Despois de pernoctar no Hotel Triana en Miajadas, concello que pertence á provincia de Cáceres, hoxe domingo, último día da nosa viaxe imos parar en Plasencia, cidade situada ao norte de Extremadura dentro da provincia de Cáceres.
Para ver os lugares que visitamos en días anteriores, pincha derriba dos nomes:
MONSANTO
PENHA GARCÍA
SABUGAL
SORTELHA
CASTELO VIDE
MARVAO
CÁCERES
O municipio de Plasencia ten cerca de 50000 habitantes e foi fundada polo rei Alfonso VIII de Castela no S. XII. Quixo crear un importante núcleo de poboación que fixese frente aos musulmáns, situados ao sur e que limitase o territorio ao rei cristiano de León que reconquistaba as rexións do oeste peninsular. O seu conxunto histórico está declarado BIC (Ben de Interese Cultural)
O primeiro que vimos foi a Catedral que realmente son dúas ensambladas nunha. A Catedral Vella segue un estado de transición do románico ao gótico como podemos ver na seguinte foto coa portada románica e o rosetón gótico. Esta fachada empezouse a construir no S. XIII e rematouse no XIII.
Na Catedral Vella atópase o Museo Catedralicio, que conta cunha colección importante de pinturas, esculturas e elementos relixiosos dos séculos XV ao XVII.
Pola porta da Catedral Vella entramos para ver a exposición Las Edades del Hombre. Eu personalmente mirei moito máis para a catedral que para a exposición, que tapaba moitos recunchos fermosos do templo.
|
Fachada da catedral vella |
A Catedral Nova empezu a construirse a finais do S. XV e rematouse a mediados do XVI Ten dúas fermosísimas fachadas renacentistas en estilo plateresco.
|
Catedral nova |
A catedral nova de Plasencia é fermosísima. E é a maior de Extremadura e a que ten maior cantidade de ornamentación.
|
Catedral nova |
A Torre do Melón, antiga Sala Capitular, segue o modelo de torres lanterna do grupo de cimborrios leoneses.
As dúas catedrais de Plasencia están sen rematar. A vella foi derribada a medias e a nova non está acabada de construir.
Detalle da Torre do Melón, así chamada porque ten no pico unha bola gallada que semella un melón aberto.
A Casa do Deán na Praza da Catedral é do S. XVII. Nela destaca o balcón en ángulo con columnas corintias e o escudo tamén en ángulo.
|
Casa do Deán |
O centro da vida social de Plasencia está na súa Praza Maior.
A Casa Consistorial atópase nesta praza. Ten adosado un edificio que lle resta valor e fermosura xa que o do concello é do S. XVI de estilo gótico-renancentista con doble arcada.
O avó Mayorga tocando a campana é un símbolo da cidade.
Co bo tempo as terrazas énchense de xente. Nós tamén tivemos a oportunidade por dúas ocasións de facer o mesmo.
O Pazo dos marqueses de Mirabel atópase na Praza de S. Nicolás Este pazo foi o Cuartel Xeral e Casa Mater dos Zúñiga e foi construido no S. XV a instancias de D. Álvaro de Zuñiga que acababa de ser nombrado Duque de Plasencia polos Reis Católicos.O pazo atópase pegado á Igrexa e Convento de Santo Domingo (Actual Parador Nacional)
|
Praza de S. Nicolás e Pazo dos marqueses de Mirabel pegado ao convento e igrexa de Santo Domingo |
A Casa dos Zúñiga foi moi influente nos S. XIV, XV e e XVI. A esta familia se deben numerosas obras civís e culturais. Este é o edificio civil máis importante da cidade.
Actualmente o pàzo pertence á familia Falcó depositarios do título de Marqueses de Mirabel sendo a titular actual Alejandra Falcó e Girod pola cesión de su pai o famoso Carlos Falcó, V marquús de Griñón e XIII de Mirabel.
|
Pazo de Mirabel |
Detalle da igrexa de Santo Domingo e ao fondo o convento, convertido hoxe en Parador de Turismo.
Na Praza de S. Nicolás temos tamén a igrexa do mesmo nome. A Igrexa de S. Nicolás é do S. XIII e foi unha das primeiras da cidade. Era de estilo románico tardío pero debido á remodelación do S. XV agora é de estilo gótico.
Plasencia foi unha cidade amurallada e actualmente aínda conserva parte dela.
Unha rúa de Plasencia
Un dos legados máis importantes á cidade de Plasencia foi o asentamento do pobo xudío
Según o fuero que o conquistador Alfonso VIII no ano 1186 otorgou a Plasencia, esta cidade xa contaba cunha prolífera comunidade xudía cando foi fundada. O barrio xudío de Plasencia concentrábase en casas ao redor da xudaría da Mota. Hoxe gran parte dese espacio ocúpano as escaleiras e a fonte da praza de San Nicolás.
Este barrio xudío de Plasencia destacaba na cidade pola súa riqueza.
A xudaría da Mota desaparece en 1477 cando os condes de Plasencia confiscan o espazo ocupado polo barrio xudío, sinagoga incluida, para ampliar o actual Palacio de Mirabel, que era a súa residencia. É entón cando o convento de Santo Domingo e a igrexa pasan a ocupar o lugar onde ata entón estaba o templo xudío.
Tras esta expulsión da Sinagoga vella e da xudaría da Mota, os xudíos volven agruparse e forman unha nova xudaría na Praza de Ansano e crean unha nova sinagoga onde agora está o Pazo de Carvajal, actualmente convertido nun hotel.
No lugar onde se ubica este pazo estaba a sinagoga que funcionará só 20 anos, ata que os xudíos son expulsados definitivamente en 1492.
A escultura que vemos en 1º termo foi realizada no 2010 por Antonio Morán e chama moito a atención. É a 3ª dunha secuencia de 5 esculturas.
|
Pazo de Carvajal ao fondo e a escultura chamada "Escena 3" na Praza Ansano |
Atopamos placas nas rúas que indican onde no pasado houbo unha casa xudía:
A Rede de Xudarías de España ten como obxectivo a defensa do patrimonio urbanístico, arquitectónico, histórico, artístico e cultural do legado xudío en España.
Está composta polas cidades de: Ávila, Barcelona, Besalú, Cáceres, Calahorra, Castellón de Ampurias, Córdoba, Estella, Gerona, Hervás, Jaén, León, Lucena, Monforte de Lemos, Oviedo, Palma de Mallorca, Plasencia, Ribadavia, Segovia, Sevilla, Tarazona, Toledo, Tortosa e Tudela.
E así remata a nosa visita a Plasencia, unha cidade que sen ningunha dúbida vale moito a pena polos seus monumentos, sobre todo as impresionantes catedrais, e polo seu pasado histórico que se palpa en cada rúa e monumento que vemos.
Webs consultadas:
https://plasenciaturismo.es/que-ver/juderia
https://guias-viajar.com/espana/extremadura-fotos-monumentos-plasencia/
Ningún comentario:
Publicar un comentario