Este blog crease para ir mostrando rutas de sendeirismo de dificultade baixa e /ou media-baixa e tamñen teñen cabida outras viaxes realizadas.
Rutas por Galicia e Asturias que non sobrepasen os 15/20 km. de lonxitude para que as podan realizar persoas que non necesiten estar en ningunha especial forma física.
MIRADOIRO DA ATALAIA/ PRAIA E RÍO DE PORCÍA (EL FRANCO- ASTURIAS)
A ruta de hoxe é das que cada vez me gustan máis, sen sinalizar. Deste xeito síntoas máis novas, dende logo menos transitadas e coñecidas e encántame descubrir lugares novos!!
Hoxe funme a un lugar que me queda moi cerca: ao occidente asturiano, concretamente ao concello de El Franco para realizar unha ruta sacada de Wikiloc que me parecía moi fermosa e fácil e así foi xa que este concello ten lugares que merecen unha visita.
Características:
Lonxitude: 8,6 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular sen sinalizar.
Descripción:
A ruta empeza no lugar de El Franco chamado igual que o concello e que pertence á parroquia de Valdepares . El Franco foi a capitalidade do concello ata mediados do S. XIX en que foi pasada a La Caridad.
A ruta parte das antigas escolas de El Franco. Aquí hai sitio para deixar o coche.
Antiga escola de El Franco
Cruzamos a vila en dirección ao mar:
El Franco
Deseguida nos atopamos coa estrada pola que viñemos, a N- 634, e temos que cruzala:
Esa fermosa vivenda amarela corresponde aos Apartamentos Rurais "Los Pontigos"
Apartamentos "Los Pontigos"
Nesta zona vemos moitísima vivenda de nova construción, moitas delas reservadas para o verán xa que estamos en febreiro e están vacías a inmensa maioría.
Deseguida chegamos á beira do Cantábrico. A parires de agora o noso traxecto será compartido coa Senda Costeira GR- E9 ata Porcía.
Este miradoiro permite desfrutar de fermosas paisaxes de costa:
Aquí vemos a Punta da Atalaia:
Punta da Atalaia
Vemos as illas chamadas "do Boy"
A praia de Porcía é moi fermosa, salvaxe, moi rochosa e en marea alta apenas queda area.
Praia de Porcía e as illas dos Bois
Praia de Porcía
Esta praia conta cunha gran zona verde con bancos e sombras para descansar e xantar e tamén conta en verán cun chiringuito.
Chiringuito da praia de Porcía
Dende o Mirador de Porcía que está na mesma praia, vemos o estuario que forma o río Porcía ao desembocar no mar e na punta de enfrente temos o cargadoiro ao que despois nos achegaremos.
Miradoiro de Porcía
Inmensa e fermosa zona verde que ten esta praia:
A praia ten zonas con escaleiras para acceder a ela, as persoas con mobilidade reducina téñeno difícil.
O río Porcía desembocando no Cantábrico:
Imos agora por estrada 1,5 km. aprox:
E chegamos á capela dos Remedios de Porcía onde se celebra cada ano unha coconrrida romería na honra desta virxe.
O entorno onde se sitúa a capela é moi fermoso na parte que dá ao río:
Entorno da capela dos Remedios en Porcía
Cruzamos unha ponte que está ao lado da capela e torcemos despois á dereita. Estamos no concello de Tapia de Casariego.
Camiñamos sempre vendo o río Porcía. Situado entre Eo e o Navia, nace na Serra da Bobia e ten uns 27 km. de percorrido antes da súa desembocadura.
É un antigo camiño que debía dar servizo para os traballos do cargadoiro. A ruta é moi fácil de percorrer.
Atopamos esta bocamina. Nas minas extraíase o mineral de ferro e logo era transportado en barcos dende o Cargadoiro ao que deseguida chegaremos.
Bocamina
Xa vemos o río Porcía chegando á súa desembocadura:
Estuario que forma o río Porcía na desembocadura visto dende o lado oposto ao anterior por onde antes pasamos:
Se nos fixamos na foto (saíu de baixa calidade) vemos os restos do antigo cargadoiro. Dende a prehistoria foron explotadas as minas desta zona. No S. XIX e ata os anos 60 do S. XX o mineral de ferro era trasladado en barcos dende a praia de Porcía.
O Cargadoiro
Dende o Cargadoiro hai que voltar sobre os nosos pasos ata a estrada que deixamos antes e pillamos á esquerda por debaixo da ponte da estrada para achegarnos á Alameda de Porcía.
Alameda de Porcía
Pouco despois da Alameda, pasamos por un pequeno grupo de casas onde está o muíño de Rabote.
Muíño de Rabote
Agora temos que subir (subida moi lixeira) atravesando un monte durante aprx. 200m. para desembocar nun prado, xa moi cerca de El Viso.
Atravesaremos o lugar que vemos na foto cara á esquerda e xa estaremos no punto de partida.
Deixo un vídeo sobre a praia de Porcía de tan só un minuto e pico e que resume moi ben a fermosura desta praia:
Ningún comentario:
Publicar un comentario