O sábado tocaba cambiar de hotel. Xa nos íamos dirixir cara a España e durante ese percorrido en bus visitamos as localidades de Castelo Vide e Marvao pola mañá.
Castelo de Vide pertence ao distrito de Portalegre na rexión do Alentejo. En portugués Alentejo significa "além" (máis aló) e "tejo" (Tajo) É dicir é a rexión que está máis abaixo do río Tajo.
A localidade é un retorno ao pasado e as súas estreitas rúas con casas encaladas e a súa antiga xudería, condúcennos ao máis alto da colina onde se atopa o seu castelo medieval.
A igrexa matriz de Santa Mª da Devesa nas súas orixes foi un pequeno templo do S. XIV. A actual é do S. XIX e mestura estilos barroco e neoclásico. Está na Praza de Don pedro V
|
Igrexa de Santa Mª da Devesa. |
Subimos polas rúas empedradas e estreitas do barrio gótico:
E chegamos ao castelo que foi contruido polo rei D. Dinis e o seu irmán Afonso
A visita ao castelo e libre e gratuita. Dentro do castelo hai un acceso ao burgo medieval do que percorremos un curto traxecto xa que en Castelo Vide a visita foi demasiado curta.Vists de Castelo de Vide dende o castelo.
Ao baixar do castelo vimos o barrio da Xudería
Baixando ao barrio da Xudería A antiga Sinagoga hoxe convertida nun museo.
Marchamos de Castelo de Vide con ganas de voltar xa que aquí estivemos demasiado pouco tempo para desfrutar desta vila.
Web consultada:
https://www.viajesyrutas.es/2020/04/que-ver-en-castelo-de-vide.html
Para ver outras localidades de Portugal pincha no nome delas:
A continuación fomos ata MARVAO que está moi cerca.
Ao igual que Castelo Vide, Marvao pertence ao distrito de Portalegre na rexión do Alentejo. Ten cerca de 600 habitantes e está tan só a 10 km. de España, moi cerca de Valencia de Alcántara onde imos xantar.
Gustáronme moito tódalas aldeas e vilas visitadas pero Marvao namoroume! É unha vila preciosa!!
Portas polas que accedemos ao recinto amurallado de Marvao:
Imos cara ao castelo que, coma todos, está na parte máis alta da vila: Unha rúa de Marvao:
A estrátexica situación desta vila fixo necesario a creación dun sistema defensivo para protexer a poboación dos continuos ataques castelás. De aí o castelo e as murallas.
As vistas dende o castelo son espectaculares. Tódolos castelos, ao estar situados en sitios altos teñen vistas espectaculares pero, para mín, a paisaxe que se domina dende este castelo de Marvao é unha preciosidade. Máis vistas espectaculares. O castelo é unha das fortalezas máis impresionantes de Portugal. Construido no S. XIII foi remozado completamente no S.XVII Dende a Torre da Homenaxe as vistas impresionan!
Os xardíns de Santa Mª que vemos están xunto á igrexa do mesmo nome que hoxe funciona como un Museo. |
Xardíns de Santa Mª co castelo de fondo. |
Igrexa de Santa Mª:A mellor maneira de coñecer Marvao é pasear polas súas empedradas rúas.
Web consultada: https://guias-viajar.com/viajes-portugal/alentejo-marvao/
Para ver as outras aldeas e vilas visitadas en Portugal, clica derriba do nome de cada unha:
Ningún comentario:
Publicar un comentario