sábado, 18 de setembro de 2021

MADEIRA (6º DÍA)

 O noso sexto día na illa despertaba en mín, como aficionada ao sendeirismo, unha grande expectación porque me falaran das moitas e fermosísimas rutas de sendeirismo que hai en Madeira pero a levada ou ruta decepcionoume algo. Pero imos primeiro comentar de onde ven o nome de "levada" o que nós coñecemos como ruta de sendeirismo.

Unha "levada" en portugués é unha canle para levar auga. Foron creadas para levar auga ata o sur da illa dende o oeste e noroeste da mesma onde chove máis.

As levadas empezaron a construirse no S. XVI para regar as plantacións de caña de azucre abundantes daquela e máis tarde as vides.

Existen uns 1400km. de levadas ou canles ao pé das que hai sendeiros seguindo o traxecto das mesmas ás veces polo medio de bosques de laurisilva e outros, ás veces por zonas secas, cerca de acantilados...todos eles ofrecen paisaxes espectaculares e vistas marabillosas.

Como dixen a levada que nós realizamos non era moi espectacular pero tamén hai que ter en conta que éramos 75 persoas  cadaquén cos súa capacidade física e que tampouco a todos lles ten porque gustar o sendeirismo polo que a ruta elexida tiña que ser curta (6km.) coa posibilidade de realizar só 3 quen quixese, porque pasamos por unha zona onde o autobús recollía ao que non quixese rematar o percorrido. Tamén tiña que ser un percorrido ademais de curto, fácil,  xa que non todo o mundo pode camiñar do mesmo xeito.

Realizamos un tramo de 6km. como xa dixen da levada "Serra do Faial", ao mellor na parte máis alta da serra é máis espectacular.

Vemos o sendeiro pegado á canle da auga

As casas en pendiente debido á orografía accidentada da illa

Levada da Serra do Faial

No percorrido atopamos esta muller nativa da zona e que nos contou historias da súa vida. Viña de recoller mazás e peras.


E ata aquí chegou o día de hoxe. Tivemos a tarde libre e aproveitamos para desfrutar da piscina do hotel e dar un pequeno paseo preto do hotel. Eu desfrutei tamén dun baño no mar!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario