Esta non é propiamente unha ruta de sendeirismo xa que non andivemos nin 2 km. e tampouco está sinalizada. É este un lugar que ten a singularidade de gardar 5 fervenzas case seguidas nun entorno totalmente virxe. Só no principio da aldea hai dous letreiros rústicos que nos indican o camiño a seguir ata o río (Había un terceiro letreiro pero desapareceu)
Hai que estar, pois, moi dispostos a sortear todo tipo de maleza e obstáculos: troncos atravesados, silvas, maleza de todo tipo durante a búsca das fervenzas pero a recompensa de atopalas vale moito a pena xa que son altas, con moita auga e nun entorno fermoso como acostuman a estar as fervenzas.
Deixo o track en WIKILOC:
Descripción:
Estamos no concello de El Franco, no occidente asturiano. Xa visitamos este concello noutras ocasións, a última non hai moito para realizar unha ruta costeira; hoxe toca atopar estas cascadas. Para eso, imos dende A Caridá que é a capital do municipio ata a parroquia de A Braña que se atopa a 12 km. e aquí torcemos á esquerda para ir á aldea de Penadecabras (a 3 km.) que pertence a esta parroquia.
Penadecabras é unha aldea moi pequena á que chegamos por unha estrada bastante estreita e con curvas. Cando cheguemos aquí, temos que xirar á esquerda, cara abaixo. (Antes había aquí un letreiro que poñía "Cascadas" pero a día de hoxe está desaparecido)
Uns metros despois atopamos outro letreiro que xa nos indica para onde está o camiño que temos que pillar.
O barrio de Penadecabras a onde imos chámase Bronzo e é a zona que está máis preto do río. Temos que chegar aló embaixo. Moita xente deixa o coche na parte de arriba, nós como non atopamos onde aparcar, levamos o coche ata abaixo de todo, ata a última casa blanca que se ve. Aí o deixamos.
|
O Bronzo, en Penadecabras |
Según nos apeamos do coche, estas ovellas viñeron recibirnos e non paraban de bear.
|
Ovellas en Penadecabras |
Temos que coller por un sendeiro (poñía "cascadas" nun letreiro tirado no chan) que baixa ao río.
|
Carreiro que baixa ao río |
Logo duns 100m. aprox. xa chegamos ao río Mazo. O sendeiro polo que baixamos desemboca nunha pista forestal que estaba así de inundada nas rodeiras que deixaron as máquinas dedicadas non hai moito a cortar madeira ao pé do río.
|
Camiño forestal e río Mazo |
Primeiro, cruzamos a pista e fomos cara á esquerda, río abaixo onde se localiza unha cascada:
|
Atravesamos o camiño |
Despois deste pequeno prado, chegamos á 1ª das fervenzas.
|
Cruzamos o prado |
Sorprfendeunos o fermosa que era e a forza que levaba:
|
1ª fervenza |
Demos a volta dende aquí e cruzamos a ponte de pedra e cemento que hai:
|
Ponte do río Mazo |
A partires de aquí, o sendeiro volveuse impracticable. Non está definido e abundan as silvas, troncos caídos...imos á aventura.
O río ofrece fermosas imaxes con pequenos saltos de auga:
|
Pequenos saltos de auga. |
Seguimos esquivando obstáculos pero continuamos. Os anos de sendeirismo han de server para algo...
|
Por aquí pasamos |
O percorrido é moi curto: deseguida chegamos á 2ª fervenza:
|
2ª fervenza |
E case pegada está a 3ª fervenza que podemos ver moi de preto se baixamos ata a súa base con moito coidado.
|
3ª fervenza |
E o sendeiro que nos levou ata a 3º fervenza remata aí, pero mirando cara arriba vemos un camiño e decidimos ir ata el a ver se nos leva outra vez xunto ao río. Ao subir, vemos esta panorámica da aldea de Penadecabras.
E efectivamente, o camiño lévanos ao pé do río de novo onde vemos xa a 4ª cascada. Esta fervenza remata nunha zona onde a auga se remansa e axéitase para contemplala sen cansar.
|
4ª fervenza |
Entre a 4º e a 5ª fervenza hai un sendeiro perfectamente delimitado que nos leva.
|
Sendeiro entre a 4ª e 5ª fervenza |
Agora vemos a 4ª cascada dende a parte de arriba.
|
4ª cascada dende arriba |
E chegamos á última, á 5ª cascada que vimos nun traxecto que non chega a 2 km. en total.
|
5ª fervenza |
En vez de voltar sobre os nosos pasos, fixémolo pola pista forestal que vai un pouco máis arriba do río e desembocamos outra vez na ponte do río Mazo. Seguimos outro pouco río abaixo antes de cruzar pero agora pola marxe diferente de antes, cando víramos a 1ª fervenza, que por certo dende esta beira apenas se deixa ver. Só fomos uns poucos metros por esa marxe do río, ata onde vimos que era imposible continuar.
|
Pista forestal |
Seguimos uns metros máis á beira do río pero hai un momento que non se pode avanzar e hai que dar a volta.
|
Río Mazo |
Como o noso percorrido foi tan curto decidimos para á volta en A Braña que é esa aldea toda rodeada de verde. Está situada a uns 300m. de altitude entre a costa e a montaña e a súa economís é rural ligada á gandeiría vacuna.
|
A Braña |
O primeiro que atopamos ao parar é a igrexa (diante dela hai sitio para aparcar). Do S. XVIII, aséntase sobre unha capela do S. IX, está dedicada a Nosa Señora da Braña e atrae a multitude de xente debido á fama dos milagres desta santa. O 15 de agosto celébrase unha romería con comidas familiares no seu entorno, que está moi ben acondionado.
|
Igrexa de A Braña |
O entorno da igrexa está perfectamente acondicionado, moi limpo e coidado.
A uns 200m. está fonte e a súa auga que, segundo a lenda, ten poderes milagreiros (Como din as lendas de tódalas fontes onde hai santuarios cerca)
O certo é que a fonte está nun entorno fermoso e moi ben acondicionado.
Entorno onde se atopa a fonte da Virxe e outra decorativa.
|
Detalle da fonte |
No lugar onde se atopa a fonte hai tamén un lavadoiro totalmente restaurado e onde a auga corría en abundancia e tan transparente que apetecía volver ao costume de lavar a roupa á man.
Antes de subir á fonte da Virxe vemos tamén outra fonte decorativa con banco ao redor. Un sitio moi chulo!
Soprendeunos moito o tamaño da igrexa nunha aldea tan pequena e xa nos demos conta de que alí tiña que haber devoción popular por algunha santa ou santo. Neste caso, á Virxe da Braña.
E este foi o percorrido de hoxe. As pernas usámolas pouco para camiñar pero valeu a pena coñecer as cascadas e estas aldeas do occidente astur.
Ningún comentario:
Publicar un comentario