venres, 15 de xullo de 2022

PRAIA DE CASTELLO-PRAIA DE PORCÍA (EL FRANCO)


Esta é a 3ª ruta que realizamos no concello asturiano de El Franco, moi próximo á Mariña Lucense polo tanto, quédanos moi cerca. As rutas que levamos feitas nese municipio son estas (pincha no enlace e queres velas):

Miradoiro da Atalaia e praia e río de Porcía

Cascadas de Penadecabras

Hoxe fixemos unha fermosa ruta costeira dende a praia de Castello á praia de Porcía desfrutando dunhas praias virxes, semisalvaxes, de calas inaccesibles, espectaculares miradoiros, do porto de Viavélez...

Características da ruta:

Lonxitude: 11,6 km.

Dificultade: fácil

Ruta lineal sinalizada de xeito irregular: nalgún cruce é imprescindible seguir un track. Eu deixo o meu en WIKILOC

A miña valoración desta ruta: 🔆🔆🔆🔆🔆

Descripción:

Despois de tomar un café en La Caridad, capital do municipio, fómonos ata a praia de Castello, onde deixamos o coche:

A praia de Castello é a máis grande do concello de El Franco e está formada por cantos rodados.
Praia de Castelllo

Non ten area o que fai que sexa unha praia pouco concurrida:

Praia de Castello

Dende os primeiros miradoiros non poidemos ver nada pola néboa que había a esa hora,  pero a cambio camiñamos moi ben debido a que axudaba a mitigar as altas temperaturas que hoxe había.

                                                                        Miradoiro

Camiñamos agora co mar á dereita e campos de millo á esquerda.




Compartimos moitos tramos cos Senda Costeira E-9

 E entre o que nos deixa a néboa, vemos a praia de Cambaredo rodeada de altos cantís e tamén de cantos rodados igual ca anterior.

E chegamos a outra especie de área recreativa-miradoiro.

Agora imos ir por asfalto aínda non 1km.


Para volver xirar cara ao mar:
 
E atopamos calas escondidas entre grandes cantís:

Aquí non seguimos a ruta oficial, seguimos de frente.
 
E xa vemos deseguida a praia de Pormenande pequena (menos de 200m) pero moi fermosa, formada por grava e pedras. Destaca o illote que ten no medio chamado El Rego

Esta é a praia máis concurrida do concello e é moi segura.
Praia de Pormenande

E chegamos a un cruce onde nos sinala o camiño para ir ata o Pazo de Jardón pero non merece a pena. O pazo é de propiedade privada e está protexido por altos muros polo que é imposible fotografar nada. A foto que vemos NON é propiedade miña senón de https://www.cosasquesemerecenun10.com/
O pazo coñecido tamén como Quinta San Jorge está en Viavélez. Foi construido entre 1914 y 1918, é de estilo francés.
 Eduardo Jardón Perissé,  heredero dunha gran fortuna amasada pola súa familia en Arxentina, e casado coa franquina Teresa Ron Magdalena decideu construir en 1914 este pazo en Viavélez, localidade da súa mujer, como residencia de verán.
Palacio de Jardón ou Quinta S. Jorge

Eduardo Jardón foi xeneroso coa vila da súa muller. Construeu as escolas para nenas e para nenos, albergando ésta última a actual Escola de Música "Arcángel San Miguel". Axudou económicamente aos máis necesitados; atendeu de forma desinteresada aos enfermos; e incluso promoveu a construcción dalgunhas vías de comunicación.
Escolas de Viavélez financiadas por Eduardo Jardón

Deseguida chegamos ao Porto de Viavélez. Baixamos polo medio das súas rúas.
Rúas de Viavélez

No S. XVIII, Viavélez era un lugar próspero grazas ás actividades vinculadas co mar: navegación de cabotaxe, pesca e estaleiros. Neste século xa se construían lanchas de pesca e navíos con fins comerciais.
Na 2ª metade do S. XIX, nos estaleiros de Viavélez construironse gran cantidade de buques mercantes de vela. Este porto destacou tamén polos carpinteiros de ribeira de gran prestixio e recoñecemento. Nesta etapa, estes estaleiros foron os máis activos de Asturias.
A inicios do S. XX, a chegada do vapor supuxo o fin desta actividade.
Porto de Viavélez.

En Viavélez naceu Corín Tellado unha escritora de literatura romántica moi prolífica con ao redor de 5000 novelas e relatos traducidos a 27 idiomas. Segundo o Libro Ginness dos Records é a autora que máis libros vendeu en idioma español.
Corín Tellado, nunha rúa de Viavélez.

Rodeamos o porto e subimos para continuar a ruta por un miradoiro dende o que, se non fose pola néboa, poderiamos ver Viavélez co seu porto e arredores.
Faro de Viavélez

Dende Viavélez imos alonxarnos do mar durante case 3km., primeiro por camiños entre terras de millo.
O millo foi introducido en Asturias por Gonzalo Méndez de Cancio que estivo de gobernador en Florida e cando voltou para España en 1605, trouxo a semente.
O desenrolo da plantación deste cereal foi unha revolución socioeconómica e dende o S. XVIII non deixou de medrar o seu cultivo no occidente asturino.
Terras de millo
 Pasamos pola capela de S. Pelayo. É unha construcción bastante antiga , reformada no S. XVIII
Capela de S Pelayo

Dende a capela pillamos deseguida un camiño que nos leva de novo á beira do mar
 
Vemos a cala de Monellos

 E uns metros máis adiante vemos o desvío á praia de Torbas que decidimos tomar por un fermoso camiño:


O acceso á praia de Torbas é por onde está esta edificación, que foi un antigo muíño que aproveitaba a auga dun regato que desemboca na praia.
Antigo muíño

A praia de Torbas a mín pareceume preciosa. É pequena, sen area, unha enseada na que a auga está case sempre como se ve na foto, sen moverse apenas. Unha praia solitaria porque non ten ningunha clase de servizo e para chegar a ela hai que ir andando cerca de 1 km.

Praia de Torbas

En lugar de dar a volta para seguir pola ruta oficial que traiamos, vimos un carreiro moi marcado pola beira do mar, preguntamos a uns pescadores que había alí e dixéronnos que se ía sair cerca de Cabo Branco por onde sabiamos que tíñamos que pasar, así que decidimos ir todo á beira do mar, desfrutando dunha paisaxe marabillosa.
Collendo o carreiro

A nós esta ruta gustounos moito!

O carreiro está moi ben definido, é moi doado camiñar por el.


Bañarse na praia de Torbas, neste mar tranquilo que é todo para unha, é unha verdadeira delicia!!!


Outra vista da Praia de Torbas. A cala da foto non ten acceso dende a terra pero frente a eses illotes que se ven está a outra parte da praia, a que acabamos de visitar.


Case xa a punto de enlazar coa ruta oficial (durante uns 20m. aprox.) o sendeiro pechábase de felgos pero nós conseguimos pasar sen maior problema e saimos a esta ancha pista de terra xa no trazado oficil da ruta. A verdade é que vir por onde o fixemos foi un acerto xa que nos evitamos volver para atrás e ademais dar un bo rodeo. Polo sendeiro que viñemos, atallamos e ademais viñemos pegados á costa.
Na foto vemos Cabo Blanco.

Collendo á dereita vaise ao Mirador da Atalaya. Non fomos porque xa o coñeciamos doutra ruta e ademais a visibilidade aínda que foi mellorando, ao lonxe a néboa deixaba ver pouco.
Cando viñéramos no inverno podíase chegar co coche mesmo ata o miradoiro e lembro que había alí coches. Agora puxeron unhas rochas grandes que impiden o paso e habilitaron unha pequena zona de aparcadoiro.

Estamos chegando ao noso final e xa vemos ao lonxe a Praia de Porcía.

Porcía é unha praia de cantos e area, compartida por El Franco e Tapia de Casariego. Nela desemboca o río do mesmo nome que sirve de límite natural para ambos concellos. Destaca polos meandros fluviais e os isllotes do Boy.

De fácil acceso e con bos servizos, dende a praia son visibles restos dun embarcadeiro de mineral de ferro ao que nos achegamos na anterior ruta que fixemos e pasaba por aquí. Ten moita afluencia, quizá en parte pola súa beleza, as súas areas doradas e as súas augas especialmente tranquilas.

Praia de Porcía

Ao redor da praia hai moito espazo acondicionado con árbores, mesas, bancos...

 
Dende o restaurante que hai situado nunha pequena loma, as vistas sobre o mar son insuperables...

Vistas dende o restaurante:



Ningún comentario:

Publicar un comentario