o escudo señorial sobre o arco barroco na porta de acceso.

No ábside están representadas cabezas de animais:

Chamáronme moito atención os cemiterios, tanto en Santa Eulalia coma este pola súa ubicación ao redor da igrexa pero sobre todo pola suntuosidade e luxo das tumbas:


A igrexa sitúase nun entoro privilexiado, rodeada de árbores autóctonos:


Pórtico románico característico:


Esta ruta coincide aquí co Camiño Primitivo de Santiago:


A ruta é moi fácil porque o tipo de chan non cansa e vai sempre entre árbores:


O asfalto dura pouco e xa imos por un estreito carreiro:


Contemplando esta paisaxe ben fermosa:



Chegamos á pequena aldea de Portafontao:


E vemos esta marabilla:


Outro tipo de valado para peche de fincas:



Unha bucólica paisaxe:

Agora imos por camiños e carreiros:


Todos os prados e montes están pechados:

Cruzamos outra vez o río. Agora iremos por estrada ata o remate da ruta. Queda moi pouco:


Xa vemos Santalla:





Ningún comentario:

Publicar un comentario