xoves, 13 de maio de 2021

SENDA DA RÍA DO EO (VEGADEO)

 Esta é unha ruta moi curtiña pero que podemos alongar saíndo dende Vegadeo ou realizando outras rutas pola zona.

Eu saín da aldea de Miau (moi cerca de Vegadeo) que se atopa nun alto e dende aí hai que baixar (podemos facelo collendo á esquerda ao á dereita) eu collín á dereita porque penso que é moito máis levadeira a subida deste xeito . Xa que se primeiro baixamos, ao ser circular, despois hai que subir. Facéndoa así, a subida lévase ben.

Baixaremos para camiñar ás beiras da ría do Eo e logo subiremos ata Louteiro, outra aldea xa moi cerca de Miou de onde saín.

Características:
Lonxitude: 3,86km.
Dificultade: fácil. Máis asequible deixando Louteiro para a volta. Hai que subir pero do xeito que eu a fixen, a subida é máis curta e levadeira.
Ruta circular moi ben sinalizada.
A pesares de que non ten perda, ao final deixo o track.

Descripción:
Aínda que a ruta oficialmente empeza en Vegadeo eu non llle vin aliciente facela dende aí xa que se trataría de subir por unha empinada estrada ( sobre 1,5km. aprox) ata chegar a Miou.
Eu empecei aquí, en Miou, unha pequena aldea nun alto dende o que se divisa Vegadeo aló no fondo do val.
Empecei a ruta AQUÍ
Miou está no alto

Miou
Dende esta aldea, temos boas vistas de Vegadeo:

Esta é a capela de Santa Leocadia, en Miou

Remata o asfalto e imos por un antiguo camiño de carro:

Observando unha preciosa panorámica da Ría de Ribadeo

Se miramos de frente, vemos ao lonxe, aldeas e montañas galegas.

Seguimos baixando e atopamos esta zona de descanso neste precioso lugar:

A ruta está perfectamente sinalizada con estas marcas brancas e azuis:

Chegamos á pasarela de madeira:

O traxecto é moi tranquilo e relaxante. Agora só vemos xuncos.
 E canaveirais:
 Agora camiñamos xa á beira da auga:
Bancos para facer un alto neste relaxante paseo.

A Ría do Eo é un dos estuarios mellor conservados e é a principal área asturiana  para hibernación e para reposo das aves migratorias.

Empezamos a subir cara a Louteiro:

Vemos unha gran diversidade arbórea:


Panorámicas que vemos na subida á Louteiro:

Xa vemos Louteiro:

É unha pequena aldea duns 40 habitantes:

Capela de Nosa Señora dos Remedios en Louteiro:

Agora iremos por estrada ata o final. Unha estrada local preciosa, aínda que sexa asfalto está bordeada por frondosas árbores e non crucei ningún vehículo.


Vexo un Peto de Ánimas. Este pequeno monumento é unha manifestación de culto aos mortos e podemos atopalos en moitas estradas e  encrucilladas en Galicia.
Os construídos antes de 1901 son considerados Bens de Interese Cultural.
A súa existenza débese á crenza da continuidade da alma despois da morte. A alma tería que pasar polo purgatorio para redimir os pecados antes de entrar no ceo, entón os vivos ofrecen esmolas para liberar a alma do purgatorio.
Os Petos de ánimas están formados por unha cavidade onde están repreentadas as ánimas do purgatorio en relevo ou pintura e un peto ou hucha para as esmolas.
Este peto ten unha cavidade cunha pintura de fondo representando as ánimas e ten tamén unha imaxe da Virxe do Carme. Alguén lle colocora unha pequena flor natural que xa estaba murcha.

Na curva  que se ve, cruzaremos o Rego de Lentoiro:
A ruta non ten perda. Está moi ben sinalizada.

Deseguida chegamos a Miou. Xa o podemos ver. Está a pouco máis de 1km. de Louteiro.

Chegando a Miou, vemos á dereita, por onde acabamos de pasar:



Estamos chegando ao remate desta ruta. Nesta encrucillada, partimos antes á dereita.

Miou
Outra vista de Miou, cunha casa vella coa típica balconada, coincidente con moitas que antiguamente había en Galicia.


A ruta en Wikiloc



Powered by Wikiloc

Ningún comentario:

Publicar un comentario