luns, 2 de setembro de 2024

PRAIA DO RÍO CABO OU BALLOTA. CIRCULAR DENDE BALLOTA (CUDILLERO E VALDÉS)

 Hoxe estiven en 2 concellos: no de Cudillero e no de Valdés. O río Cabo, que foi un dos protagonistas de hoxe, fai de límite natural entre estes dous concellos polo que pisei unha parroquia de cada un: a de Ballota, de Cudillero e a de Arcayana (en Tablizo), de Valdés.

A ruta é integramente planificada por min e saeu unha ruta curta, fermosa e fácil.

Características:

Lonxitude: 8,7 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular sen sinalizar. Necesario este track en WIKILOC

Descripción:

Aparquei o coche ao pé da igrexa de Santa Mª de Ballota, onde hai algo de espazo (pouco) para deixalo e comencei a camiñar dende aí mesmo. É interesante o interior, que non vin, onde hai dous interesantes lenzos do pintor do S. XIX e oriundo da localidade Dionisio Fierros e un importante retablo maior.

Igrexa de Santa Mª en Ballota

Torcendo á dereita, pillo un camiño e xa estou case fóra da aldea.

Un camiño de carro dos de toda a vida entre prados e terras de millo.

O millo, tan cultivado no occidente asturiano. En Tapia de Casariego hai pouco que fixen a Ruta do Millo que podes ver neste ENLACE

Axiña chego xunto ao mar. A praia que s eve non ten acceso dende terra. É a praia de El Destillo

Vistas espectaculares a lugares inaccesibles.

O percorrido cruza este prado pola beira do mar. A herba está bastante alta nesta época e máis este ano que choveu tanto pero pásase perfectamente.

Tamén vou por carreiros entre o millo e os acantilados ao pé do mar.


No hai carreiro definido pero camiño o máis cerca posible á costa e listo!

Unha vaquiñas ata "posaron" para a foto!!

A cada pouco teño miradoiros naturais.

Unha ruta ben fermosa!

Frente a min, a fermosura da costa ocidental asturiana coa Punta Formigosa e o  Cabo Busto ao lonxe. Tamén fixen a RUTA DO CABO BUSTO

Neste punto que xa indiquei no track, hai que torcer á esquerda, cara a Ballota de novo:

Atopo deseguida un camiño xa cada vez máis definido.

 Camiño que me vai levar de novo a outra parte de Ballota pero sen apenas entrar na aldea.

Chego de novo a Ballota e vou desembocar xusto onde está o restaurante Casa Fernando.

Teño que torcer á dereita e volvo alonxarme da vila. Vexo peregrinos porque por aquí pasa o Camiño Norte asturiano a Santiago.

 Aquí os peregrinos teñen 2 opcións: seguir por estrada ou baixar pola praia do Río Cabo. Estas dúas peregrinas seguiron pola estrada. O certo que en moitos "Camiños de Santiago" os peregrinos teñen que pisar ben asfalto por estradas sen arcén.

Eu vou detrás delas só uns poucos metros, deseguida torzo á dereita 

Vou cara á Praia de Ballota ou do Río Cabo que ten como acceso este camiño fermoso.

Que poucas praias quedan xa ás que se poda chegar só camiñando!

Esto é o 1º que se ve ao chegar a esta praia:

Cara ao leste, as pedra van desaparecendo e hai area.

 
A praia de Río do Cabo ou Ballota srve de fronteira entre os concellos de Cudillero e Valdés. Precisamente o río Cabo que desemboca nesta praia fai de fronteira natural.

É esta unha praia illada sen ningún tipo de servizo e á que se accede por un camiño polo lado de Ballota e por un carreiro polo lado de Tablizo. Por estes motivos se mantén virxe e solitaria.

O río Cabo nace no Picu Parandiella (Cudillero) e ten moi curto percorrido desembocando nesta praia, pero non o fai directamente xa que non pode debido á enorme cantidade de coios que hai. A auga debe ir filtrándose entre eles para chegar ao mar.
Río Cabo na praia de Ballota.

Moi preto da desembocadura deste río do Cabo hai unha estreita ponte que o cruza  chamada "El puente que tiembla" e que forma parte do Camiño de Santiago. Aínda que hai peregrinos que deciden non baixar a esta praia porque dan un rodeo e siguen pola estrada, hainos que baixan e atopeime na praia con 3 que logo volvín atopar no carreiro de subida. 
A ponte non se ve porque está case tapada toda ela pola vexetación.


Subo por este carreiro cara a Tablizo. Estou na outra marxe do río, xa no concello de Valdés. É unha subida empinada pero curta. (Uns 600m)

Volvo ver os peregrinos que xa vin na praia. Eran estranxeiros.

Topamos asfalto xa chegando a Tablizo.

Aquí sepáranse os camiños. Os peregrinos seguen pola dereita como lles indica a frecha amarela. Eu torzo á esquerda, non vou para Santiago.

Atraveso Tablizo que pertence á parroquia de Arcallana (Valdés).

A estrada local pola que viña conéctame coa 632a.




Agora hai que ir 2,5 pola estrada. É o tramo máis aburrido pero hai moita natureza, ás veces semella que trazaron unha estrada polo medio do bosque. Ademais con moi pouco tráfico.

Atopo na beira mesma da estrada a Capela da Fabariega moi coidada e cun espazo ao redor para o descanso e o relax con arboreda e varios bancos.
Capela da Fabariega

Aquí remata Tablizo e xa volvo entrar de novo no concello de Cudillero.

Á beira da estrada hai freixos, bidueiras, abelairas, castiñeiros, piñeiros...

Paso por debaixo da ponte de FEVE.

Un pouco máis adiante paso por debaixo do viaducto Pintor Fierros (nome na honra deste famoso pintor que naceu en Ballota) Foi inaugurado en 1996  e cos seus 382m. de longo e  110 de alto é un dos máis grandes de Europa que o fixeron merecedor do V Premio Internacional Ponte Alcántara.
Algo máis adiante, volvín pasar por debaixo deste enorme viaducto.
Viaducto Pintor Fierros
Tamén crucei outra ponte pero esta por derriba: a do Río Cabo.

Unha estrada moi tranquila. Topeime cunha bicicleta, dúas motos e catro ou cinco coches.

De súpeto atópome co inicio do camiño que antes tomei para baixar á praia de Ballota, agora pillo outro camiño en frente deste pero á dereita. Deixo polo tanto a estrada.

É un tramo en suave ascenso e moi curto.

Vou dar a unha estrada que teño que cruzar para meterme por outra estrada local que vai por detrás das casas de pedra que se ven na foto. Agora verei outra parte de Ballota.

Ballota é sen dúbida unha pequena vila moi fermosa cunhas vivendas que foros restauradas en pedra e outras de nova construcción.

Algunha vivenda chama a atención.

Casas de pedra e moitas flores que engalanan as vivendas e, de paso, a vila.

Chego de novo a 632a. e xiro  á esquerda desta vez ao pé do Hotel Casa Fernando.

En frente do hotel, cruzo a estrada e fíxome neste fermoso recuncho:

Poe esta estrada local estou a punto de chegar á igrexa e de finalizar por tanto esta ruta.

Admiro esta casa coa súa paneira e xa estou ao pé case da igrexa.


Páxinas web consultadas:

https://cudillero.vivirasturias.com/patrimonio-religioso/c/0/i/59420950/iglesia-santa-maria-ballota

https://paisaje.asturias.me/comarca-vaqueira/c/0/i/77597260/cabo-rio

Ningún comentario:

Publicar un comentario