mércores, 9 de xuño de 2021

ALGO SOBRE AS PONTES (A CORUÑA)

 O día que fixemos a ruta de sendeirismo Ribeiras do Bispo-Augas Caídas no concello de Mañón

Rutas de sendeirismo: RIBEIRAS DO BISPO - AUGAS CAÍDAS (MAÑÓN- A CORUÑA) PR-G 204

 sobrounos tempo pola tarde e de volta para a casa paramos nas Pontes.

Desta vila eu coñecía xa un pouco de cando fixemos unha ruta neste concello:

Rutas de sendeirismo: FERVENZAS DE BERMUI E SOMEDE (AS PONTES DE GARCÍA RODRIGUEZ)

A verdade é que aquí traio moi pouco xa que é moito o que esta vila e este concello ten que ofrecer como o casco vello, a área recreativa de O Caneiro, as distintas pontes que cruzan o Eume...etc  que non visitamos, pero só foi unha parada e non deu tempo a máis.

Chamounos moito a atención esta igrexa, tan diferente das que estamos acostumados a ver. Trátase da igrexa do Poboado das Veigas.

Contruída no S. XX(ano 1965) por orde de Luís Arias Martínez, presidente nesa época da empresa nacional "Calvo Sotelo", actúal ENDESA.

É de estilo modernista imitando ao Neoclásico con emprego de materiais nobres como a madeira, o mármore ou o granito.

Está dedicada á Nosa Señora da Luz

Igrexa do Poboado das Veigas

Igrexa do Poboado das Veigas


Pasamos por esta praciña:

E subimos por estas escaleiras que se atopan ao pé da Biblioteca Pública. Nelas hai este experimento creativo onde se mesturan a poesía e o graffiti. Chámase "Graffiti Literario" e é froito da colaboración das poetisas e poetas do grupo Alalá (agrupación literaria formada por varias persoas no 2003 e que teñen como fin escribir versos en L. galega) e o graffiteiro pontés Rubén Moledo.

Vemos a moderna Praza de Abastos:

E pegado á praza está o parque municipal. Este é un parque moi amplio cunha zona preciosa para os máis cativos:

Ten moitas árbores e flores:



O edificio amarelo do fondo, é a sede do concello:


Este precioso edificio pegado tamén ao parque, é un CEIP (centro de Educación de Infantil e Primaria) :

Nesta foto vemos un dos elementos máis coñecidos deste concello: a grande chimenea da industria térmica.

O parque da lembranza:


E por último, estivemos nun lugar que é o emblema de As Pontes: na súa lagoa artificial. Esta lagoa foi construída no sitio onde antes houbo unha mina de lignito a ceo aberto: a que surtía de carbón á Central Térmica. Cando esta mina se pechou (no 2007, despois de 37 anos de actividade)),  a empresa ENDESA que era a propietaria, pranteou á Xunta de Galicia un proxecto para recher ese oco con 547 millóns de m. cúbicos de auga procedente da chuvia e do río Eume. Este traballo rematou en 2012. A lagoa ten unha profundidade máxima de 206m e unha lonxitude de 5km. É unha das lagoas máis grandes de Europa. 
Este proxecto foi galardonado varias veces por distintos organismos polo seu compromiso para rexenerar esta zona creando un novo ecosistema onde habitan moitas especies animais e vexetais. Ademais a lagoa serve de centro de ocio e esparcemento sendo usada como praia e para practicar diversos deportes náuticos.






Ningún comentario:

Publicar un comentario