Hoxe visitaremos en 1º lugar Monte para baixar (quen o desexe) nas típicas cestas que fan as "carreiras de Monte"
Monte está a só 6 km. de Funchal e ademais de vehículo, tamén se pode accder en teleférico como fixeron o día antes algúns membros do grupo.
Esta vila foi no pasado un antiguo sanatorio para a alta sociedade europea.
Volvín arrepentida de non haber visitado os xardíns da "Quinta Tropical Monte Palace" xa que tivemos oportunidade de facelo a estou lendo o espectaculares que son. En fin...haberá que volver a Madeira...
O primeiro que visitamos en Monte foi a igrexa de Nosa Señora do Monte que se levanta sobre unha colina e foi edificada onde houbo unha capela no S. XV edificada por Adam Gonçalves Ferreira que xunta coa súa irmá Eva, foron os primeiros nenos nados en Madeira.
| Igrexa de Nosa Señora do Monte |
Os famosos Carros de Cesta son actualmente un gran atractivo turístico en Monte. Ao longo de 2 km. descéndese nestes carros feitos de madeira e vimbio que en tempos pasados era a solución máis rápida para baixar ata Funchal. Estes carros son conducidos por homes vestidos todos de branco e cun sombreiro de palla chamados "carreiros" que guían con precisión e frean coas súas botas de suela moi grosa para evitar que o trineo poda volcar por unhas empinadas rúas.
| Os homes esperando polos turistas cos seus carros cesta |
Foi unha boa experiencia baixar netse carro cesta!!
Despois fomos ata o miradoiro de Pico dos Barcelos dende onde temos unhas boas vistas de Funchal e as montañas circundantes.
E seguimos viaxe ata Eira do Serrado, a 1095 m. de altitude dende onde temos unhas magníficas vistas do val onde se atopa Curral das Freiras e as enormes montañas que o rodean. Aquí mesmo comemos, nun restaurante cunhas vistas espectaculares.
| Curral das freiras aló embaixo |
Curral da Freiras (valle de las monjas) está situado nun profundo val rodeado de montañas e lonxe do mar. No S. XVI chegaron aquí unhas monxas escapando do ataque dos piratas, de aí o nome do lugar. Neste lugar tan illado, os seus habitantes viven do que cultivan e algo do turismo. Son moi famosas as castañas desta zona coas que se elaboran multitude de receitas.
E de volta ao hotel, dispoñemonos a facer as maletas xa que ao día seguinte pola mañá tocaba coller o avión de volta a Galicia.
Despedímonos de Madeira, dunha viaxe inesquecible a esta marabillosa illa á que teño que volver xa que aínda que vimos os lugares máis emblemáticos e aínda que a illa é pequena ten moitísimo para ver: Teño que ir aos xardíns da Quita Tropical Monte Palace, a Machico, a Calheta e sobre todo realizar algunha ruta de sendeirismo: a que vai a Pico Ruivo (aínda que só sexa un tramiño) a do Furado, a de S. Lourenzo...en fin...moitos motivos para volver...
Fontes dixitais:
Curral das Freiras - Valle de las Monjas, Isla de Madeira (madeira-web.com)
Portugal - Guía de turismo y hoteles en Portugal (turismoenportugal.org)
Ningún comentario:
Publicar un comentario