Seguro que case todos oímos falar de Sobrado dos Monxes a causa do seu enorme e maxestuoso mosteiro do que falarei na seguinte entrada porque ben merece unha para el solo.
En Sobrado tamén hai unha ruta de sendeirismo, a Ruta da Carballeira, que percorremos e como é curta e moi fácil deunos tempo a visitar o Mosteiro con calma, a coñecer o pequeno santuario de Santa Colomba das Pías que está nun entorno moi fermoso e a Ciadela, un campamento romano , o máis grande de Galicia que aínda non está rematado de escavar.
Imos primeiro e coa ruta de sendeirismo "Ruta da Carballeira".
Características:
Lonxitude: 7,9 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular ben sinalizada, aínda que nós apartámonos algo do trazado orixinal por recomendación de Adelaida, unha rapaza que traballa en Información Turística do concello de Sobrado e que moi amablemente nos indicou unha pequena variación no percorrido para poder visitar a Lagoa de Millares e enlazar despois coa ruta orixinal.
O track da ruta en Wikiloc
Descripción:
Aparcamos o coche diante mesmo do concello e de aquí é de onde parte esta ruta.
Camiñamos uns metros pola beirarúa e deseguida vemos xa a 1ª indicación da ruta. Collemos pois, á dereita:
Cruzamos a estrada que vai a Melide, seguindo as indicacións.
Pasados case 500m. entramos de cheo na carballeira:Nesta carballeira, chamada "carballeira de Casa do Gado" foi rodada a película do director J. Luis Cuerda, "El bosque animado".
Chegamos de novo á estrada con beirarúa pola que camiñaremos sobre 800 m. ata chegar á
Lagoa de Sobrado:
A Lagoa de Sobrado é artificial xa que foi creada polos monxes do mosteiro no S. XVI co obxectivo de ter auga para os seus cultivos, para as cociñas do mosteiro e para mover o muíño.
|
Nesta lagoa hai moitos nenúfares. |
A lagoa é un paraíso para as aves. Nós poidemos observar ao lonxe a dous lavancos.
Hai un observatorio de aves e con sorte e estando en silenzo podemos ver algunhas.
|
A lagoa está rodeada por un espeso bosque caducifolio. |
Unha pasarela de madeira percorre parte da lagoa (uns 500m) Ao ser espazo protexido onde se refuxian moitas aves, non se pode percorrer enteira.
Damos a volta ao chegar ao fin da pasarela. A maioría da xente, dá a volta dende este punto. É dicir volve pola estrada para atrás ata atopar o sinal da ruta. Nós, por recomendación de Adelaida, unha rapaza que traballa en Información Turística do concello, seguimos de frente pola estrada que traíamos uns metros (con moitísimo coidado xa que non hai beirarúa) para ver a lagoa dende o outro lado, frente á pasarela de madeira onde estivemos antes. Despois, collemos unha estrada estreita onde indica "Aptos. turísticos de Casa de Millares" e "Eirixe Nova".
|
Esta lagoa é unha zona húmida de interese europeo |
Imos por esta estrada local sen pintar e aínda que é por asfalto a vexetación é xenerosa ás beiras.
E chegamos deseguida á Lagoa de Millares, tamén artificial. Foi construída para embalsar auga para un muíño próximo. É moito máis pequena ca outra pero tamén un importante refuxio para moitas aves.
Ao pé desta lagoa están os apartamentos turísticos "Casa de Millares" que amosan varias figuras feitas en madeira.
|
Uns curiosos cervos |
Os apartamentos están nun entorno privilexiado:
|
As orixes desta casa foron a agricultura e a gandería. |
Encantounos este tren!!!
Estes apartamentos turísticos foron unha casa de campo que ten máis de 400 anos de antigüidade.Despois de parar a contemplar tantas cousas fermosas, proseguimos o camiño pola estrada local que traíamos:
|
Contemplamos unha paisaxe eminentemente rural |
E ao pouco deixamos o asfalto para meternos á esquerda por onde nos manda o sinal.
Imos bordeando o mosteiro. Á nosa dereita está o muro do mosteiro que abarca unha boa lonxitude:
Ao rematar de bordear o mosteiro saimos á estrada e á nosa esquerda temos unha área de lecer .
Xa case chegando á vila, divisamos ao lonxe o mosteiro con prados e terras de millo:E chegamos de novo á praza do concello de onde saímos.
Fomos xantar ao bar-restaurante Real no que comemos un menú do día con moitos platos onde escoller, abundantes e lugar limpo con bastante bo servizo (tal vez, un "chisquín" lento.
Pola tarde, dedicámonos a coñecer o mosteiro, Santa Colomba das Pías e o campamento romano de Ciadella que comentarei noutra entrada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario