Despois de plasmar a viaxe a Madeira día a día, vou facer un resumo nunha sola entrada para que se poda ver todo de xeito máis rápido e áxil.
1º Día:
- Chegada á illa portuguesa, aloxamento no hotel Alto Lido de **** estrelas e percorrido andando dende o hotel ata Cámara de Lobos.
 |
| Piscinas de Ponta Gorda e praia Formosa ao fondo |
 |
| Praia Formosa |
 |
| Cámara de Lobos |
2º día:- Visita panorámica de Funchal (este nome seica procede de que nesta illa había moito fiuncho) Estivemos na catedral, no mercado dos lavradores, no xardín botánico...comemos en Funchal e pola tarde visitamos o porto deportivo, a zona de Santa Mª...
 |
| Catedral de Funchal |
 |
| Mercado dos lavradores |
 |
| Xardín botánico |
 |
| Hotel e museo de CR7 |
 |
| Núcleo histórico de Santa Mª |
3º día- Costa oeste de Madeira con paradas en varios miradoiros: o da Cruz, Cabo Girâo...estivemos en Ribeira Brava e Porto Moniz.
 |
| Cabo Girâo |
 |
| Ribeira Brava |
 |
| Porto Moniz |
4º día:- Navegamos na nao Santa Mª vendo golfiños e bañándonos en alta mar. Tarde libre.
 |
| Na nao Santa Mª |
 |
| Bañándonos en alta mar |
5º día:- Visitamos Pico Arieiro (1810 m) cunha incribles vistas, estivemos en Ribeiro Frío, en Santana (onde xantamos) e fomos despois á Punta de S. Lourenzo cunha paisaxe totalmente distinta ao resto da illa.
 |
| En Pico do Arieiro (1810 m) |
 |
| Sendeiro que vai a Pico Ruivo, o máis alto da illa. |
 |
| As casiñas de Santana |
 |
| Punta de S. Lourenzo |
6º día:- Levada (ruta de sendeirismo) pola Serra do Faial (un tramo de 3 ou 6 km. a escoller) Tarde libre
 |
| Levada da serra do faial |
7º día:
- Visita a Monte para baixar nos famosos carros de cesta empregados no pasado para baixar a Funchal. Estivemos tamén en Pico dos Barcelos, Curral das Freiras e miradoiro de Eira do Serrado onde xantamos.
 |
| Carriños de cesta |
 |
| Curral das Freiras dende o miradoiro de Eira do Serrado |
8º día
-
Retorno á Galicia pola mañá. Fin da viaxe.Se queres ver con todo detalle e día a día a viaxe, deixo os enlaces:
Ningún comentario:
Publicar un comentario