CARACTERÍSTICAS:
Lonxitude: 12km. aprx.
Dificultade: media- alta
Ruta lineal moi ben sinalizada
A miña valoración desta ruta:🔆🔆🔆🔆🔆
Lugares a destacar:
Porto de Barizo: ao pé da praia de Barizo, porto resgardado nun entorno virxe.
Monte Nariga: ascenso complicado entre rochas polas que hai que trepar.
Miradoiro impresionante: segundo imos subindo o Monte Nariga, as vistas son espectaculares.
Dende a cima:
Formacións caprichosas das rochas: a erosión causada polo vento e a chuvia durante milleiros de anos formaron nestas rochas diferentes formas.
Faro de Punta Nariga (o 1º que atopamos): do arquitecto César Portela, entrou en funcionamento no 1998 o que o converte no faro máis novo de Galicia. A escultura "Atlante" é obra de Manolo Coia e ten forma entre un ser humano e unha gaivota.
Praia de Niñóns (Ponteceso) Praia nun entorno rural entre dous montes. Moi tranquila.
Esta ruta con máis detalle en:
Ningún comentario:
Publicar un comentario