luns, 13 de setembro de 2021

MADEIRA (1º DÍA)

 Aínda que este blog foi pensado inicialmente para plasmar rutas de sendeirismo, tamén vou dar cabida nel a tódalas viaxes que realizo, xa que ademais de servirme a mín para recordalas, pode valer para outros/as lectores que teñan en mente realizalas.

Vou empezar pola última viaxe que realicei e que foi a Madeira. Unha viaxe moi fermosa, realizada en grupo, moi ben organizada e na que visitamos practicamente o máis importante da illa.

Hai que recoñecer a gran labor de organización e preparación da viaxe que fixo Xaime Cancio facilitándonos tódolos trámites necesarios e procurando en todo momento que desfrutaramos da mesma. 

Madeira é un arquipélago sitúado no Océano Atlántico e pertencente a Portugal. Consta de dúas illas habitadas, Madeira e Porto Santo tres illas non habitadas, chamadas Illas Desertas que xunto coas Illas Salvaxes forman a Rexión Autónoma de Madeira. Todo o arquipélago é de orixe volcánico.

A principal actividade de Madeira é o turismo e recibe moitos visitantes ao logo de todo o ano pola suavidade do clima.

Madeira é a maior das illas cunha superficie de 741km cadrados, ten 57km. de longo e 22km. de ancho. A súa capital é Funchal.

Esta é a situación de Madeira no Océano Atlántico. Está rodeada en vermello:


A  nosa estancia na illa foi de 7 días, do 5 ao 12 de setembro do 2021.

Saimos pola mañá do aeroporto de Santiago e chegamos a Funchal para o xantar. Estivemos aloxados no hotel Alto Lido de catro estrelas situado fóra do centro, na zona máis turística chamada Lido. O hotel é magnífico, habitacións moi grandes e camas moi confortables, excelente limpeza e servizos como xinnasio, piscina, un autobús gratis para ir ao centro...etc. A comida é de bufet con moita variedade onde elexir e tódalas noites eran amenizadas na zona da cafetería por un dúo ou grupo musical.

Por riba a mín tocoume unha habitación de apart hotel cunha pequena e cómoda cociña, unha inmensa habitación e unha terraza tamén moi grade. Fabulosoooo!!!

Detalle da habitación coa cociña ao fondo


A miña habitación daba á piscina exterior

Aspecto da entrada do hotel.


Nada máis chegar ao hotel e despois de comer e rexistrarnos e asignarnos habitación, descansamos un pouco e logo a guía levounos dando un paseo pola beira do mar ata Cámara de Lobos, unha cidade de preto de 35.000 habitantes, aínda que para os nativos da illa a única cidade é Funchal.
Cámara de Lobos está situada na parte sur da illa e ata alí fomos andando pola beira do Atlántico.
Este paseo chamado "Paseo Público Marítimo" ofrece magníficas vistas do océano e da accidentada costa de Funchal.
Esto fomos vendo mentres camiñábamos:

O complexo Balneario de piscinas do Lido ou Ponta Gorda é o máis famoso de Funchal e un dos mellores de Madeira, pasamos á súa beira.

Ten dúas piscinas, unha grande e outra pequena e acceso directo ao mar. É o complexo de piscinas favorito dos nativos e dos turistas e conta con toda clase de servizos: socorrista, tumbonas, bar, vestiarios...

Atravesamos o túnel Poças do Gomes que nos levará á praia Formosa.



Praia Formosa está entre Funchal e Cámara de Lobos, ao sair do anterior túnel, atopamos xa esta praia de grandes pedras grises que farán dificil tumbarse, de tódolos xeitos había xente que sí o facía. Hai unha pasarela que fai máis cómodo o paseo.
Ao fondo podemos ver o Cabo Girao que habemos visitar nos próximos días.

Un detalle do paseo:

Cámara de Lobos é unha vila de pescadores e no seu pequeno porto vemos as barquiñas de cores. O nome da vila ou cidade débese a que no pasado vivía nestas augas a foca monxe ou lobo mariño como se coñece en portugués. Actualmente é o principal centro de pesca da famosa "espada preta" ou sable negro, moi tradicional en Madeira.
A vila está rodeada de viñedos e ademais é o berce da "poncha", unha bebida tradicional que mestura augardente, mel e zume de limón.


Unha pintoresca rúa en Cámara de Lobos.

As rúas máis turísticas estaba así de engalanadas:

As vides rodean a vila:

Un aspecto das lanchiñas de cores, chamadas Xavelhas e ao fondo a rúa engalanada:

Cámara de Lobos coa súa fermosa baía:

Moitos pintores viñeron aquí atraidos pola fermosura da baía para pintala. Tamén estivo en 1950 Winston Churchill.


Para voltar ao hotel, recolleunos o bus.

O seguintes  días da viaxe, podes velos aquí:

6 comentarios:

  1. Me parece genial este resumen del primer dia de viaje, esperando con ganas el segundo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola. Muchas gracias. Están todos los días, solo que en distintas entradas.Al final de todo donde está reflejado el primer día pone " ver versión web" y ahí aparece todo el blog. Si pinchas en la pestaña donde dice " otros viajes" podrás ver todos los días e incluso un resumen.

      Eliminar
  2. Magnífico y muy bien descrito el primer día del hermoso viaje a Madeira. Me ha hecho recordar el espectacular recorrido que hicimos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muchas gracias. Están todos los días. Si pinchas arriba del todo en inicio se despliega una pestaña. Pinchas donde dice outras viaxes y ahí lo tienes.
      O bien al final de esta entrada donde pone ver versión web te aparece todo el blog. Desde ahí también

      Eliminar
  3. Mejor no se puede describir!!! Muchas gracias por tú aportación

    ResponderEliminar