|
Miradoiro de Cabo Busto |
Non é esta a 1ª ruta que facemos no concello de Valdés, cuxa capital é Luarca xa que ao estar a 1 hora aprox. da Mariña Luguesa é ademais pola autovía A-8, é moi factible para nós chegar a este municipio.
Fixemos xa neste concello as rutas seguintes:
LOS LLUGARINOS (TREVÍAS)
LUARCA-PRAIA DE PORTIZUELO-LUARCA
MIRADOIRO DO CHANO (LUARCA)/ CAPELA DA REGALINA (CADAVEDO)
Hoxe fixen unha fermosa ruta combinando paisaxes de miradoiros espectaculares sobre praias inaccesibles e altísimos acantilados con verdes prados salpicados de piñeiros pasando polo Cabo Busto e polo medio da aldea do mesmo nome.
Características da ruta:
Lonxitude: 10,6 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular ben sinalizada. Deixo o meu percorrido en WIKILOC
A miña valoración desta ruta:🔆🔆🔆🔆
Descripción:
Iniciei a ruta en Busto que pertence á parroquia de Canero, xunto á capela de S. Bartolomé.
|
Capela de S. Bartolomé en Busto
Deseguida chego ás antigas escolas nun edificio construido en 1901 e que hoxe alberga a biblioteca "Eduardo Pérez de la Fanosa" que foi aberta no 2021 con máis de 6000 exemplares. Esta iniciativa foi obra da Asociación de Veciños de Busto. No edificio celébranse tamén charlas, exposicións, talleres... Unha iniciativa desta Asociación é tamén o proxecto "Losas Literarias" que se atopan ao longo de toda esta ruta e que se trata dunha serie de textos de autores coñecidos escritos sobre pequenas lousas e colocados en lugares estratéxicos. A 1ª lousa atopámola precisamente ao pé da biblioteca. |
|
Biblioteca de Busto |
Abandono o asfalto por esta ancha pista agrícola:E chego a un cruce onde o track que eu sigo me manda xirar á dereita pero decido seguir uns metros de frente para ir a un miradoiro.
Atopo a 2ª lousa literaria Dende o Miradoiro Las Imeas teño unha fermosa vista da praia de Cueva e outra lousa literaria. Nesta praia desemboca o río Esva que non se ve na foto porque queda oculto polos eucaliptos e piñeiros.
|
Praia La Cueva e Lousa Literaria |
Volto sobre os meus pasos ao camiño que deixara e dende outra punta descubro a praia de La Herbosa sen acceso por terra, é un espazo protexido ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves) O leito desta praia está fotrmado por pedras na inmensa maioría e algo de area oscura.
|
Praia La Herbosa |
Atravesamos agora un piñeiral.Alonxámonos un pouco do mar.
Entre piñeiros baixamos á seguinte praia, a esta podemos acceder por terra a través da pista que se ve na foto:
Unha pequena baixada que logo teremos que subir para retomar a ruta.
A praia de Bozo é pequena, formada por cantos rodados e rodeada de grandes acantilados. É unha praia solitaria, á que só hai como acceso o camiño polo que acabo de baixar. Sentindo a forte ondaxe que había ese día e como a marea estaba baixa foi o meu comedor deste día.
Destaca a gran cova que se formou no acantilado.
Voltamos a desandar o camiño andado e imos agora entre prados. Notamos que nesta localidade moita xente debe vivir da gandería.
Deseguida voltamos á beira do Cantábrico e xa cerca do Cabo Busto atopamos esta área recreativa:
Aquí hai un miradoiro que nos deixa ver a praia de Bozo que acabo de visitar.
|
Praia de Bozo
Outra Lousa das moitas que hai: |
Sigo co percorrido por este paseo marítimo tan natural acondicionado que me encanta!!
Outro miradoiro coa súa lousa literaria:
O Faro de Cabo Busto foi inaugurado en 1858 e atópase rodeado de grandes acantilados case verticais que acadan os 80m. de altura. A torre orixinal foi sustituida pola actual en 1962.
|
Faro de Cabo Busto |
Ao redor de Cabo Busto, os acantilados caen case en vertical.
As frases das lousas parecen ben escollidas, a xogo co entorno.
Un paseo marítimo natural, sen cemento.
Vexo unha corda para acceder á praia Boxada el Vino pero paréceme moi perigosa. Non se ve o final da baixada. É demasiado arriscado baixar por aí, sobre todo indo soa como vou.
|
Corda para baixar e subir |
As praias Boxada el Vino e El Serrón están pegadas e son de moi difícil ou case imposible acceso por terra.
No seguinte miradoiro vemos aló embaixo a illa do Serrón e outra lousa literaria. |
Illa do Serrón |
Todo este tramo está plagado de miradoiros. Este é o de Punta L´Arenosu dende o que vemos a praia de Barchinas ou praia Vallino
|
Miradoiro Punta L´Arenosu |
Alónxome do mar entre prados por camiños agrícolas en perfecto estado para camiñar.
Non cabe dúbida de que moitos dos habitantes de Busto viven da gandaría vacuna.
Estamos moi cerca de Busto. Se no cruce torcera á dereita, chegaría deseguida ao punto de inicio pero decido seguir o track que me vai levar de novo á beira do mar, pillando á esquerda.
Outra cita literaria na árbore deste cruce.
O camiño entre prados vainos achegar ao mar que xa vexo ao lonxe.
Chego á praia Vallino ou Barchinas agora vista dende o outro lado.
Na seguinte foto vemos o Miradoiro de Punta Corbeiriños, o último no que vou estar por hoxe.
|
Miradoiro de Punta Corbeiriños |
Dende o miradoiro anterior, cara ao leste vemos saíntes tras os que se esconden diversas praias: Cadavedo, Ballota, a do Silencio... A punta que máis sobreasae é Cabo Vídio no que estiven hai moi pouco. A serra que vemos é a de Camoneo. A praia en 1º plano é a de Punxéo.
Alónxome do Cantábrico lendo esta frase García Márquez que é ben atinada!!
Agora hai que pillar á dereita, á beira destes cipreses, para ir achegándose a Busto:
E precisamente nunha destas árbores leo a penúltima de tantas citas literarias que hoxe lin.
Vou por camiños que atravesan fincas onde se ve que houbo plantado millo. este cereal, amplamente cultivado no occidente asturiano está asociado á producción láctea xa que é unha das principais fontes de alimentación do gando xa sexa ensilado ou en forma de gran para elaborar piensos.
A semente de millo foi introducida no occidente de Asturias por González Méndez de Cancio a principios do S. XVII. No 1605 este home, natural de Tapia de Casarigo, volta a Asturias dende Florida onde era Gobernador traendo consigo as sementes deste cereal.
La extensión del cultivo pronto permitió el enriquecimiento de nobles, de propietarios rurales y de clérigos asturianos. La construcción o la reconstrucción de edificios palaciegos en Asturias no se entiende sin ese beneficio. «El impacto derivado de la llegada del maíz en Asturias y en Galicia es total»
|
Plantación de millo |
Última lousa literaria que vou ver.
Paréceme unha imaxe que reflicte desolación, tristeza...do que foi e xa non é.
Unha imaxe de Busto cos típicos hórreos asturianos que, ao igual que en Galicia, están protexidos.
|
Busto |
Xa entrando de novo en Busto recíbenme estas vacas case no medio desta vila que combina gandaría con modernos chalets. |
Busto |
Páxinas web consultadas:
https://migijon.com/la-biblioteca-eduardo-perez-de-la-fanosa-un-faro-literario-en-la-cima-del-cabo-busto
https://es.wikipedia.org/wiki/Playa_de_La_Herbosa
https://www.asturnatura.com/turismo/guia/faro-de-cabo-busto-1864
https://campoastur.es/cultivo-del-maiz/
https://www.lavozdeasturias.es/noticia/asturias/2020/12/18/revolucion-maiz-germino-tapia-400-anos/00031608284576056369226.htm
Ningún comentario:
Publicar un comentario