Cando empecei nesto do sendeirismo o concello de A Fonsagrada foi un dos primeiros elexidos para realizar rutas polo potencial que ten con inmensas fragas autóctonas, ríos, fervenzas, aldeas recónditas, elementos etnográficos...presentando diversas rutas de sendeirismo para desfrutar de todo eso.
Aquí deixo os enlaces das rutas feitas neste concello:
RUTA DO CASTAÑOSO
RUTA DOS PINTORES
FORNO DO BÓLO +SEIMEIRA DE VILAGOCENDE
PENA GUÍMARA
Hoxe volvín á Seimeira de Vilagocende pero non para ir e volver polo mesmo camiño, senón para realizar unha ruta circular que anunciaban nas redes sociais e que me pareceu marabillosa. Agora o vou narrar.
Características desta ruta:
Lonxitude: 6,5 km.
Dificultade: Moderada xa que ten unha baixada con moito desnivel, aínda que curta. Tamén ten, cerca da seimeira, un pequeno tramo no que hai que pasar con moito coidado sobre unhas pedras para non mollarse. En época de chuvias, supoño que aumentará a dificultade. O firme do chan ás veces é complicado co moitas pedras... A mín particularmente gústanme as rutas así naturais, pero hai moitísima xente que opina o contrario, de aí o de moderada a dificultade.
Ruta circular sen sinalizar. É necesario un track O meu en WIKILOC
Descripción da ruta
Despois de aparcar o coche no lugar habilitado, empezo a baixar cara á seimeira ou fervenza ou cascada...(o termo seimeira emprégase moito en Asturias) e esta zona está moi cerca do Principado.
Vilagocende é unha aldea que pertence á parroquia de Suarna. A fervenza leva este nome. Aparcamos e partimos por un ancho camiño rodeado de piñeiros:
|
Camiño á seimeira |
Non atopamos só piñeiros, ao pouco tamén vemos bidueiras:
|
Camiño á seimeira |
E castiñeiros, e carballos...
|
Camiño á Seimeira |
Despois de pouco máis de 1km. vemos o pasamáns de madeira e entramos nun estreito e frondoso carreiro:
|
Baixada á seimeira |
A Seimeira de Vilagocende ten unha caída libre de 54 metros, unha das maiores de Galicia. As súas augas veñen do río Porteliña.
|
Seimeira de Vilagocende |
|
Seimeira de Vilagocende |
Tamén vemos esta fonte tan rústica e natural, tan fermosa.
|
Fonte |
No ano 2021 acondicionaron un miradoiro para ver a fervenza dende outra perspectiva.
Vistas dende o miradoiro:
Aloxámonos do río para introducirnos nunha fraga de carballos, castiñeiros, abelairas... Estamos en primavera e o vede invade todo.Chegamos a unha zona máis aberta, o carreiro anchea algo e desaparece a vexetación rasa.
Vemos unhas edificacións abandonadas dende hai moito tempo. Non sabemos se foron casas ou cabanas para o gando. Había outra case pegada a esta pero aínda máis tapada pola vexetación.
|
Edificación abandonada hai tempo |
Ata aquí o sendeiro viña en chao pero a partires de agora empeza a baixar e cun forte desnivel, pero dura pouco. É unha baixada curta.
|
Baixada |
Po riba, no chan hai pedras. Hai que baixar con precaución. Estamos volvendo ao río que xa oímos:
Volvemos atoparnos co río que nos recibe con esta fermosa imaxe:
Chegoá estrada e OLLO aquí!. Vexo a cinta que me vai guiando pero aquí foime moi necesario o track que seguín porque no cruce non vexo nada que me indique se debo ir á dereita ou á esquerda e de feito collín primeiro á dereita porque aínda que o track me levaba nesa dirección non era ese o camiño (que tamén valería pero indo todo polo asfalto)
Hai que pillar Á ESQUERDA e nuns poucos metros xa vexo unha ponte de madeira e o plástico que fai de sinal...É por aí!! O que ocorre é que o sinal do plástico non se ve ata que chegas case ao pé da ponte.
|
Coller á esquerda neste cruce |
Desguida vemos a ponte de madeira e o sinal de plástico que dende o cruce non se ve.
Empeza agora unha lixeira subida por un carreiro sempre entre árbores:
Só son 700 m. dunha subida que se leva moi ben á sombra, ata chegar á estrada que nos leva a Eirixín
Temos só 500 m. por asfalto e cha para chegar a Eirixín. Esta fermosa aldea pertence á parroquia de Santa Mª de Vilabol. As vistas dende aquí son espectaculares.
Aló ao fondo vemos a aldea de Naraxa que tamén pertence á parroquia de Vilabol
A aldea de Eirixín pareceume moi fermosa!! Practicamente tódalas casas son de pedra, están moi coidadas ou restauradas.
|
Hórreo en Eirixín |
As vistas dende Eirixín son inmellorables. Aquí só se respira paz, apetecía quedarse moito tempo.
Outra vista da aldea. Sorprendeume ver 7 persoas nun sitio tan pequeno e tendo en conta que debido á miña afición ao sendeirismo paso por moitas aldeas deste tipo nas que case nunca vemos a ninguén.
Por riba, falei cun matrimonio encantador, a muller nacera nesta aldea e restauraron a que foi a palleira da casa. Díxome que sempre viviran en Barcelona pero agora, xa xubilados, pasaban aquí grandes tempadas. Moi amables, mandáronme pasar á súa terraza para facer fotos e ata me afrecían algo de beber.
Ata pequena capela teñen perfectamente restaurada!!
|
Capela |
Chamoume a atención a colocación do campanario nu lado e non no frente. Díxome un home que estaba dedicada a S. Antonio.
Ao pasar polo medio da aldea, noutra casa tamén me ofreceron se quería beber algo. Vaia xente máis amable vive aquí!!
Abandono Eirixín baixando á esquerda e agora pasarei polas casas que están na parte máis baixa da aldea.
Cruzo esta finca que parece privada pero debe se un antigo camiño de paso:
Atraveso este prado no que a herba case non deixa ver o carreiro:
O carreiro ameaza con pecharse. De frente, estas vistas:
E agora, sempre baixando voume introducir nun fermoso bosque: Bosque que hai que atravesar durante uns metros:
E chego a outro lugar da parroquia de Vilabol: A Retorta. Aquí hai moi poucas casas (4 en concreto) das que só unha semella estar habitada. |
A Retorta e ponte que temos que cruzar |
|
A Retorta |
Despois de cruzar a ponte, deixamos A Retorta á dereita e empezamos un ascenso.
Subindo por aquí piqueime ben nas pernas e eso que levaba pantalán largo.
Aínda se pasa polo lado pero as silvas ameazan con cubrilo todo: Menos mal que é un traxecto moi curto. Deseguida se chega á estrada que sube ao aparcadoiro:
E vexo Eirixín aló enriba por onde acabo de pasar... |
Eirixín recibindo o sol |
Poderiase seguir pola estrada ata o aparcadoiro e aínda así merecería a pena esta ruta pero ao fondo da seguinte foto hai un cruce e nel deixamos o asfalto e pillamos á esquerda:
En pillando á esquerda, aínda temos dúas opcións e xa vemos o sinal branco e vermello e ademais levo o track. Hai que pillar á dereita de todo:
O chan é agora irregular con coios e pedras pero pódese avanzar.
Chego a un lugar onde a pesares de que son as 18:30h dun día de maio, a cámara de fotos pídemne flash. É debido a que o carreiro vai profundo, con valados e vexetación aos lados que fan a senda oscura, ás veces case tenebrosa. |
Senda "tenebrosa" |
|
Senda "tenebrosa" |
Estamos chegando á estrada de novo, pasamos por detras dunha casa e tal vez este lugar foi o peor que atopei para cruzar. A maleza xa invadía todo. Menos mal que será 50m. nada máis. Xa estou na estrada, na aldea de Vilagocende. Pillo á esquerda. O aparcadoiro está a uns 200m. Unha moi fermosa ruta pero de momento sen sinalizar e con algún tramo que, se non o remedian axiña, dentro de nada será imposible de transitar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario