domingo, 3 de decembro de 2023

LAGOA DE PALLARES (BARREIROS) RESUMO

 Características: 

Lonxitude: 6 km.

Dificultade: fácil. Nalgunha páxina do concello lin que a califican como moderada e non entendo as razóns xa que esta ruta ten un firme de chan moi bon, non presenta apenas desniveis e non pasa por lugares que entrañen ningún perigo.

Ruta circular moi ben sinalizada.

Deixo o meu TRACK

A destacar nesta ruta: 

- Comparte un tramo co Camiño Natural do Cantábrico.


- A Lagoa de Pallares ou Lagoa dos Patos dá nome a esta ruta:

- Vilar é unha pequena aldea moi coidada, con fermosos xardíns nalgunhas casas.

- Nesta ruta vemos cabozos estilo Mondoñedo.

- E cabozos estilo Ribadeo:

- Tamén veremos casas indianas:

- Un lavadoiro de 1911 que aproveita a auga do Rego de Esteiro:

- Atopamos nesta ruta a antiga igrexa de S. Cosme:

- O último elemento etnográfico que vemos e este pombal xa case no final de ruta:

Se queres ter información máis detallada desta ruta, pincha no enlace:

Ningún comentario:

Publicar un comentario