luns, 23 de maio de 2022

RUTA DA CASTAÑA E DO MEL. PR-G 236 A POBRA DE BROLLÓN (LUGO)

 Hoxe fomos ata o concello lucense de Pobra de Brollón para realizar unha ruta á que lle tiña ganas dende hai tempo polos comentarios positivos que lera dela. Trátase da "Ruta da Castaña e do Mel" homologada como PR-G 236. Non sei se foi porque cando les tan boas opinións dunha ruta te creas unha altas expectativas ou porque me aportou pouco, o caso é que me defraudou e para mín non mereceron a pena as case cinco horas de viaxe en total, ida e volta. Moita pista forestal e bastante desnivel e eso que estaba o día nubrado. Non me quero imaxinar baixar aquela longa pista forestal debaixo do sol porque alí non dá a  sombra.

Enfín que ten cousas aproveitables como tódalas rutas e fermosas, claro que sí, só que eu esperaba moito máis.

Características da ruta:

Lonxitude: 12,3 km. (Realmente é sobre un km. menos pero nós equivocámonos nun miradoiro e fomos sobre 1 km. ao revés)

Dificultade: moderada xa que ten bastante desnivel e as súbidas son importantes.

Ruta circular perfectamente sinalizada.

O meu track en WIKILOC: 

Descripción da ruta

Partimos da fermosa aldea de S. Xoán de Salcedo, parroquia do concello de Pobra do Brollón. Esta aldea sí que nos gustou moito, sobre todo polas casas tradicionais das aldeas galegas en pedra con balcóns de madeira que aínda se conservan.

É grande esta aldea e no psado chegou a ter 600 habitantes según nos dixo un veciño. Hoxe conta con apenas 100.

É moi popular o seu Entroido co famoso oso de Salcedo. É unha máscara característica desta parroquia e remeda o momento no que o oso sae da súa oseira trala hibernación, simbolizando deste xeito o comezo do ciclo agrícola anual.

Un veciño disfrazado con peles de animal a semellanza dun oso percorre as rúas da aldea na compaña de "criados" asustando aos viandantes, aos que intenta manchar coas poutas cheas de feluxe.

Saimos pois desta fermosa aldea:

Salcedo

 O comezo oficial da ruta está xunto ao Museo Etnográfico:

Museo Etnográfico
Partimos entre prados e árbores froiteiras:


No cruce que vemos, nós collemos á dereita pero se fose agora pillariamos á esquerda e volveriamos polo mesmo sitio para evitar as longas pistas forestais polas que imos ir.

De momento, o camiño é fermoso con tanta árbore.

 Pero agora entramos nun espazo máis aberto que se nos fai monótono e nos cansa.
 
E grazas que non había sol senón sería moito peor, por aquí non dá a sombra:
 
O único que compensa son as vistas dende o 1º miradoiro. Por esa pista que se ve teremos que baixar.
Vistas

Deseguida chegamos ao Miradoiro de Pena dos Pasos.

Dende este miradoiro as vistas son practicamente as mesmas que dende o anterior. Aí mesmo vemos unha cerdeira brava.

Vemos unha alvariza: un lugar pechado de pedra para protexer as colmeas do ataque doutros animais. Esta aínda está en activo.
Alvariza

Seguimos baixando
 
Vemos pizarra nas paredes e nas beiras do chan.
 
OLLO! Nós aquí (Por ir de cháchara) erramos no percorrido, subimos esas escaleiras que se ven e andivemos ao redor de 1km. ao revés, ata que nos demos conta e tivemos que voltar sobre os nosas pasos. Por aí si que hai que ir, pero máis tarde. Primeiro baixaremos ata o río.
 
A ruta está moi ben sinalizada. Agora imos á dereita.
 
Agora a paisaxe mudou completamente ao ir por sendeiro e cara ao río.
 
Atravesamos o río Loureiro por esa ponte que vemos.

Introducímonos agora no Souto de Paramedela xestionado pola Xunta de Galicia. Hai máis dunha década que se levou a cabo o proceso de recuperación do bosque. Elimináronse as árbores que había e que eran axenas ao souto como piñeiros e chopos e conserváronse especies autóctonas como carballos, cerdeiras e sobreiras. 
A  subida dende o río ata o sequeiro é curta pero moi pronunciada.
Souto de Paramedela

Este camiñoformaba parte dunha antiga vía de comunicación entre a Pobra de Brollón e Folgoso do Courel

Restaurouse un antigo sequeiro. Un sequeiro é unha construcción de pedra situada nos soutos para secar e almacenar as castañas. 
O sequeiro no souto

Unha vez recollidas as castañas, depositábanse no piso superior e secabánse pola acción do fume e da calor que ascenden dende unha fogueira chamada remoleiro encendida día e noite no chan do piso inferior durante 2 ou 3 días.
A construcción ten dúas portas: unha para acceder ao lar na parte de abaixo e outra para entrar ao canizo, na parte de arriba.
(Sería necesario que rozasen a entrada ao sequeiro)
Sequeiro
 Nesta foto vemos o interior do piso inferior onde estaba o lar. No chan acendíase a fogueira ou remoleiro.
Piso inferior onde estaba o lar e se encendía o remoleiro

O piso superior chámase caniceira e está formado por táboas de castiñeiro lixeiramente separadas para facilitar o paso do fume.
Piso superior coas táboas de castiñeiro lixeiramente separadas para que pasase o fume
 
Volvemos cruzar o río Loureiro.
E agora ascendemos e apreciamos tramos labrados na propia rocha de pizarra, son surcos producidos polo tránsito de carros cargados de carbón vexetal e madeira que subían dende Paramedela ata Salcedo.
O carbón vexetal producíase en Penido e daba ocupación a veciños de Salcedo que se dedicaban a elaboralo.

 Volvemos chegar ás escaleiras anteriores onde antes nos equivocamos. Agora si, subimos por elas e netramos nun sendeiro rochoso.

Para adentrarnos despois nun carreiro con cada vez máis vexetación.

Dende o miradoiro do río Loureiro temos estas espectaculares vistas se enfocamos cara a un lado:

E estas sobre o canón do río Lor se enfocamos cara ao outro:


Sen dúbida é esta a parte que máis nos gusta da ruta, o círculo que fixemos no souto de Paramedela e esta zona.

Aínda que ás veces este tramo, que maioritariamente é de subida, presenta ás veces bastante desnivel.

O carreiro transfórmase agora nun camiño de carro. Estamos chegando á bifurcación cerca xa de Salcedo.


En lugar de ir directamente ao punto de saída, paseamos un pouco para coñecer esta fermosa aldea que mantén vivendas aínda con corredores de madeira.


 Vivendas moi, moi antigas que se mesturan con outras máis modernas.

Xantamos na "Cantina de Julia", onde a pesares de chegar ás catro da tarde nos serviron de comer sen ningún problema. Este é un bar-restaurante de aldea sinxelo, entrañable e moi limpo onde comemos estupendamente.



Ningún comentario:

Publicar un comentario