Hai tempo que quería subir ao Pico da Frouxeira camiñando, é dicir facendo unha ruta e que esta fose circular. Fun retrasándoo porque sabía da dura subida pero hoxe decidinme a facela con inicio e fin na parroquia de Bacoi, concello de Alfoz. O Pico da Frouxeira pertence a Foz
Características:
Lonxitude: 6,8 km.
Dificultade: Media-Alta. O tramo de baixada é complicado polas grandes rochas (se se fai de subida, haberá case que trepar nalgunhas zonas) e polo chan irregular.
Ruta circular para a que é necesario seguir un track. O tramo de subida está perfectamente indicado porque corresponde á Ruta dos Castelos pero o de baixada non está sinalizado.
O meu track en WIKILOC
Descripción:
O punto de partida desta ruta é AQUÍ . É un lugar que pertence á parroquia de Bacoi (Alfoz) pero non souben como se chamaba.
Ao fondo podemos ver A frouxeira, que hoxe puiden conquistar.
Unhas casas no lugar de onde partín:
Durante uns pocos metros o percorrido vai por unha ancha pista.
Deseguida xiramos á esquerda para meternos por un camiño de monte. (Está ben sinalizado)
Imos sempre en ascenso, unhas veces máis suave e outras menos e sempre rodeados de eucaliptos. Bosque autóctono, por desgraza, na Mariña queda pouco.
O camiño de monte desemboca na estrada que sube á Frouxeira dende a parroquia focense de Santa Cilla. Imos por asfalto case 1 km. e sempre subindo.
A paisaxe non cambia. Os eucaliptos son os amos do bosque.
Achegándonos xa o Pico da Frouxeira, as vistas van sendo cada vez máis espectaculares. Na foto vemos tamén o aparcadoiro e a pista que sube dende aí.
Vistas da parroquia de Santa Cilla, camiño do Pico de a Frouxeira.
Vistas das parroquias de Santa Cilla, S. Martiño e da vila de Foz co mar Cantábrico.
Outras vistas.
O Pico da Frouxeira é un monte que está a 427m. de altitude e na súa cima levantábase o Castelo da Frouxeira do que actualmente apenas queda nada. O lugar pertence á parroquia focense de Santa Cilla.
Cazolas na rocha que a chuvia foi formando e Vértice Xeodésico. (Un pedestal de formigón sobre que se alza un cilindro de 120 cm. e sinala unha posición xeográfica exacta)
A fortaleza pertencía ao Mariscal Pardo de Cela, mítica e controvertida figura da época medieval galega.
Imaxe do vértice xeodésico, do miradoiro e outra parte máis baixa da Frouxeira.
Pardo de Cela recibeu estes bens como dote pola súa voda con Isabel de Castro. Neste lugar de A Frouxeira, Pardo de Cela fixo unha brava defensa frente ás tropas dos Reis Católicos no S. XV.
Durante o asedio á Frouxeira morreron moitas persoas pero debido á súa situación inexpugnable non poideron conquistala nin tampouco a Pardo de Cela que foi traizoado e dende que o mataron foi cando destruiron totalmente o seu castelo, por eso hoxe quedan os poucos restos que o tempo non foi capaz de borrar.
Ata puxeron un miradoiro! A verdade é que as vistas son excepcionais. vemos a costa mariñá, parroquias de Foz, de Alfoz de Valadouro...
Grandes moles rochosas predominan nesta paisaxe, algunhas delas teñen forma de animais. Os restos que quedan de A Frouxeira están declarados BIC (Ben de Interese Cultural)
Outras vistas. Faltan as de Valadouro e Alfoz xa que o sol caía xusto de frente para facer a foto.
Para facer a ruta circular e non voltar polo mesmo sitio, baixamos dende o aparcadoiro por un camiño á dereita
Menudo camiño!! Esto é o preludio do que nos espera baixando!
O camiño é como se ve nas fotos e a baixada faise complicada.
Hai a quen lle gustaría máis subir ca baixar por aquí. Eu prefiro baixar e non me quero imaxinar a subida!!
O desnivel é pronunciado e o risco de caídas é alto.
Os montes de por aquí teñen grades rochas e o chan, non ía ser menos, ás veces vai tamén sobre elas.
Ver este claro no medio de tanto camiño pechado, reconfortoume...
O camiño de monte remata cando enlaza con esta pista ancha e de bo camiñar.
Así chegamos a enlazar os últimos metros que son lineais (polo mesmo tramo da ida e volta)
O cabalo segue no mesmo prado e detrás, o Pico da Frouxeira sempre vixiante, recordándonos a importancia enorme que tivo en séculos pasados.
Páxinas web consultadas:https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/280381875/pico-da-frouxeira?langId=es_ES&tp=4&ctre=17
https://es.wikipedia.org/wiki/Castillo_da_Frouxeira
Ningún comentario:
Publicar un comentario