luns, 17 de abril de 2023

RUTA DO ESTRAPERLO+SENDA DO EO (A VEIGA)

 


Esta é a 3ª ruta que imos facer no concello de
A Veiga. A 1ª ruta realizada foi a chamada "Ría do Eo", aínda que eu prefiro chamarlle Senda do Eo. A 2ª foi unah feita aínda hai pouco: Ruta do Mazo de Meredo

Hoxe imos facer dúas rutas nunha. Son dúas rutas independientes pero que se poden enlazar moi ben facendo unha sola. 

A ruta do estraperlo fai referencia a cando este itinerario era percorrido por estraperlistas que evitaban o paso polos camiños oficiais para pasar mercadorías de Galicia a Asturias.

Características da ruta:

Lonxitude:  15 km.

Dificultade: fácil 

Ruta circular ben sinalizada pero OLLO! Hai algún cruce que pode levar a dúbidas debido a que algún sinal aparece arrancado, fóra do seu sitio.

O meu track en WIKILOC: 

A miña valoración desta ruta: 🔆🔆

Descripción da ruta:

Partimos da pequena aldea de Louteiro. Xunto á capela das Virtudes hai onde aparcar:

Capela de Nosa Señora das Virtudes
 

Por recomendación de Suso, un veciño do lugar, en lugar de baixar primeiro á Ría, collemos pola estrada cara arriba. Díxonos que deste xeito era moito máis doado o traxecto e non nos minteu. Así que dende o atrio da capela onde aparcamos, xa pillamos alí mesmo á esquerda pola estrada local.

Louteiro
A subida é lixeira. Hai pouco desnivel.
Parte alta de Louteiro

A carón de casas novas, hai tamén casas de pedra moi antigas, case en ruina. Esta da foto, recorda ás de Galicia co seu corredor.

Louteiro
 Vovendo a vista cara atrás, hai boas vistas. Ao lonxe vemos a ría.
Vistas

Atravesamos un monte por unha pista forestal.
                                                                        Pista forestal

Ao rematar de cruzar o monte, desembocamos nunha estrada con varias bifurcacións e non víamos ningún sinal. Non seguía ningún track porque sabía que a ruta estaba ben sinalizada e ao final si que atopamos o sinal pero estaba tirado e non sabíamos a dirección que tomar. Guiándonos polo sentido común, seguimos o letreiro da estrada que indicaba cara a Abres. Eu sabía que había que pasar por aí, así que seguimos cara abaixo.

É moi importante seguir sempre un track no que confiemos!!

Cruce. Hai que seguir de frente

Iremos por estrada ata Abres en descenso continuado.
Por estrada

Xa vemos o lugar de Grandamía, dentro da parroquia de Abres ou Santiago de Abres.
Grandamía

O noso percorrido é coincidente agora (dende que desembocamos nesta estrada) co Camiño de Santiago Norte ou da Costa.
Coincidimos co Camiño de Santiago
  
Menos mal que seguindo o consello de Suso fixemos a ruta deste xeito xa que non quero pensar o esforzo de subir por asfalto este tramo!
 
O Pazo do Pividal en Abres, foi edificado na 1ª metade do S. XVII aínda que as primerias referencias que hai son sobre a torre e datan do S.XV. Destaca a súa torre con almenas. É un pazo sobrio no que destaca tamén a súa fachada principal cun escudo de armas das familias Miranda, Osorio, Castrillón e Moscoso.
No 2003 foi adquirido polos actuais propietarios que levaron a cabo unha gran rehabilitación.
Pazo do Pividal

O Pazo do Pividal vese mal. Ao ser de propiedade privada non poidemos pasar da entrada que estaba pechada por unha cancela de ferro. As fotos son tomadas dende lonxe que era de onde se mellor se podía ver.
Pazo do Pividal

A igrexa de Santiago de Abres é a última parada dos peregrinos antes de entrar en Galicia. Chegou a ser un mosteiro de gran importancia. Dende o S. XVIII foi coñecida como "Templo do asilo"
Igrexa de Santiago de Abres

Dous grandes arcos se abren ao exterior na entrada principal.
Igrexa de Santiago de Abres.

Un reloxo de sol atópase na fachada da igrexa pero fáltanlle as agullas.
Reloxo de sol

Estamos en Santiago de Abres, unha parroquia do concello de A Veiga que non hai que confundir con Ría de Abres que está ao outro lado do Eo e xa pertence á parroquia galega de Trabada. O río é a fronteira natural entre Galicia e Asturias e estas dúas localidades están unha frente a aoutra separadas polo Eo.
Despois está S. Tirso de Abres que é un concello asturiano próximo.
Santiago de Abres
Imos camiño de atoparnos co río Eo. Este tramo que comenzamos para mín é o máis fermoso da ruta.

Pasamos por diante dunha fermosa propiedade chamada Canabal.
Canabal

A casa está rodeada por un fermoso xardín ás beiras do Eo.
Xardíns do Canabal

O río vai sempre á nosa esquerda.

O camiño e o río


E en lixeira e curta subida chegamos de novo a Louteiro.
Chegando a Louteiro

Ao voltar démoslle as grazas a Suso por tan bo consello que nos deu sobre o sentido en que deberiamos empezar a ruta e que foi un acerto.
Xantamos ao pé da capela dos Remedios. Aquí remataría a Ruta do Estraperlo.


Despois de comer continuamos a camiñata facendo a ruta Senda del Eo (chamada oficialmente Ría del Eo) que enlaza coa anterior. Como é circular, podemos facela en calquera sentido, nós fomos primeiro ata Miou.
Atopamos moi cerca da capela dos Remedios, este Peto de Ánimas: un pequeno santuario que acostuman a estar ubicados en encrucilladas, camiños ou xunto a unha igrexa (neste caso está ao pé dunha capela) Os Petos de Ánimas dan moita importancia ao Purgatorio (lugar a onde van algunhas ánimas antes de entrar al ceo) A finalidade destas construccións é dar unha limosna para que o finado/a poda sair dese lugar e ir ao ceo.
Peto de ánimas

Imos por estrada ata Miou, outra aldea que está a 1,5m. de Louteiro.


Miou é un lugar que pertence á parroquia de A Veiga.
Miou
Pasamos pola Casona de Trabadelo que actualmente é unha Casa de Turismo Rural e foi unha antiga casona asturiana do S. XVIII.
Casona de Trabadelo

Aspecto exterior de Casa Trabadelo:
Casona de Trabadelo

Na seguinte foto, a Capela de Miou dedicada a Santa Leocadia.
Capela de Santa Leocadia en Miou

Baixando cara á ría hai moi boas vistas da mesma, aínda que hoxe non era o mellor día para fotos.
Vistas

O río Eo case desembocando e formando a Ría de Ribadeo.
Vistas

Unha pequena área recreativa baixando. Está bastante descoidada.
Área recreativa

As canaveiras e os xuncos son as plantas predominantes neste inmenso esteiro que forma o Eo na súa desembocadura.
Inmenso esteiro de canaveiras e xuncos

Unha pasarela de madeira cruza o esteiro na parte pegada ao monte.
Pasarela de madeira
 
A pasarela remata e o camiño segue pegado ao río Eo uns metros:
Río Eo

Ao final deste paseo temos unha área recreativa nun estado deplorable:
Área recreativa

Agora toca subir por un camiño entre o monte cara a Louteiro. O ascenso é algo duro pero son apenas 700m.
Subindo a Louteiro

Xa estamos de novo na aldea de Louteiro que levamos ben coñecida xa que entramos e saimos dela por 4 camiños diferentes.

Louteiro




Ningún comentario:

Publicar un comentario