O concello de Xove, na Mariña luguesa, parece que está apostando polo sendeirismo. Esta ruta xa existía e de feito eu realiceina cos meus alumnos varias veces hai uns anos. ( A última vez, hai uns 5 anos) e hoxe leveime unha grata sorpresa xa que a sinalizaron moito mellor, engadiron máis valados de madeira, acondicionaron tramos que estaban en mal estado...se a esto sumamos a Senda Costeira que tamén acondicionaron hai pouco, temos un concello ao que hai que dar parabéns por poñer en valor en ensinar os seus recursos naturais.
O concello de Xove é un dos 16 municipios que forman parte da Mariña de Lugo. Está formado por 8 parroquias e conta cunha poboación que non chega aos 4000 habitantes. Bañan o concello os ríos Guilán e Rigueira. Á beira deste último, camiñarei hoxe.
A ruta da Senda Costeira, pódese tamén ver neste mesmo blog, AQUÍ
E AQUÍ
Vou entón coa ruta de hoxe que é a dos Muíños. Unha ruta na que, como o nome indica, imos ver bastantes muiños á beira do río Rigueira e tamén moitas pontes. Remataremos nun lugar emblemático como é a igrexa de S. Miguel da Rigueira. Unha ruta moi fácil e fermosa.
O track en WIKILOC
A ruta empeza AQUÍ
Características da ruta:
Lonxitude: 6 km.
Dificultade: Fácil
Ruta lineal ben sinalizada.
Descripción:
A Ruta dos Muíños transcorre pola parroquia de S. Miguel de A Rigueira. Empeza no lugar de Rego Sangüento.
Como se ve na foto, hai pouco que puxeron carteles informativos. Tamén colocaron novos valados de madeira e bancos e papeleiras.
|
Aquí empeza a ruta. |
Ao fondo, a aldea de Rego Sangüento. Tamén vemos a vía de altas prestacións que vai a Viveiro.
O río Rigueira, duns 13 km. de lonxitude é o máis longo do concello. Nace en Penas Agudas e desemboca na praia de Lago.
Mirando á esquerda temos prados e aldeas da parroquia de A Rigueira.
Chegamos a unha estrada local que hai que cruzar, para pillar o sendeiro outra vez ao pé do río. Vemos unha pequena pero ben acondicionada área recreativa.
Cruzamos a Ponte do Bañal:
E xa estamos diante do Muíño de Abad que está restaurado e ten un fermoso entorno:
|
Muíño de Abad |
A presa do muíño:
Vin animais do máis diverso nesta ruta.
|
Parrulos e galiñas |
|
Unha cabra |
No seguinte cruce, torceremos á dereita para introducirnos na "Ruta das Fadas", dentro da mesma ruta dos muíños. Aínda que ao pé do río a maioría son árbores autóctonas, tamén aparece algún eucalipto.
Bancos e papeleiras aparecen ao longo do percorrido.
Observo como arreglaron os tramos da ruta que o precisaban:
Unha imaxe bucólica na ruta de hoxe.
Outro muíño : o do Concheiro que está en ruínas:
|
Muíño do Concheiro |
Hai máis pontes ca muíños.
Chegamos á mesma estrada que cruzáramos antes. Estamos na aldea de Tarolo
|
Tarolo |
Imos pola estrada uns poucos metros ata coller a pista da dereita. Ao comenzar a pista, temos un cartel que nos avisa de que entramos na "Aldea Máxica" , un lugar onde viven as fadas e os trasnos que son os que se ocupan de gardar o río, as plantas e os animais que viven aquí. Di o cartel que atoparemos 5 casiñas ao longo da ruta onde viven estes seres. Eu fun mirando e fixándome pero...non vin ningunha casiña. Lin por aí que un temporal as destrozara e de momento non as repuxeron.
Volvo ir pegada ao río Rigueira:
Atopamos outro muíño restaurado: é o de Penacurva
|
Muíño de Penacurva |
Un pouco máis adiante, cruzamos unha estrada local e deseguida torcemos á dereita para coller outra vez o sendeiro pegado ao río:
Os eucaliptos ameazan con invadilo todo:
Aquí hai dúas pontes, unha máis recente de madeira e a antiga, unha pedra ben grande:
A maioría dos muíños que vemos están en estado ruinoso coma este de Vilarquide
Ou este muíño de Meixide:
Abandonamos o río Rigueira e pola estrada local chegamos deseguida á igrexa de S. Miguel, coñecida sobre todo por honrar a outro santo: a S. Antón Ventureiro. Tódolos anos no mes de xuño ten lugar unha romaría neste lugar que reunía no pasado a xentes de toda a Mariña e aíndaque hoxe en día se segue celebrando non ten o esplendor que tivo noutros tempos.
A igrexa de S. Miguel é do S. XVII
Para estar nunha pequena parroquia é unha igrexa de aspecto colosal:
Ao pé da igrexa temos a Área Recreativa de A Rigueira onde se atopa o último muíño da ruta: o da Ponte do Carro. |
Muíño de Ponte do Carro |
Outra vista do muíño. Os muíños de auga aparecen en Galicia na Idade Media e foron un lugar de gran importancia social. A xente acudía coas colleitas de trigo, centeo, millo..e mentras agardaban pola moenda dedícabanse a conversar, a festexar...estas festas coñecíanse co nome de muiñada"Unha noite no muíño,
unha noite non é nada,
unha semaniña enteira
esa sí que é muiñada..."
A área recreativa foi creada no 2009 e aquí remata a Ruta dos Muíños.
Outro aspecto da área recreativa que conta co muíño de A Ponte do Carro, con bancos , mesas, asadores e un pequeno parque infantil. A igrexa vista dende a Área Recreativa.
Chamou a atención esta inmensa mansión. Foi a antiga rectoral, hoxe case en ruinas. A Casa Rectoral é inmensa así como os campos e terras que ten ao redor. Nótase ben o poderío económico que tiña a igrexa naquel tempo. Á romería do S. Antón Ventureiro acudía moitísima xente de toda A Mariña o que axudaba ao cura a enriquecerse.
Ningún comentario:
Publicar un comentario