O 4º día de estancia na illa presentábase moi atractivo: estaba programada unha excursión en barco pola costa sur de Madeira.
O barco era unha nao, réplica da de Colón, e chámase Santa Mª. Íamos coa expectativa de ver golfiños e bañarnos en alta mar como dicía o programa e cumpriuse o programado!!
Nao Santa María na que viaxamos |
Imos deixando atrás Funchal:
E vimos golfiños!!! O barco apagou motores e eles achegábanse:
Tamén nos poidemos bañar en alta mar. A auga nesta zona do Atlántico, ao revés do que sucede nas costas galegas bañadas por este océano, é moi cálida (sobre 24º) co que dá gusto bañarse aquí.
O barco parou para o baño cerca de Cabo Girao.
Podemos apreciar as Xavelhas ou terras de labor na parte baixa do acantilado |
Na foto seguinte podmos apreciar a popa do barco e Cabo Girao.
Cámara de Lobos |
E vimos o noso hotel "Alto Lido"
Aquí vemos a Punta de S. Lourenzo que ten enfrente a illa de Porto Santo, a uns 40 km. Esta illa é lugar de veraneo para os madeirenses que poden costealo xa que nos comentou a guía que era algo caro debido á forte demanda que había. Nesta illa hai unha praia de area branca de 7 km. de lonxitude.
Despois da inesquecible viaxe en barco, fomos comer ao hotel e pola tarde tivemos tarde libre que algúns aproveitamos para desfrutar da piscina do hotel e despois ir pasear polo paseo marítimo cara a Funchal.
As praias de Madeira, ao ser unha illa de caracter volcánico, son de pedras e area negra exceptuando a de Calheta que é de area branca xa que é artificial (moi concurrida e apreciada esta praia) e a da veciña illa de Porto Santo, unha praia de 7 km. de area branca e augas turquesa.
En Funchal, teñen que conformarse con praias de area e rochas negras pero, eso sí, aproveitan calquera recuncho para poder darse un baño e tomar o sol e, aparte das fermosas piscinas naturais, vemos xente tomando o sol no cemento e con varios puntos de acceso para poder bañarse no océano.
Eu tamén me bañei aí!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario