Esta vai ser a 3ª ruta que facemos neste concello coruñés de A Capela. As dúas anteriores foron estas:
CAMIÑO VELLO- RÍO SESÍN (FRAGAS DO EUME)
CANÓN DO EUME (FRAGAS DO EUME)
A Capela pertence á Comarca do Eume xunto con As Pontes, Monfero, Cabanas e Pontedeume que é a capital da comarca.
O municipio ten unha altitude media de 450 m, e está atravesada polos vales dos ríos Eume e Belelle. No val do primeiro están as Fragas do Eume. O Belelle baixa da Serra do Forgoselo.
Neste concello podemos adentrarnos nas Fragas do Eume a través das rutas que enlacei anteriormente; tamén hai rutas para coñecer o río Belelle e a Fraga de Forgoselo que visitamos hoxe.
Características desta ruta:
Lonxitude: 11km.
Dificultade: fácil
Ruta circular con varios puntos de sinalización. O meu track en WIKILOC
Descripción:
Partimos dende a igrexa de S. Boulo de Caaveiro (Parroquia de A Capela) Non chama a atención o edificio relixioso pero si uns sarcófagos de pedra que hai no adro do mesmo.
Estes son os sarcófagos que vimos. Non atopei ningunha información sobre eles.
Hai unha néboa que nos quere acompañar...
Vemos a Fonte de S. Boulo do ano 1940 e que foi rehabilitada no ano 2012. Ademais da fonte, que tamén servía de bebedoiro para o gando, hai un lavadoiro para a roupa.
Fonte de S. Boulo |
A estrada é moi tranquila pois non atopamos a ninguén.
Ao pouco chegamos ao Ameneiro, un pequeno lugar da parroquia.
A néboa, cada vez máis densa, deixa ver pouco ao lonxe....
Na Serra de Forgoselo críanse vacas e cabalos en liberdade. A carne destas vacas é moi prezada.
Durante o percorrido atopamos varios sinais indicando varias direccións: a Ruta do Pico Ventoso, a de Racamonde, Narahio...etc Cadaquén ten que saber a onde quere ir. Nós imos ata o Curro de Forgoselo que está indicado como "Lugar de Lecer"
Ningún comentario:
Publicar un comentario