domingo, 3 de decembro de 2023

CAMIÑO DOS FAROS. MALPICA- BARIZO (RESUMO)

O Camiño dos Faros é unha ruta de sendeirismo que une Malpica con Fisterra pola costa e transcorre por 9 concellos. Ao longo dos seus 200 km. podemos ver tódolos faros desta zona e os principais puntos de interese da Costa da Morte.

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:

Lonxitude: 14 km.

Dificultade: Media

Ruta lineal ben sinalizada.

A destacar: 

- Malpica (comarca de Bergantiños) Vila mariñeira cun porto con boas infraectructuras e  numerosos barcos de pesca.



- Pasaremos polas praias de Area Maior, Canido, Seaia, Seiruga...

Praia de Area Maior.

Praia de Beo

- Capela de S. Adrián: 

é do S. XVI pero no S. XX foi totalmente restaurada e honra a este santo que segundo a lenda salvou a comarca dunha praga de serpes. O santo pisou unha delas e as outras tiráronse ao mar converténdose en pedra.
Capela de S. Adrián do mar

- Vense varias fontes:


- Illas Sisargas: arquipélago formado por 3 illas. Na máis grande hai un faro e dise que houbo unha ermida que foi destruida polos ataques normandos.

Illas Sisargas

Imos por sendeiros pegados ao mar.

Ao fondo Barizo, onde rematamos este tramo.


A descripción da ruta con todo detalle en:

Camiño dos Faros: Malpica-Barizo

Ningún comentario:

Publicar un comentario