Dende a Mariña Lucense aínda non leva ben unha hora chegar a Trevías, vila asturiana do concello de Valdés, onde xa fixemos a Ruta do cabo Busto e Luarca-Praia de Portizuelo-Luarca.
Hoxe fixen unha ruta de interior, circular con inicio e remate en Trevías. Tiña postas altas expectativas nesta ruta xa que falaban moi ben dela, tal vez por eso me decepcionou algo sobre todo porque para mín ten demasiado asfalto e unha pista forestal aburrida que non aporta nada. A parte máis fermosa da ruta estaría dende Brañaverniza baixando de novo a Balsera.
Características da ruta:
Lonxitude: 9,3 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular á que lle falta sinalización nalgún cruce.
O meu track en WIKILOC
Descripción da ruta:
Eu aparquei moi cerca do Colexio Público S. Miguel e hai que seguir por onde está a igrexa de S. Miguel Arcángel. No lugar desta igrexa houbo no pasado un mosteiro de monxas bieitas
|
Igrexa de S. Miguel Arcángel |
Frente ao pórtico da igrexa hai cruceiro do S. XVIII e un via crucis de pedra.
Despois de Luarca, Trevías é a vila máis poblada do concello, atravesada polo río Esva ten pouco máis de 1000 habitantes.
|
Trevías |
Arranco por unha estrada local sen apenas tráfico.
Vexo á dereita o río Esva.
E despois de 1,5 km. chego a Balsera. Ten 18 vivendas e sobre 30 habitantes. |
Balsera |
Outra imaxe de Balsera. Vin por esta zona moitos hórreos e paneras. O que vemos na foto é unha panera. Moi similar ao hórreo diferenciase en que na panera gardábase o gran para facer logo o pan, de aí o nome e sobre todo son diferentes na forma: o hórreo ten catro pegollus ou pilares e a panera ten seis, son máis grandes que os hórreos e estes son cadrados e as paneras retangulares.
|
Panera en Balsera |
Unha fonte moi restaurada á saída de Balsera.
Dende Balsera vemos Trevías ao lonxe.
|
Vistas de Trevías |
Seguimos pola estrada sempre á sombra.
Ata chegar a Villar de Bahínas.
Outra panera en Villar de Bahínas onde tamén vin varias. Todas elas colocadas moi altas, derriba das vivendas.
Abandono esta aldea por unha estrada ben fermosa.
Sigo polo asfalto pero a verdade que entre árbores e flores é ben fermosa.
Vou ascendendo e volvendo a vista atrás, vexo aló embaixo Villar de Bahínas por onde acabo de pasar:
|
Ao fondo, Villar de Bahínas |
Neste cruce temos a opción de pillar á dereita e chegar ata a aldea de Bahínas e un pouco máis abaixo ata o río Esva, pero OLLO! porque é o que se baixa despois hai que subilo e hai bastante desnivel. Eu vin unha baixada (tamén é por estrada) bastante pronunciada e decidín non baixar. En total, entre ida e volta, serán aprox. uns 4 km.
Seguindo de frente, entramos noutra aldea: Llendelcastiello con pocas casas e aínda non 20 habitantes. Na foto vemos un hórreo e notamos ben a diferenza entre este e a panera.
|
Lendelcastiello |
Había máis paneras ca hórreos:
|
Paneras en Lendelcastiello |
Aquí temos a subida con maior desnivel pero só son uns metros:
Que lle pasaría a esta ave? A pobre estaba pousada e non se movía nin achegándome para facerlle a foto.
Despois de Lendelcastiello remata o asfalto e comenzo a camiñar por unha pista forestal. Ao chegar a este cruce non había sinal ningún e pillei pola pista de abaixo, a da dereita, pero aos poucos metros xa me din conta que ía mal xa que seguía un track que me avisou de que ía mal. É seguir a pista da esquerda.
|
NON coller a pista da dereita! |
Vou ir por esta pista forestal durante 2,5 km. aprox. que, a verdade, fánseme algo longos.
Na ladeira da montaña que temos enfrente, vemos a aldea de Argumoso
Chego a Brañaverniza ou Braña de inverno. Esta braña era un bo exemplo da trashumancia. Estou nunha comarca vaqueira. Dende estas terras levábase o gando aos pastos dos portos de Somiedo no mes de maio e regresaban en setembro. Brañaverniza era lugar donde os vaqueiros se recollían durante os meses fríos de inverno.
Pillamos o 1º cruce que hai á esquerda.
|
Brañaverniza |
Vistas da montaña de enfrente dende Brañaverniza.
En Brañaverniza sí que hai uns sinais indiando o camiño carrecto. Ao pé desta casa, e seguindo ese sinal, pillamos o sendeiro que baixa e nos introduce nunha paisaxe diferente á que trouxemos ata o de agora.
Unha paisaxe máis pechada con moita vexetación por un fermoso carreiro:
Acompáñanos sobre todo castiñeiros. Imos polo Regueiro dos Muíños
Vemos un muíño abandonado.
E xa estamos chegando a Balsera de novo.
O carreiro que traía desemboca en Balsera nesta pista. Deseguida chegamos á estrada da ida.
Atopamos a ponte colgante que xa víramos antes na ida. Agora, en vez de voltar pola mesma estrada que fomos, decidimos cruzar a ponte para sair á entrada de Trevías.
|
Ponte colgante |
A ponte cruza o río Esva que nace no concello de Tineo, onde se coñece co nome de Río Ese. Neste río están as famosas Foces do Esva, un espazo natural protexido polo que pasa unha ruta de sendeirismo que aínda teño na lista de rutas pendentes dende hai ben tempo.
Río Esva
Este camiño cruza o prado que nos levará a Trevías.
Cruzamos outra ponte sobre o Esva que antes atravesamos en coche.
E xa podemos ver a parte máis antiga da vila, coñecida como "Aldea Trevías" onde temos o coche.
Ningún comentario:
Publicar un comentario