Tíñalle moitas ganas a esta ruta dende unha vez hai aprox. 2 anos que subimos en coche ata o Monte Castelo e encantoume o entorno, as vistas espectaculares...sabía que habís unha ruta por un Viacrucis que ía polo medio dun monte pero non había sinalización ningunha e tampouco vira un track fiable para facela circular.
Atopei hai pouco un track dunha páxina de facebook "Decubre Viveiro" onde atopei un e decidín seguilo. Foi todo un acerto. Está moi ben grabado e ben deitei del para poder realizar esta ruta que nos encantou!!
Características desta ruta:
Lonxitude: 8,8 km.
Dificultade: moderada
Ruta circular sen sinalizar. Deixo o meu track en WIKILOC
Descripción:
A ruta ten inicio e fin en Guistilán, lugar que pertence á parroquia de Galdo. Empecei ao pé da Fonte que parece ser que foi restaurada no 2018.
|
Fonte de Guistilán |
Un pouco despois da fonte hai unha pista á dereita que debemos pillar. Empezamos unha subida suave por unha pista entre eucaliptos.Deseguida chegamos a un 1º miradoiro natural grazas a que os eucaliptos foron cortados non hai moito.
Vistas dende este 1º miradoiro: vemos xa Viveiro e o mar.
Seguimos subindo. A pista é ancha e cómoda para camiñar. Vemos como van aparecendo grandes rochas.
Chegamos a outro miradoiro que acondicionaros derriba destas grandes rochas e ao que se accede por medio dunhas escaleiras talladas na mesma pedra.
O val de Landrove, de Galdo, Viveiro, a desmbocadura do Landro no Cantábrico...
A partires de aquí, empeza un Viacrucis e na 1ª cruz podemos ler: "Este Santo Viacrucis data de 1894 ano no que o instauraron os veciños da parroquias de Galdo e Landrove. No 2001 recuperouse a totalidade dos seus cruceiros. A Comunidade de Montes de S. Martín Castelo e Fraga Moure de Landrove e o concello de Viveiro"
|
Empeza o Viacrucis |
As cruces son de madeira e están colocadas derriba das rochas.
A medida que subimos, as vistas vólvense máis espectaculares.
A subida ten un bo desnivel...
Hai que voltar a vista para atrás e desfrutar destas vistas:
Cruzamos a pista pola que despois baixaremos.
Estamos a piques de rematar a subida.
A última cruz! a nº 14.
Na cima do Monte Castelo hai unha fermosa área recreativa, toda ela realizada en material natural como é a pedra.
Hai mesas, bancos, barbacoas...
As vistas son impresionantes miremos a onde miremos. Dende aquí vemos Chavín, o val do Naseiro, Valcarría...
Podía chamarse tamén "ruta dos penedos". E non podía faltar un banco que foi instalado no 2015.
"A capela de San Martiño está no monte Castelo e está rodeada de penedos, algúns con cazoletas de diferentes formas. A auga que apoza nelas úsase para as dores dos oídos, dos ollos e para os males da cabeza. Fáiselle romaría o domingo anterior ao luns de Pascua, así que a festa varía entre o 10 de maio e o 13 de xuño" (https://galiciaencantada.com/index.asp) A capela está na parroquia de Landrove e tense constancia dela xa no S. XVII. A mediados do S. XVIII o bispo de Mondoñedo manda derruila por estar en estado ruinoso e non ter rendas. A finais do S. XIX, un cura de Landrove (Juan Muíño y Paz) pide permiso ao bispo para levantar unha nova capela.
No 1894 con motivo dunha Misión que os Pais Capuchinos predican en Galdo, colócase un Viacrucis de madeira e no 1895 colócase a 1ª pedra da actual capela no mesmo lugar onde estaba a anterior. No ano 1986 é restaurada a capela.
|
Capela de S. Martiño |
As vistas dende a capela.
Un mundo de grandes penedos rodea a capela. Parece unha zona máxica!
En lugar de baixar por onde subimos, polo Viacrucis e para facer a ruta circular, voltamos pola pista. Dase moita máis volta pero o chan é mellor.
Non deixamos de sorprerdernos polos enormes penedos. Podemos aínda desfrutar de boas vistas neste tramo. Axiña as perderemos.
Este tramo agora entre eucaliptos xa é máis monótono.
Chegamos de novo ao Miradoiro ao pé do que empeza o Viacrucis e aquí collemos un carreiro por detrás do miradoiro que ten un tramo de forte baixada.
A baixada por un carreiro.
Atravesamos por un pequeno piñeiral.
E desembocamos na pista pola que subimos antes, na ida. A parttires de aqui a ruta é lineal. Voltamos pola mesma pista de subida. Chegamos deseguida a Guistilán, onde iniciamos esta interesante e diferente ruta.
Páxinas web consultadas:
https://viladonga.xunta.gal/sites/default/files/ficheros/croa_6.09._de_nuevo_sobre_san_martin_castelo.pdf
https://www.galiciamaxica.eu/
Ningún comentario:
Publicar un comentario