Despois de visitar Cerdido: Rutas de sendeirismo: CERDIDO e comer de marabilla no restaurante "Leira Antiga" que nos recomendaron nunha gasolineira cercana seguimos a nosa viaxe en coche polos miradoiros e faros do concello de Cedeira.
S. FIZ DE ESTEIRO.
A ubicación AQUÍ
Esta parroquia toma o seu nome do que vemos de frente (un esteiro é unha zona onde desemboca un río e queda cuberta cando é preamar) : o do río das Mestas que fai de fronteira natural entre os concellos de Valdoviño e Cedeira.
Esta é a igrexa de S. Fiz, onde está o miradoiro. A igrexa é un exemplo máis do gótico mariñeiro desta zona do Ortegal.MIRADOIRO E FARO DA ROBALEIRA.-
A ubicación, AQUÍ
Hai outro faro co mesmo nome na provincia de Pontevedra. Nós estamos a falar do de Cedeira.
É o 1º faro que coñezo ao que non se pode acceder dende a estrada, xa que non hai ningunha que nos leve alí. A única maneira de chegar é andando por unha pista forestal durante aprox. 1,5 km. o que lle engade aínda máis encanto se cabe a este fermoso lugar.
Atopar por onde había que ir tamén nos levou un pouco de tempo. Grazas ao google maps!! Hai que ir por entre unhas casas por un sitio estreito e logo deixar o coche onde boamente se poda. Por fortuna, era un día de semana e só atopamos a outra persoa.
Aquí temos o 1º panel indicador e por ese camiño hai que ir, atravesando a Penísula da Robaleira. O Faro Robaleira é chamado así porque nesta zona pescánbanse moitas rebalizas. Foi construído no ano 1861.
De frente vemos o porto de Cedeira debaixo do Monte Burneira e á dereita a vila e a praia de A Madalena.
A ría de Cedeira entre Punta Sarridal á dereita e Punta Chirlateira, á esquerda:
Á esquerda do faro, vemos un carreiro entre os piñeiros moi ben delimitado que decidimos seguir uns metros:
Dende aquí vemos a praia de Vilarrube
MIRADOIRO E FARO DO SARRIDAL.-A ubicación, AQUÍ
Podemos acceder dende o porto de Cedeira subindo unhas escaleiras ou ben por estrada
Dende o faro anterior, víamos de frente outra punta e outro faro. era este da Punta Sarridal. O primeiro que vemos ao chegar aquí é que están en proceso de restauración dunha sauna castrexa.
Trátase dun monumento de gran importancia cultural e histórica. Este edificio formaría parte do Castro de Sarridal que abarcaría toda a península.
|
A excavación desta sauna empezou en 2017 |
|
Este lugar tamén é chamado Campo do Castro |
Os acantilados que vemos dende o Miradoiro:Un bo lugar ten para descansar a rapaza que está enterrada aí. Só tiña 19 anos.
Outra vista do Atlántico e os cantís.
O faro Sarridal. É este un faro moi distinto aos demais na súa contruccíon e na súa cor vermella. Marca á entrada á Ría de Cedeira xunto co da Robaleira.
Damos a volta, deixando as vistas da praia de Vilarrube:
CASTELO DA CONCEPCIÓN.-
Na mesma Punta do Sarridal, moi cerca do Miradoiro e do faro están os restos deste edificio.
Baixando ao Castelo da Concepción, temos estas fermosas vistas ao porto de Cedeira.
O Castelo da Concepción é unha fortaleza militar do S. XVIII. Sitúado na Punta do Sarridal, encima do porto foi testigo de moitas batallas. A súa construcción foi solicitada á Armada Española polos habitantes de Cedeira debido ao saqueo sufrido no Sarridal e en S. Antonio Corveiro durante a guerra con Inglaterra.
Este castelo, nos anos de maior actividade, chegou a ter 15 canóns e 30 homes ás ordes da Comandancia.
Dende o Castelo podemos ver unhas antigas cetáreas:Na actualidade, o Castelo (só poidemos velo por fóra xa que está pechado provisionalmente) conta cun Centro de Interpretación onde se poden contemplar reproduccións de navíos da época, réplicas dos traxes que vestían ou armas que empregaban nas batallas. Tamén foron reconstruídas algunhas estacias para ver como eran naquela época (a cociña, o almacén da pólvora...)
S. ANTONIO DE CORVEIRO.-Ao longo do noso percorrido, imos vendo miradoiros solos, miradoiros onde hai un faro, miradoiros con capela, outros con capela e faro e outros como este caso con capela e cruceiro.
A capela é do S. XVII. No S. XVIII, tres naves inglesas saquearon e queimaron unha flota española que se refuxiara na ría de Cedeira; os homes desembarcaron e ascenderon ata a capela que viran dende o mar. Despois de saqueala, levaron a imaxe de S. Antonio. A raíz deste ataque foi construído o forte da Concepción do que antes falamos.
No S. XVIII, trouxeron unha nova imaxe do santo que tamén desapareceu e no S. XIX trouxeron outra dend eBarcelona que s econserva nunha casa particular.
Neste lugar tamén hai unha área recreativa:
E un cruceiro do S. XVIII que é coñecido como O Cristo da Ponte porque estivo colocado antes nunha ponte, hoxe desaparecida, sobre o río Condomiñas. No ano 1968 foi trasladado a este lugar.
Dende aquí, vemos unhas impresionantes vistas da Ria de Cedeira co monte Borneira e a Punta Chirlateira de fondo:PUNTA CANDIEIRA.-
Alonxado de calquera nucleo de poboación este miradoiro e o faro son espectaculares. Aquí as vistas ábrense sobre o Atlántico e neste día de case verán, espléndido no que o mar está tranquilo e non hai apenas vento a sensación de calma e paz é total. Imaxinalo no crudo inverno en día de mar bravo non custa e a imaxe tamén ten que ser espectacular!!
|
Os cabalos á beira do océano |
Para chegar ata o faro hai que baixar por unha carretera con curvas pero que tampouco é como lin en moitos comentarios nin tan estreita nin vai pegada ao precipicio para nada en ningún momento. Hai que baixar con precaución, si claro, pero teño visto estradas moitísimo peor e que impresionan moito máis.
Este faro de 9 m. de altura acabouse de contruir en 1933 pero non foi inaugurado ata 1954 debido a discrepancias sobre a conveniencia do seu emprazamento.
Dende este miradoiro illado e inhóspito vemos a inmensidade do Atlántico:
Parece que pretendían instalar un miradoiro pero quedou en nada...tampouco é necesario facer nada artificial cando hai un miradoiro natural mires a onde mires...
CHAO DO MONTE.-
Aquí xa non hai faro nin capela, só miradoiro. Está na carretera que vai de Cedeira a S. Andrés de Teixido. É o 1º que atopamos.
Situado á beira mesma da estrada, dende este miradoiro temos xa a imaxe de S. Andrés de Teixido, aló embaixo e moi cerca, ao fondo, a Serra da Capelada cos seus impresionantes acantilados.
MIRADOIRO DE OS CARRÍS
A continuación do miradoiro anterior atopamos este a uns 425m. de altitude. Seguimos vendo aló abaixo S. Andrés de Teixido e os cantís de Herbeira que xa se van cubrindo de néboa a estas horas da tarde. Pensamos que xa non poderemos ver nada dende aí.
As grandes e pedras conforman a orografía deste lugar no que pastan libremente os animais.
As casas de S. Andrés albíscanse no val e a Serra da Capelada á dereita:
Á beira da estrada, recíbenos esta área recreativa.
MIRADOIRO DE O CRUCEIRO DE TEIXIDELO.-
Dende este miradoiro contemplamos parte da costa de A Serra da Capelada, a enseada de S. Andrés de Teixido e os cantís do Monte Tarroiba.
Aproveitando o montículo e o cruceiro, habilitáronse unhas escaleiras para chegar ao pico.
Antes de subir, vemos esta placa conmemorativa que xa se le moi mal e que está dedicada ao actor Leslie Howard (Ashley de "Lo que el viento se llevó") que morreu frente a estas costas no 1943 cando os avións de Luftwafe derribaron o seu durante a II Guerra Mundial.
O cruceiro de Curutelo e a néboa de fondo ameazando con non deixarnos ver nada dende Punta Herbeira.
Vistas dende o miradoiroE ata aquí durou a visita aos miradoiros xa que Punta Herbeira, un pouco máis arriba, estaba totalmente cuberta de néboa e xa non permitía ver nada.Queda para a próxima!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario