A praia do Silencio xa a coñecía, pero fora ata ela en coche e desta vez tratábase de chegar andando .
Características desta ruta
Lonxitude: 8,2 km.
Dificultade: fácil, agás o paso da praia do Silencio ata a de Ribera del Molín que é pisando rochas e penedos que poden estar esvaradíos.
Ruta circular sen sinalizar. É necesario seguir este track que deixo en WIKILOC
Descripción:
Iniciamos esta ruta na localidadede Santa Marina que pertence á parroquia de Ballota (Cudillero)
A estrada pintada foi pola que chegamos e aparcamos un pouco antes onde vimos que había outros vehículos aparcados.
Deixamos a estrada pintada para pillar a pista estreita da esquerda.
Os típicos hórreos asturianos dos que veremos varios.
Deseguida volvemos sair á estrada que deixamos.
Poidemos igualmente non dar este pequeno rodeo e vir de frente pero sería máis perigoso. O arcén e estreito. Deseguida deixamos esta estrada para pillar un carreiro á esquerda.
Este é o carreiro no que nos introducimos. Non hai moito sol pero sí calor. A frescura da vexetación vennos xenial!!
Un carreiro fermoso, rodeado de mesta vexetación:
Ao pouco, o carreiro faise camiño e, aínda que hai eucaliptos, predominan os castiñeiros.
Temos que atravesar o Rego de Cándano.
"Que auga tan limpa,
que rica frescura
vente lavar,
que é un primor, criatura" (Rosalía de Castro)
seguimos por un carreiro fermoso, agora en lixeiro ascenso.
Pasamos por un canaveiral.
A paisaxe ábrese. Estamos en Castañeras, da parroquia de Novellana (Cudillero)
Remata o carreiro e a zona boscosa para dar acceso a unha pista.
E xa vemos o mar. Aló , non moi lonxe, está o Cantábrico.
Cando hai loureiros, di a miña amiga Fe que hai casas cerca. E é certo!!
Pasamos por un prado grande que fai de aparcadoiro previo pago (máis cerca da praia apenas hai onde aparcar)
E temos un miradoiro con vistas fabulosas sobre todo cara á esquerda. Dende aquí, a praia do Silencio non a vemos.
Un pouco máis adiante si podemos ver xa esta mítica praia.
Praia do Silencio ou Gavieiro |
Praia Ribera del Molín. |
Illotes frente á praia Ribera del Molín.
E xa de novo en Santa Marina onde empeza e finaliza esta ruta.
Santa Marina |
Ningún comentario:
Publicar un comentario