Hai anos que lle tiña moita gana a esta ruta e se non a fixera ata onte foi polos comentarios tan negativos que dela lin pola rede: que si era moi perigosa, que tiña moitos pricipicios con moitas posibilidades de caer, que había que pasar agarrada a cordas e cables nalgún tramo complicado, que si unhas escaleiras totalmente verticais, que unha canle cun muro moi estreito, que non se me ocorrera facela no inverno.... Todas estás opinións foron facendo mella e meténdome medo ata autoconvercerme de que non debía ser ruta apta para as miñas posibilidades.
Pero funme dando conta de que a facía cada vez máis xente, busquei e rebusquei pola Internet lendo, vendo vídeos...penso que non me quedou nada que fixese referencia a esta ruta que eu non mirase e cheguei a conclusión de que se nunca se oira de ningún accidente nesa zona, de que a ruta se seguía facendo e de que só había que ter precaución en determinados tramos, tiña que intentalo agora ou nunca porque unha vai cumprindo anos e cada vez resultaríame máis difícil.
Tamén me desaconsellaron realizala en inverno polo tema da humidade e despois dunha semana sen chover e aínda que cunha tremendísima xeada, decidimos facela este pasado domingo, 19 de decembro e o 1º mito que vou desmontar e o de que non se debe facer en inverno xa que salvo que chova (e así non se debe facer case ningunha) é totalmente viable facela nesta estación.
Hai que ir con precaución? Si, dende logo, coma en calquera ruta destas características como a Ruta do Cares, tramos de O Camiño dos Faros, Subida a Bulnes...etc, etc...
Pode facela calquera persoa? Non. Con nenos habería que ir moi pendiente deles e non desfrutarías a ruta. Tampouco a deben facer persoas que padezan dun vértigo moi agudo ou persoas con moi pouca habilidade e/ou baixa forma física xa que hai unha subida trepando por pedras e rochas que só vale para xente acostumada a camiñar por todo tipo de sendeiros.
Dito esto, imos ir como de costume pouco a pouco vendo esta ruta que é espectacular, das máis fermosas que hai en Galicia!!
Características:
Lonxitude: sobre 12 km. Logo deixo o track pero penso que me contou algún km. de menos.
Dificultade: dificil porque é unha ruta moi técnica.
Ruta circular ben sinalizada con marcas azuis e verdes. Non está homologada.
O track en WIKILOC:
A miña valoración da ruta: 🔆🔆🔆🔆🔆
Descripción:
A ruta parte dende a abandonada Central de A Ventureira. Estamos no concello de A Capela.
A ubicación exacta, AQUÍ
Nós aparcamos o coche algo antes de chegar á ponte sobre o o Eume (Hai tamén onde aparcar algo máis abaixo, xa moi cerca da ponte pero só caben dous ou tres coches por eso preferimos aparcar máis arriba, que había sitio)
Non cruzamos a ponte, se non que baixamos cara a central por unhas escaleiras e logo empezamos a subir ao lado dunha fermosa cascada:
Empezando a ruta |
E internámonos no medio dunha preciosa fraga por un sendeiro sempre en ascenso facendo zig zag. ( 1,5 km. aprox.)
Ao chegar aos restos da antiga maquinaria da central, temos 2 opcións: coller á esquerda e o camiño parece invitarnos a eso, ou á dereita por un sendeiro apenas apreciable. Nós collemos á dereita xa que é menos perigoso facer a ruta deste xeito (logo subiremos moitas escaleiras e treparemos por rochas que é mellor facelo subindo que baixando)
Hai que fixarse porque a partires de aquí van aparecer marcas en azul e verde que serán as que nos guien e as únicas que imos atopar.
Despois de coller como dixen á dereita, ao pouco ábrese a paisaxe e temos este miradoiro natural:
Camiñaremos a media ladeira entre carballos sobre todo.
E agora empeza a tan famosa canle da que todo o mundo fala, esa que dá tanto medo, din...O medo é libre dende logo e é dificil loitar contra el, pero hei de dicir que se non queremos ir polo muro, podemos facelo a maioría do tempo por dentro da canle.
Algúns non teñen ningún problema en ir por riba do muro, outros van pola canle. |
Agora si que non hai máis remedio que baixar á canle. Esa pedra tan grande non deixa pasar polo muro. Ningún problema. Pasamos perfectamente.
O chan non está esvaradío nin dificil, non hai que chegarse á beira, só eso. |
Obstáculos que nos atopamos no camiño:
Cada vez estamos máis cerca do río. O Eume leva moi pouca auga.
E agora teremos que pasar agarrados a un cable. Este paso é algo máis complicado ca o anterior sobre todo para agarrar o cable, porque hai, xusto no inicio, un desprendemento de rochas grandes. Aquí hai que ir con moito coidado!!
Presa do Eume |
Para pillar un sendeiro á esquerda xunto a uns edificios abandonados. Na parede da última casa hai unha frechas azuis e verdes que o indican:
Cascada de Morixoso |
Despois de ver a fervenza temos que volver sobre os nosos pasos uns metros para tomar un sendeiro indicado con marcas azuis. É estreito, con moitas rochas e pedras grandes, hai que trepar agarrándose e aínda que nós subimos despacio sen problema non serve para calquera persoa:
O de trepar é literal:
Se miramos para atrás, a paisaxe é cautivadora:
Agora os toxos e grandes rochas son os protagonistas. OLLO: nese bolo granítico que se ve hai que torcer á esquerda. Está sinalizado na mesma pedra pero non o vimos e andivemos uns metros máis para adiante ao revés.
Teixido |
Tuberías da antiga central |
Ningún comentario:
Publicar un comentario