O sábado, 18 de outubro, realizamos un percorrido polo Douro dentro dos Parques Douro Internacional (zona portuguesa) e Arribes do Douro (zona española) No 2015, os dous parques son declarados Reserva da Biosfera pola UNESCO.
Fixemos un cruceiro ambiental partindo do embarcadoiro da Estación Biolóxica Internacional situada na fronteira entre Zamora (España) e Miranda do Douro (Portugal)
A Estación Biolóxica foi creada en 2002 co apoio do ICNF (Instituto para a Conservación da Natureza e a Foresta) de Portugal e tres universidades europeas. No 2006 foi ratificada oficialmente polos Ministros de Exteriores de España e Portugal.
Este cruceiro ambiental percorre os espectaculares acantilados verticais do Douro Internacional na súa fronteira entre España e Portugal
 |
| O Douro |
Durante o traxecto en barco, unha técnica da Estación Biolóxica foinos explicando os recursoso etnográficos, flora fauna e xeoloxía dos espectaculares acantilados.
Tivemos a oportunidade de desfrutar cómodamente dunha experiencia única de interpretación medioambiental. O buque hidrográfico, está insonorizado, climatizado e integrado con tonalidades acordes coa paisaxe, cumplindo estándares internacionales de ecoturismo e educación ambiental, que tamén implican o comportamento silencioso dos visitantes a bordo.
 |
| O Douro e a espectacular paisaxe |
Vemos na foto uns muros de pedra de antigos bancais onde se cultivan vides, olivos...Hai viños con D.O Arribes.
Nas ladeiras dos acantilados medran tamén as aciñeiras, sobreiras, alvedros, espiños...etc.
 |
| Ladeira dun acantilado |
A diversidade animal é un dos motivos máis importantes polos que Arribes se declarou parque natural. Destaca o elevado número de aves, tanto nidificantes como invernantes.
 |
| Voitres, aló no pico da pena. |
Hai cegoñas negras, voitres, aguias, mouchos, falcóns, garzas, cegoñas brancas...etcAs actividades ecoturísticas da EBI son as únicas de Castela e León e Norte de Portugal recoñecidas na Unión Europea pola E.E.N. —European Ecoturism Network— e as primeiras de toda España en recibir a Certificación de Turismo Familiar xunto ao Museo Thyssen-Bornemisza, a Cidade de Toledo e o Val de Arán. Os seus buques hidrográficos recibiron o 1º Premio Nacional de Turismo e a Medalla Nacional ao Mérito de Portugal polos seus proxectos de ecoturismo e investigación.
Liques nas rochas que indican a calidade do aire. Aquí é excelente claro, non hai contaminación e por eso medran estas especies vexetais.
No lado dos acantilados portugueses hai máis vexetación. Eso depende das condicións do clima: horas de máis ou menos sol, exposicións aos ventos...

Unha illa artificial flotante para control de plancton e micro plásticos.
Xa chegando ao final do percorrido vemos alzarse a Sé ou catedral de Miranda do Douro que está moi cerquiña.

MIRANDA DO DOURO
Esta cidade ten un caracter propio porque ata ten un idioma de seu (o mirandés), unha sé ou catedral impoñente nun lugar tan pequeno, a presenza do Douro cos seus impoñentes canóns que se poden contemplar dende varios miradoiros...unha visita case obrigada!!
Que vimos en Miranda do Douro?
PRAZA D. JOÂO III
É o epicentro da localidade, unha praza que a min gustoume moito. Na foto vemos unha escultura duns mirandeses, un home e unha muller cos traxes típicos. O edificio dos arcos é o Museo da Terra de Miranda.
 |
| Escultura dos mirandeses na praza D. Joâo III |
Na foto seguinte, vemos á dereita a Cámara Municipal ou Concello.

A CATEDRALA poucos metros da praza anterior atopamos a Sé ou Catedral que realmente non é tal. Foi catedral ata 1780, ano no que a sede episcopal foi trasladada a Braganza. Actualmente está catalogada como concatedral.
Dentro da concatedral pódese ver o Menino Jesus da Cartolinha. Trátase dunha talla duns 40 centímetros que representa ao Neno Xesús, pero cun vestiario totalmente laico que vai cambiando ao longo do ano. Esta figura converteuse no símbolo de Miranda do Douro e a lenda di que se lle apareceu ás tropas portuguesas para darlles valor e forza cando a cidade estaba asediada polo Exército español. Outra lenda ten máis que ver coa forma na que está vestido. Dise que un xoven oficial portugués de Miranda estaba a punto de casarse cando morreu na batalla contra as tropas españolas. Para honrar a súa memoria, a súa noiva ofreceu á figura do Neno Xesús o uniforme que ía lucir o seu futuro marido o día da voda.
O Meninho Xesús da Cartolinha
MIRADOIRO DA SÉDetrás da catedral temos o miradoiro que permite contemplar o acantilado dos liques e o lugar onde embarcamos para o cruceiro ambiental.
 |
| Vistas dende o Miradoiro da Sé |
RESTOS DO CASTELO Data do S. XIII e foi desmantelado durante a Guerra dos Sete Anos no S. XVIII. |
| Restos do Castelo de Miranda do Douro |
A explosión de máis de 17000 kilos de pólvora (S. XVIII) que se gardaba no interior do castelo levou pordiante a construcción e a morte de centos de persoas.
 |
| Restos do Castelo de Miranda do Douro |
Poucos restos se conservan do que foi un impoñente castelo.
 |
| Restos do Castelo de Miranda do Douro |
MIRADOIROS
Os Arribes do Douro distínguense, tanto na vertente española como na portuguesa, polos miradoiros para "embobarse" mirando ao Douro dende distintas perspectivas, todas elas moi fermosas para ver o río deslizarse entre os incribles acantilados. Pero ademais dos coñecidos miradoiros, eu descubrín un novo, inaugurado en decembo do 2024:
Atopei un miradoiro mentras visitaba o castelo, a verdade é que eu visiteino mentras esperabamos polo autobús e atopeime alí sola; non vin a ninguén do grupo aínda que o castelo está a uns 100m de onde agardábamos. Vin que había xente no alto dun miradoiro, busquei a entrada e dando a volta á torre atopei esta pequena porta que leva a unhas escaleiras de caracol moi cómodas polas que subín ata arriba de todo. Non se ve o Douro, pero si magníficas vistas de Miranda e os seus arredores.
Non sei nin se ten nome, eu vou chamalo :
MIRADOIRO DO CASTELO
Este miradoiro foi inaugurado no 2024 e debe ser moi pouco coñecido aínda, custoume moito atopar información sobre el.
 |
| Vistas dende o Miradoiro do Castelo |
O miradoiro é o resultado do aproveitamento dun antigo reservoiro de auga. Vense os restos do castelo e o edificio dun museo.
MIRADOIRO DO ENCORO
Punto para observar o encoro do río.
MIRADOIRO DE PENEDO AMARELOÉ un miradoiro urbano situado na parte baixa da cidade cunha plataforma de madeira que permite ver os acantilados dos liques
MIRADOIRO DA FRAGA DO PUIO DE PICOTE É un dos miradoiros máis visitados e coñecidos. Para chegar a el, atravesamos a aldea de Picote onde se produce un caso lingüístico excepcional dentro de Portugal, debido a que é un lugar no que se emprega o mirandés (deriva do leonés) tamén chamado na localidade picotés, que é coñecido e falado por tódolos seus habitantes. É unha lingua cooficial co portugués que tamén se fala noutras localidades do municipio de Miranda do Douro e en Mogadouro e Vimioso. 
Encantoume tamén esta aldea de Picote que conserva as vivendas tradicionais e as rúas empedradas.

En agosto de 2017 un incendio que afectou ao parque natural do Douro Internacional chegou á freguesía de Picote e as chamas estiveron a punto de arrasar a pequena aldea de Picote. O lume quedou a escasos metros do núcleo urbano e devastou por completo o antigo miradoiro da Fraga do Puio que era unha atalaia sinxela cun balcón de madeira que se asomaba ao canón do Douro.
A Câmara Municipal de Miranda do Douro decideu facer un miradoiro totalmente diferente e rompedor. O obxectivo consigueuno con creces en 2019. O miradoiro de Picote é hoxe un balcón totalmente acristalado tanto na base como nos laterais, que está literalmente suspendido no aire. A visión do canón do Douro é máis completa e impactante.
Miradoiro de Picote
Vistas ao meandro que forma o río. Frente a nós, do outro lado do río, a provincia de Zamora. A paisaxe é moi agreste con moita rochas e matorral baixo con ausencia de ningún tipo de cultivo.

Na entrada á aldea xa vemos o asfalto, pero conservando os antigos muros de pedra seculares que dividen as fincas de oliveiras.
Ao fondo da foto e xa a piques de abandonar Picote, vemos a capela do Santo Cristo. |
| Capela do Santo Cristo |
Páxinas web consultadas:https://duerodouro.org/espacio-de-ecoturismo/crucero-ambiental-arribes
https://viajeconpablo.com/https://es.wikipedia.org/wiki/Picote_(Portugal)
ZAMORA
O domingo, xa camiño da casa, paramos en Zamora. Xa o fixeramos noutra ocasión, cando tamén volviamos de Portugal (de visitar aldeas históricas) e de terras extremeñas (Cáceres e Plasencia) Foi no ano 2022.
Como o que visitamos desta vez foi máis ou menos o que víramos daquela outra vez, non vou relatar outra vez o mesmo, senón poñer o enlace á publicación que fixen daquela: