luns, 4 de decembro de 2023

CAMIÑO DOS FAROS: SANTA MARIÑA-FARO DE O RONCUDO (RESUMO)

 CARACTERÍSTICAS DA RUTA:

Lonxitude: 9km. aprx.

Dificultade: Media-alta

Ruta lineal perfectamente sinalizada.

Lugares a destacar: (Seguimos no concello de Ponteceso)

- Praia de A Barda: illada, rodeada de monte e totalmente natural.

Praia A Barda

- Baixadas e subidas: en tódolos tramos hai que subir e baixar. Esta ruta non é ningún paseo.

Baixadas

Subidas

- O Roncudo é unha pequena aldea cunha arquitectura coa pedra como protagonista. A gran cantidade de hórreos que existe dan fe de que, ademais do mar, estas xentes tamén practicaban a agricultura.

O Roncudo

- Faro de O Roncudo: tocounos un día de chuvia miúda e non desfrutamos como nos gustaría deste lugar onde o mar rompre con tanta forza que "ronca", de aí o nome de "roncudo". Nestes cantís danse os mellores percebes do mundo. As cruces que vemos homenaxean aos percebeiros que perderon aquí a vida.



Información máis detallada en:

Santa Mariña-Porto de Corme



Ningún comentario:

Publicar un comentario