FERVENZA E MUÍÑOS DE BERMUI OU DAS PAINCEIRAS
Este blog crease para ir mostrando rutas de sendeirismo de dificultade baixa e /ou media-baixa e tamñen teñen cabida outras viaxes realizadas. Rutas por Galicia e Asturias que non sobrepasen os 15/20 km. de lonxitude para que as podan realizar persoas que non necesiten estar en ningunha especial forma física.
Páxinas
- Inicio
- O XISTRAL
- O CAMIÑO DOS FAROS
- OS OSCOS
- CAMIÑO PRIMITIVO
- CAMIÑO NATURAL DO CANTÁBRICO.
- RIBEIRA SACRA
- MARIÑA LUCENSE
- RUTAS COSTEIRAS. PROV. A CORUÑA
- RUTAS SEMIFLUVIAIS
- MÁIS DE 10KM
- RUTAS DE MENOS DE 10KM.
- ASTURIAS
- PROV. OURENSE
- PROV. PONTEVEDRA
- PROV. A CORUÑA
- PROV. DE LUGO
- FERVENZAS
- RUTAS DE MONTAÑA
- Rutas circulares
- RUTAS LINEALES
- RUTAS DE INTERIOR
- Rutas fluviais
- OUTRAS VIAXES
- RUTAS COSTEIRAS
- O COUREL
Buscar en Rutas de Sendeirismo
domingo, 5 de novembro de 2023
FERVENZAS E MUÍÑOS DE BERMUI E DE SOMEDE (AS PONTES)
xoves, 2 de novembro de 2023
AO REDOR DE CEDEIRA
Hoxe, 1 de novembro, anunciaban un tremendo temporal de vento e chuvia para toda Galicia, a partires sobre todo da tarde, así que preparar unha ruta para este día era algo arriscado. Non podía organizar ningunha onde houbese ríos xa que, debido á chuvia destes últimos días, moitos deles baixaban desbordados; tampouco podía ser unha ruta moi longa xa que queríamos estar no abrigo cando o temporal aparecese, non podiamos comer de bocadillo porque o día non ía estar agradable para eso, así que optei por unha ruta curtiña e costeira.
Fomos ata o concello de Cedeira para realizar unha ruta ao redor da vila. Case todo o que vimos eu xa o coñecía doutra viaxe (non ruta) que fixera no ano 2021 no que percorréramos os miradoiros e faros máis coñecidos do municipio e que se pode ver AQUÍ
Cedeira é un concello da provincia de A Coruña e que pertence á Comarca de Ferrol.
Hoxe fixemos unha ruta moi curta pero interesante que condensa en poucos km. moitos lugares moi fermosos e históricos.
Características.-
- Lonxitude: 5,6 km.
- Dificultade: Fácil
- Ruta circular sen sinalizar aínda que bastante intuitiva. O meu track en WIKILOC
A miña valoración desta ruta:🔆🔆🔆🔆🔆
Descripción:
Iniciamos a ruta no Paseo da Marina, na vila de Cedeira. É un curto paseo ao pe da ría que é a máis pequena da provincia de A Coruña.
| Paseo da Marina e Praia da Magdalena |
O río Condomiñas é un dos tres que forman a ría de Cedeira e atravesa esta vila dividíndoa en dúas partes.. Na seguinte foto vemos unha das ponte que o cruza.
| Paseo da Marina. |
| Museo "Mares de Cedeira" |
Aquí vemos o monumento á muller do pescador. A placa que leva debaixo di: "A Cofradía de Cedeira á muller do pescador, no traballo e na vida, compañeira" Foi colocado sobre esa rocha no 1985. É obra do escultor de Fene, Guillermo Feal.
| Monumento á muller do pescador |
| Porto de Cedeira A praia de Area Longa é pequena e resgardada e ao ser de ría, con augas tranquilas. |
| Praia de Area Longa |
Ao remate do Paseo da Marina, vemos xa o Castelo da Concepción.
No porto, ao remate do paseo da Marina, hai unhas escaleiras polas que subimos . (A foto corresponde a cando visitamos este lugar noutra ocasión con día despexado)
O Castelo da Concepción é unha fortaleza militar do S. XVIII. Sitúado na Punta do Sarridal, encima do porto foi testigo de moitas batallas. A súa construcción foi solicitada á Armada Española polos habitantes de Cedeira debido ao saqueo sufrido no Sarridal e en S. Antonio Corveiro durante a guerra con Inglaterra.
| Castelo da Concepción |
| Castelo da Concepción |
| Castelo da Concepción |
| Vistas dende o Castelo da concepción |
| Sauna ou Monumento con forno no Castro Sarridal. |
| Vistas dende o Miradoiro de Punta Sarridal un día nubrado |
| Vistas dende Punta do Sarridal un día solleiro. Ao fondo, a praia de Vilarrube |