Por 2ª vez imos ás Fragas do Eume a facer unha ruta. Eu teño que dicir que nestas famosísimas fragas existen varias rutas, nós só fixemos dúas e a mín personalmente gústanme bastante máis outras rutas que levamos feitas. Non sei...a mín paréceme que moita xente vén aquí atraída pola fama que teñen e poucas máis rutas fan e entón non chegan a descubrir outros lugares que ten Galicia igual ou máis fermosos.
Hoxe fomos polo Camiño Vello, por onde se accedía na época Medieval ao Mosteiro de Caaveiro.
CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 7km.
Dificultade: fácil
Ruta circular ben sinalizada.
DESCRIPCIÓN:
A ruta arranca dende a igrexa de Santiago, ao lado do Museo Etnográfico en A Capela.
A situación, AQUÍ
Deseguida nos adentramos no bosque:
A vexetación autóctona vai ganando terreo e chegamos ás beira do río Sesín(principal afluente do Eume)
Por un camiño empedrado, chegamos ao Mosteiro de Caaveiro:
Despois de facer un descanso desfrutando do entorno do mosteiro, continuamos polo Camiño vello agora subindo entre carballos. Despois camiñaremos uns 200m. por asfalto e visitamos o Parque Etnográfico do Río Sesín que é todo un placer para os sentidos, xa que atopamos preciosos rincóns con muíños restaurados e canles de auga no medio dunha exuberante vexetación de ribeira.
Algo máis adiante cruzamos unha ponte medieval.
Pois tenche boa pinta ise percorrido...
ResponderEliminarPerdoa que reponda agora dende maio que fixeche o comentario pero acabo de velo. Ese percorrido, efectivamente, é fácil, curto e fermoso. Agora activei que me cheguen as notificacións ao correo, non me dera conta e non tiña activada esta función.
Eliminar