martes, 5 de xullo de 2022

SENDA DA RIBEIRA. (PR-G 203) AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ (A CORUÑA)

Esta é a 2ª ruta de sendeirismo que realizamos nete concello. A 1ª podemos vela neste enlace:

A de hoxe é unha ruta curta pero moi fermosa ás beiras do río Eume cunha exuberante vexetación e coñecendo lugares deste concello que doutro xeito seguro non faríamos.

Características da ruta:
 
Lonxitude: 7 km.

Dificultade: moi fácil.

Ruta circular ben sinalizada agás nun tramo e descuidada nalgúns en canto á limpeza da mesma a pesares de estar homologada.

Deixo o meu track en WIKILOC

Descripción:
A ruta parte do barrio máis antigo de As Pontes, o barrio de A Vila onde está a ponte máis antiga tamén: a de García Rodríguez chamada tamén Ponte Vella ou Ponte dos Ferros mandada construir por García Rodríguez no S. XV
Ponte de G. Rodríguez ou dos Ferros e barrio de A Vila

Temos que cruzar a ponte:

A Ponte de G. Rodríguez sobre o río Eume

Vexetación exuberante ao pé do Eume no barrio de A Vila:
Vexetación ás beiras do Eume

Vemos  un mural que forma parte do proxecto "As Pontes enPEZAS" . Ese proxecto trata da transformación ambiental, participación cidadá e arte público promovido polo concello de As Pontes.
Este mural está instalado no muíño de Severiano, que foi un importante torneiro e muiñeiro das Pontes. No mural tamén están representados outros torneiros emblemáticos da localidade: Lolo Castro e Fernando Vérez.
O mural é obra do artista Diego G. Cereijo
Mural de Diego G. Cereijo representando aos torneiros.

Un aspecto de A Vila, o barrio máis antigo das Pontes.
Barrio A Vila

Vemos o 1º indicador da ruta. Está xunto a un panel indicador da mesma. Collemos neste lugar á dereita.

Sinalización da ruta

E imos por unha pasarela de madeira vendo esta marabilla de paisaxe que une dúas pontes: a que acabamos de cruzar, a Ponte dos Ferros ou G. Rodríguez coa Ponte de Isabel II.
Pasarela de madeira

 Ponte de Isabel II unida á anterior pola pasarela de madeira pola que acabamos de vir.
Ponte de Isabel II

Neste cruce podemos optar por ir pola marxe dereita ou esquerda, dá igual unha ou outra xa que viremos dar a ese punto de calquera maneira. Nós optamos por ir pola marxe dereita xa que así baixaremos en lugar de subir un pequeno tramo do percorrido.


 
Atopamos un muíño abandonado.
 
Ese letreiro case oculto pola maleza é a historia de como funciona un muíño pero máis ben é lixo que afea a paisaxe.
 
A ruta non ten desperdicio do fermosa que é:
 
Vemos a Ponte da Presa de Alende construida no 1992.  Ten diversas estructuras metálicas en cor vermella que lembran a ponte de S. Francisco.

Apartándonos uns metros do percorrido vemos este monumento en granito e non atopei en sitio ningún a quen representa.

Pasaremos por debaixo da Ponte da presa de Alende e metémonos nun tramo sen rozar onde imperan as silvas e a maleza que dificultan o camiñar.


Unha paisaxe bucólica nos acompaña:
 
Unha pena que haxa que haxa que ir máis atenta a onde pisas que á fermosura da ruta:

Atravesamos o Parque do Eume, tamén coñecido como A Fraga ou A Fraga de Dona Rita porque esta era a dona do terreo. Unha fermosísima e inmensa carballeira con mesas, bancos, barbacoas e ata hai un pequeno espazo con area onde pensamos que é posible darse un baño!!
 
Unha escaleiras achégannos a este recuncho onde pensamos que debe ser posible bañarse.

O Parque do Eume ou A Fraga é un lugar idóneo para facer deporte polas varias sendas que o percorren, un lugar para desconectar e relaxarse.

Imaxes coma estas nos deixa este percorrido que aquí está ben coidado.

A uns metros da ruta oficial vemos esta estatua de bronce. Corresponde a Juan Mª Rivera Corral que naceu en As Pontes e  fundou en 1906 Estrella Galicia, un imperio empresarial a día de hoxe. Foi colocada en 1906 ao mesmo tempo que tamén se inauguraba un paseo co seu nome.
Estatua á Juan Mª Rivera Corral
 Este é o Paseo de García Corral:

O restaurado Muíño da Ribeira que según di unha placa que ten, "...foi cedido pola familia de D. José Ferro Rodeiro para uso e desfrute de aos veciños das Pontes. Xullo de 2009"
Muíño da Ribeira.

Agora saimos á estrada local DP 7004 sen apenas circulación camiñando por un paseo peatonal algo máis lonxe do río.

Pasamos ao pé da Área Recreativa da Ribeira Nova:
Área recreativa da Ribeira Nova

 E xa vemos a presa hidroeléctrica da Ribeira rematada no 1963

Pasamos este camiño
 
E cruzamos a presa do Encoro da Ribeira. Este encoro foi construido no 1961, conta cunha presa de gravedade realizada de 54 m de altura, lonxitude de coroación 280 m, regulación por comportas e que embalsa uns 33 hm³. A lonxitude do encoro é de entre 5 km y 7 km augas arriba. Actualmente ouso principal deste encoro é explotación hidroeléctrica pola empresa Endesa, outros usos son o abastecemento de auga a á vila de As Pontes e á central térmica, ademáis de uso recreativo para baño, pesca e escola de piragüismo.

Encoro da Ribeira
 Dende a presa as vistas son fabulosas.


O mural  "Sanxoaneiras" de Suk Ha, localizado no cilindro do Encoro da Ribeira é unha representación da  ampla tradición que temos en Galicia de celebrar a Festa pagana de S. Xoán, unha noite máxica  que axuda a eliminar todo o malo. A través das súas cores transmite a enerxía da natureza galega partindo dunha data tan especial para nós como é a noite de San Xoán.
Saxoaneiras, obra de Teresa Martín, alias Suk Ha

Dende o Parque do Eume ata este lugar coinciden dúas rutas: esta da Senda da Ribeira e a das Fragas de Lostegal (PR-G 147) que empeza nese parque. Aquí sepáranse. A das fragas continua polo camiño gris e nós damos a volta polo camiño de herba amarela.

Fermoso recuncho xusto a metade da ruta para tomar o noso "tentempé"
 
Agora toca baixar ata atopar o río outra vez:
 
Baixamos estas escaleiras (afoto está tomada unha vez baixadas)

E chegamos ao Eume de novo.

Esta ponte que vemos permítenos atravesar o río se queremos para ir á área recreativa de A Ribeira Nova que vimos antes dende o outro lado.
Ponte para ir á área recreativa
 
O río que sempre baixa tranquilo, aquí semella un lago do remansado que vai:
Río Eume
E chegamos a un lugar máxico!! As fervenzas das Feiticeiras chaman a nosa atención e non cansamos de facer fotos e de admiralas!! Por esta zona ao pé do río non  vemos ningún sinal e pensamos que a ruta vai algo máis arriba, alonxada do río agora.
Fervenzas das Feiticeiras.

Aquí temos que alonxarnos do río e ir por este camiño. Volvemos a ver sinais da ruta.

 Chegamos ao barrio de Cuiña.


 Agora temos que torcer á dereita polo camiño. O sinal está case tapado polo pesegueiro:

O sinal está case tapado polo pesegueiro:

 
Vemos de frente a cheminea de ENDESA, outro emblema das Pontes.

Preciosa estampa a que deixa o río coas súas árbores na Ponte de Perfolla

Agora pasamos ao pé da presa de Alende que vemos debaixo da ponte do mesmo nome:

Desembocamos deseguida na Ponte de Isabel II. Ponte popularmente coñecida como "A ponte nova", construída en 1862 para dar paso á antiga estrada de Castela . Sitúase sobre o río Eume nunha das entradas da vila pontesa. Destaca polo emprego de bos sillares de cantería en todo o conxunto. Consta de tres vanos do mesmo tamaño trazados con arcos de medio punto. 
Ponte de Isabel II ao lado dunha peonil.

Detalle da ponte de Isabel II

O mural que vemos moi cerca da igrexa de Santa Mª, xa chegando ao final da ruta, trátase de "A galiña e os pitiños de ouro" dedicado a unha das lendas máis antigas da cultura galega que narra a historia dunha moura do Monte Caxado que sae transformada en galiña durante as noites do solticio de verán (O actual S. Xoán ou noite meiga que se celebra nesta vila) É obra de Miguel Peralta
A galiña e os pitiños de ouro. Miguel Peralta

Na pequena e fermosa Praza da Igrexa está o Museo Etnográfico "Monte Caxado" inaugurado no 2019

Igrexa datada entre os seculos XVI e finais do XVIII, cunha posterior ampliación antiestética da parte frontal en 1965. Destaca a torre campanario de estilo barroco e renacentista construída en 1759, de dous corpos e remate en cúpula, con reloxo de sol. Detrás do templo hai unha pequeña praza, antigo emprazamento do vello cemiterio da vila.

Igrexa de Santa Mª e praza da Igrexa

O casco histórico de As Pontes está declarado BIC (Ben de Interese Cultural) dende 1985. É pequeno pero moi fermoso e acolledor.



Ningún comentario:

Publicar un comentario