Sortelha é unha pequena aldea que pertence ao concello de Sabugal onde acabamos de estar e ao Distrito de Guarda.
É unha pequena aldea medieval fortificada incluida dende 1991 no programa "Aldeias históricas de Portugal"
Todas as aldeas que imos vendo teñen un castelo na súa pare máis alta e esta non ía ser menos. Camiño dese castelo vemos primeiro a Torre do reloxo que non é medieval nin moito menos. Foi construida en 1973 pola vila de Sortelha e serve como excelente miradoiro pero cunha curiosidade: non ten burato orientado para aldea histórica xa que os seus habitantes non quixeron contribuir a pagar a obra. Está situada fóra das murallas, un pouco antes do castelo.
Torre do Reloxo Camiño ao castelo vimos rochas con formas peculiares: |
A foto seguinte é tomada xa dentro do recinto amurallado da aldea. Pola porta que vemos, entramos. Chámase "Porta da Vila". O monumento que vemos na parte dereita, ao pé da porta é un viacrucis.
Porta da Vila de entrada á aldea histórica. |
Castelo e casa nº 1 |
A casa que vemos en 1º termo é a chamada Casa nº 1 que recibe este nome por unha inscripción que aparece nunha das súas portas e podía ser perfectamente a máis antiga xa que data do mesmo século que o castelo, do S. XIII.
Sortelha é moi pequena. A que vemos é a rúa principal. Pasear por aquí dá unha sensación de calma e paz incribles. Só estaba o noso grupo, o único que rompía a tranquilidade no día de hoxe.
Vemos as casas de pedra perfectamente rehabilitadas e as rúas empedradas.
Vemos unha casa árabe cunha ventana en estilo Manuelino
Casa árabe |
Detalle da ventana en estilo manuelino:
No Largo do Pelourinho vemos a Antiga Casa da Cámara e Cadena do S. XVI ou o que é o mesmo, o concello no piso superior e o cárcere no inferior. Tamén vemos o pelourinho ou picota, ao igual que nas aldeas que levamos vistas.
Aquí temos a subida ao castelo: Ao pé das escaleiras vemos outro viacrucis.
O castelo domina toda a paisaxe circundante e as murallas envolven dentro as casiñas de pedra.
Os habitantes de Sortelha na actualidade viven fóra da aldea histórica porque esta quedou totalmente abandonada e deshabitada. Foi a iniciativa "Aldeias Históricas de Portugal" a que a rescatou das cinzas, restaurándoa de xeito que non perdeu nada do seu aspecto medieval.
Extramuros viven os habitantes de Sortelha |
A igrexa matriz de Sortelha está dedicada a Nosa Señora das Neves e ao logo dos séculos foi sofrindo numerosas tranformacións.
Igrexa de Nosa Señora das Neves |
Unha das portas de entrada na muralla, a Porta Nova da Vila.
Porta Nova da Vila |
Realmente semella unha aldea fantasma xa que lle falta a vida. Actualmente só lla dan os turistas que chegan aquí coma nós.
Unha rúa de Sortelha |
Webs consultadas:
https://viajeconpablo.com/sortelha-portugal/
https://www.vortexmag.net/es/los-12-mejores-sitios-que-ver-en-sortelha/
https://miscastillos.blog/2018/03/21/castelo-e-cerca-urbana-de-sortelha/
Ningún comentario:
Publicar un comentario