As 7.15 coma tódolos días soou o tfno do hotel. Hoxe temos xornada de todo o día polo que comeremos fóra do hotel.
Ímonos a visitar a costa oeste que promete grandiosas paisaxes con miradoiros en lugares espectaculares rodeados de montañas.
Subimos primeiro por unha estrada con moitísimas curvas(non hai que esquecer que Madeira é unha illa moi accidentada, con moita montaña) para chegar ao Pico Arieiro, a 1810 m. o 3º máis alto da illa despois do Pico das Torres e do máis alto de todos: o Pico Ruivo.
Ao ir subindo fomos vendo como cambiaba a paisaxe dando lugar ao monte baixo de brezos e rochas desnudas.
Ao chegar, había un mar de nubes debaixo de nós. Unha paisaxe espectacular!!
Aquí vemos a senda que leva ao pico máis alto da illa, o Pico Ruivo e que pasa tamén por polo 2º Pico máis alto: o Pico das Torres.
Se ata Pico Arieiro chega o coche, para ir aos outros dous hai que ir andando por unha ruta de sendeirismo que podemos iniciar aquí mesmo, por esa senda onde se ve a xente.
Aínda que só hai 7km. é unha ruta moi esixente, con moitísimas escaleiras; pero seica vale a pena polas vistas que se pode ir contemplando, pola grandiosidade da paisaxe.
Sucesión de serras e inmensos precipicios...Como impresiona!!
Despois baixamos ata Ribeiro Frío, un lugar rodeado de bosques que é a encrucillada de varias rutas de sendeirismo tan populares en Madeira e das que falarei na próxima entrada.
Un ecosistema moi ligado a Madeira e que foi declarado pola UNESCO Patrimonio Mundial Natural é o bosque de Laurisilva. O nome vén do latín laurus(loureiro) e silva(bosque). É un bosque húmido subtropical que ocupa unha parte importante da illa (o 20% aprx) estando moi ben conservado e un dos hábitats naturais con máis diversidade de plantas por m2, na súa maioría formada por loureiros e a familia destes.
Este bosque, formado hai millóns de anos, só sobreviveu nalgunhas rexións insulares xa que os cambios climáticos ao longo da historia fixeron que mermara moito e incluso desapareceu en moitas zonas mediterráneas. Onde mellor sobreviviu este bosque foi na illa de Madeira. Este bosque posee tamén unha fauna moi rica e especies endémicas.
O bosque de laurisilva ten un papel moi importante na loita contra a erosión e no mantemento dos caudais dor ríos porque a parte que ocupa este bosque acostuma a estar cuberto pola néboa que queda retida nas follas da vexetación, condensándose despois e transformándose en auga que se filtra e acumula abastecendo aos ríos.
|
Ribeiro Frío e a súa exuberante vexetación. |
Dende Ribeiro Frío parten varias levadas (rutas de sendeirismo). Nós empezamos a camiñar uns metros pola "levada do Furado" que empeza aquí, en R. Frío. |
Esta é unha das levadas máis antigas de Madeira |
Poidemos aprezar xa no comenzo da ruta que é moi fermosa. É unha ruta moi prezada polo bosque de laurisilva que ten, flores como a rarísima orquídea de madeira, polas vistas sobre as montañas, polas fervenzas e tuneis que ten... |
Esta é unha ruta lineal de 11km. |
A continuación fomos a Porto da Cruz (non estaba no programa xa que o previsto era visitar un taller de obras feitas en vimbio en Camacha pero ao estar pechado, cambiaron os plans)
|
A Penha da Águia ten 580m. de altitude |
En Porto da Cruz demos un pequeno paseo ao redor da vila, a carón do mar, polo Paseo do Larano.
Praia de Alagoa é un complexo moderno inaugurado en 2004 que consisteu en mellorar a praia existente de area negra e construir dúas piscinas(unha para nenos e outra para adultos) con acceso directo ao mar.
Despois fómonos a Santana onde tíñamos o xantar, no restaurante "Quinta do Furao". Un lugar moi fermoso cunhas vistas incribles sobre os acantilados dende a terraza, que foi onde nós tocou comer a algúns. |
Vistas dende a terraza onde comemos |
|
Entorno do restaurante |
E despois de comer fomos visitar o máis emblemático de Santana: as súas casiñas ou palhoças, vestixios dun pasado no que as casas eran así por toda a illa.Santana forma parte da Reserva Mundial da Biosfera dende 2011 pola boa relación do home co seu entorno. Ademais das famosas casiñas, posee unha gran riqueza natural: especies endémicas, ecosistemas mariños e costeiros, bosques de laurisilva...
|
Aínda que son pequenas, por dentro son máis amplas do que parecen. |
Os teitos son de palla e as pinturas en blanco, vermello e azul chaman a atención pola súa vistosidade. Actualmente hai unhas 120 casiñas por todo este concello, algunhas aínda habitadas. |
Estas casas son un dos maiores atractivos turísticos de Santana |
A continuación e para rematar fómonos á Punta de S. Lourenzo. A paisaxe é totalmente distinta ao visto ata o de agora: é seca e árida, case sempre hai algo de vento. Unha espectacular e soprentente paisaxe salpicada de rochas e cantís de gran tamaño. Esta punta é realmente unha península de cor amarela na que apenas sobreviven plantas. É, dende 1996, unha zona protexida facendo fincapé na conservación de plantas e paxaros pouco comúns e é un lugar onde vive tamén a foca monxe, animal simbólico en Madeira |
Península de S. Lourenzo |
Dende a Punta de S. Lourenzo podemos divisar Porto Santo, a outra illa habitada do arquipélago.
Recursos dixitais:
Ningún comentario:
Publicar un comentario